{"id":13722,"date":"2023-07-27T22:08:41","date_gmt":"2023-07-27T21:08:41","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=13722"},"modified":"2023-07-27T22:13:31","modified_gmt":"2023-07-27T21:13:31","slug":"as-grandes-pioneiras-do-comic-en-espana-protagonizan-vinetas-desde-o-atlantico-2023","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=13722","title":{"rendered":"As grandes pioneiras do c\u00f3mic en Espa\u00f1a protagonizan Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico 2023"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2023\/07\/Cartel-Vinetas-2023.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"725\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2023\/07\/Cartel-Vinetas-2023-725x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-13723\"\/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>A Coru\u00f1a conv\u00e9rtese un ano m\u00e1is na capital universal do mundo da banda dese\u00f1ada para celebrar, do 7 ao 13 de agosto, a 26\u00ba edici\u00f3n desta mostra internacional de referencia, que presentou esta ma\u00f1\u00e1 un avance do seu programa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O ilustrador Manel Cr\u00e1neo asina o cartel da cita este 2023, que contar\u00e1 con seis grandes exposici\u00f3ns, ademais de charlas, visitas, firmas de libros, proxecci\u00f3ns de cinema, m\u00fasica e obradoiros para profesionais e p\u00fablico infantil<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O festival reunir\u00e1 a figuras como Laura P\u00e9rez Vernetti, Alberto V\u00e1zquez, Teresa Radice, Stefano Turconi, Isa Feu, Marta Guerrero, Marika Vila ou Elisa McCausland, ademais das homenaxes a Calpurnio Pis\u00f3n e Francisco Ib\u00e1\u00f1ez<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico po\u00f1er\u00e1, as\u00ed mesmo, en valor o rico ecosistema autoral local coa mostras colectiva\u00a0<em>BD na Coru\u00f1a que bonita \u00e9. Banda dese\u00f1ada creada desde A Coru\u00f1a<\/em>, e contar\u00e1 coa s\u00faa xa cl\u00e1sica \u201cR\u00faa da BD\u201d, a feira que acolle a editoras e librar\u00edas de prestixio de toda Espa\u00f1a<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignleft size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2023\/07\/Mujercitas-del-mundo-unios.-Montse-Clave-ilustracion-para-El-Viejo-Topo-No15-1977.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"300\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2023\/07\/Mujercitas-del-mundo-unios.-Montse-Clave-ilustracion-para-El-Viejo-Topo-No15-1977-300x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-13725\"\/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A Coru\u00f1a converterase un ano m\u00e1is na capital universal do mundo do c\u00f3mic para celebrar, do 7 ao 13 de agosto, a 26\u00ba edici\u00f3n da mostra internacional Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico. O ilustrador coru\u00f1\u00e9s Manel Cr\u00e1neo asina este 2023 o cartel desta cita de referencia, que contar\u00e1 con seis grandes exposici\u00f3ns, ademais de charlas, visitas,\u00a0firmas de libros, proxecci\u00f3ns de cinema, m\u00fasica e obradoiros para profesionais e p\u00fablico infantil.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A alcaldesa da Coru\u00f1a, In\u00e9s Rey, presentou esta ma\u00f1\u00e1 un avance da programaci\u00f3n desta edici\u00f3n n\u00famero 26 de Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico. \u201cSer\u00e1 unha edici\u00f3n moi especial, pois tras un cuarto de s\u00e9culo este festival toma un novo rumbo impulsado e organizado polo Concello da Coru\u00f1a da man do sector do c\u00f3mic coru\u00f1\u00e9s, cunha programaci\u00f3n exclusiva e de gran nivel internacional\u201d, sinalou a rexedora. Nos vindeiros d\u00edas desvelarase o programa completo da mostra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">As grandes pioneiras do c\u00f3mic en Espa\u00f1a ser\u00e1n as protagonistas de Vi\u00f1etas 2023. O festival reunir\u00e1 a figuras como Laura P\u00e9rez Vernetti, Alberto V\u00e1zquez, Teresa Radice, Stefano Turconi, Isa Feu, Marta Guerrero, Marika Vila ou Elisa McCausland, ademais das homenaxes a Calpurnio Pis\u00f3n e Francisco Ib\u00e1\u00f1ez. Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico po\u00f1er\u00e1 tam\u00e9n en valor o rico ecosistema autoral local coa mostra colectiva&nbsp;<em>BD na Coru\u00f1a que bonita \u00e9. Banda dese\u00f1ada creada desde A Coru\u00f1a<\/em>, e contar\u00e1, as\u00ed mesmo, coa s\u00faa xa cl\u00e1sica \u201cR\u00faa da Banda Dese\u00f1ada\u201d, que acolle expositores de editoras e librar\u00edas de prestixio de toda Espa\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Este 2023, Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico prop\u00f3n unha edici\u00f3n que d\u00e1 voz e presenza \u00e1s mulleres no mundo da banda dese\u00f1ada. Unha edici\u00f3n que rende unha merecida homenaxe a figuras recentemente desaparecidas. Unha edici\u00f3n que abre xanelas ao mundo da animaci\u00f3n, consciente, precisamente, do grand\u00edsimo traballo que se est\u00e1 a realizar desde A Coru\u00f1a. Unha edici\u00f3n que busca a diversidade e que pon en valor as autor\u00edas locais, erix\u00edndose como o paraugas que arroupa todo o que sucede na cidade ao redor deste rico x\u00e9nero. Esta \u00e9, tam\u00e9n, unha edici\u00f3n que busca aumentar a presenza do p\u00fablico infantil e familiar con acci\u00f3ns participativas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nesta nova etapa, Vi\u00f1etas prop\u00f3n un novo modelo de xesti\u00f3n&nbsp;-impulsado e organizado polo Concello da Coru\u00f1a en colaboraci\u00f3n co sector-, mantendo a aposta pola excelencia e abr\u00edndose a novas formas de facer e de mirar. \u00c9 por iso que o seu protagonismo recae nas autor\u00edas locais -agrupadas nos colectivos Coru\u00f1a Gr\u00e1fica e Autob\u00e1n- e nas autor\u00edas femininas, que te\u00f1en unha presenza maioritaria na cita.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico \u00e9 tam\u00e9n un espazo de promoci\u00f3n da cultura e das artes. Un festival de banda dese\u00f1ada para celebrar a arte do x\u00e9nero e aos grandes artistas locais, nacionais e internacionais. Unha plataforma para promover e difundir a cultura na cidade, creando un ambiente vibrante e diverso, con actividades infant\u00eds e profesionais e coa s\u00faa xa cl\u00e1sica \u201cR\u00faa da BD\u201d, que re\u00fane a editoras e librer\u00edas de prestixio de toda Espa\u00f1a. Como novidade, Vi\u00f1etas sumar\u00e1 este ano a m\u00fasica e o cinema ao seu cartel, cun concerto ilustrado e unha coidada serie de proxecci\u00f3ns cinematogr\u00e1ficas. En definitiva, m\u00e1is dun centenar de exposici\u00f3ns, charlas, visitas, firmas de libros, proxecci\u00f3ns de cinema, m\u00fasica e talleres converter\u00e1n de novo A Coru\u00f1a na capital universal do c\u00f3mic este mes de agosto.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>SEIS GRANDES EXPOSICI\u00d3NS CONFORMAN O CORAZ\u00d3N DE VI\u00d1ETAS NESTE 2023<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Un ano m\u00e1is, o&nbsp;<strong>Kiosco Alfonso<\/strong>&nbsp;ser\u00e1 o coraz\u00f3n expositivo de Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico. A esta sala municipal s\u00famanse outras como&nbsp;<strong>PALEXCO<\/strong>, o&nbsp;<strong>Palacio Municipal<\/strong>, A&nbsp;<strong>Casa Museo Picasso<\/strong>&nbsp;ou&nbsp;<strong>Casa Cultura de Salvador de Madariaga<\/strong>. Todas as exposici\u00f3ns estenderanse no tempo m\u00e1is al\u00f3 da celebraci\u00f3n da propia feira, desde o 7 de agosto at\u00e9 o 10 de setembro.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Na Sala de Exposici\u00f3ns de PALEXCO o p\u00fablico poder\u00e1 visitar d\u00faas mostras das que este novo Vi\u00f1etas est\u00e1 especialmente orgulloso: a primeira homenaxe expositiva ao recentemente finado Calpurnio, universalmente co\u00f1ecido como o autor de&nbsp;<em>El bueno de Cuttlas<\/em>, a tira c\u00f3mica que durante anos ilustrou&nbsp;<em>El Pa\u00eds Semanal<\/em>. A exposici\u00f3n&nbsp;<strong><em>Homenaxe a Calpurnio<\/em><\/strong>&nbsp;componse de preto de 200 orixinais, ademais dun centenar de obxectos de culto, como libros, c\u00f3mics, portadas de discos e secuencias das s\u00faas pel\u00edculas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A segunda exposici\u00f3n da que poderemos gozar en PALEXCO exemplifica a evoluci\u00f3n de Vi\u00f1etas como plataforma que integra novas linguaxes e que aposta polo talento local:&nbsp;<strong><em>Alberto V\u00e1zquez: do c\u00f3mic \u00e1 animaci\u00f3n<\/em><\/strong>&nbsp;\u00e9 unha oportunidade \u00fanica para mergullarse no universo art\u00edstico deste multipremiado creador coru\u00f1\u00e9s -ga\u00f1ador do Goya en 2023 pola s\u00faa longametraxe de animaci\u00f3n&nbsp;<em>Unicorn Wars<\/em>&#8211; e a s\u00faa riqu\u00edsima imaxinaci\u00f3n, a trav\u00e9s de orixinais das s\u00faas bandas dese\u00f1adas e detalles dos seus procesos de animaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Palacio Municipal expo\u00f1er\u00e1 por primeira vez na Coru\u00f1a o traballo dos italianos Teresa Radice e Stefano Turconi, considerados como dous dos autores m\u00e1is relevantes no panorama europeo da Novena Arte. A exposici\u00f3n&nbsp;<strong><em>Las chicas del Pillar. Poniendo rumbo a nuevas aventuras: c\u00f3mo nace una historia de c\u00f3mic<\/em><\/strong>&nbsp;prop\u00f3n un discurso expositivo continuo, art\u00edstico e did\u00e1ctico, que mostra, mediante orixinais, o proceso creativo dun dos c\u00f3mics m\u00e1is celebrados dos creadores:&nbsp;<em>Las chicas del Pillar<\/em>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Inmersos a\u00ednda na celebraci\u00f3n do Ano Picasso, a s\u00faa casa museo na Coru\u00f1a s\u00famase \u00e1 celebraci\u00f3n de Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico e acoller\u00e1 unha exposici\u00f3n de poes\u00eda gr\u00e1fica de Laura P\u00e9rez Vernetti, considerada como unha das mellores historietistas espa\u00f1olas, ga\u00f1adora en 2018 do Gran Premio do Sal\u00f3n del C\u00f3mic de Barcelona. Con ela, Vi\u00f1etas \u00e1brese a un dos x\u00e9neros m\u00e1is novos do c\u00f3mic actual, a poes\u00eda gr\u00e1fica, coa exposici\u00f3n&nbsp;<strong><em>VIVE LA VIDA e outras poes\u00edas gr\u00e1ficas de Luis Alberto de Cuenca. Por Laura P\u00e9rez Vernetti<\/em><\/strong>,&nbsp;un traballo sobresaliente e dunha sensibilidade \u00fanica, coa que a artista capta o universo interior dun dos nosos m\u00e1is l\u00facidos creadores literarios.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Menci\u00f3n especial merece a mostra chegada do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sof\u00eda&nbsp;<strong><em>Mujercitas del mundo, \u00a1un\u00edos! Pioneras del c\u00f3mic underground adulto<\/em><\/strong>, que descobre o traballo das grandes pioneiras do c\u00f3mic en Espa\u00f1a, desde a Transici\u00f3n ata a actualidade, con nomes tan significativos como os de N\u00faria Pompeia, Rosa Lleida, Sara Presutto, Montse Clav\u00e9, Isa Feu, Mariel Soria, Marika Vila e Laura P\u00e9rez Vernetti , entre moitas outras autoras imprescindibles.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Na cita non faltar\u00e1 tampouco un vivo escaparate do panorama actual da historieta na cidade, cunha exposici\u00f3n que abre unha nova li\u00f1a de traballo para Vi\u00f1etas:&nbsp;<strong><em>BD na Coru\u00f1a que bonita \u00e9. Banda dese\u00f1ada creada desde A Coru\u00f1a<\/em><\/strong>, comisariada por Manel Cr\u00e1neo -autor do cartel desta 26\u00ba edici\u00f3n da mostra-. A trav\u00e9s dos orixinais de 25 autores e autoras locais, a exposici\u00f3n \u00e9 unha fotograf\u00eda que ensina unha instant\u00e1nea diversa e variada en t\u00e9cnicas e estilos e que po\u00f1e en valor unha riqu\u00edsima escena local da que podemos presumir con orgullo.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>IB\u00c1\u00d1EZ EN VI\u00d1ETAS DESDE O ATL\u00c1NTICO 2023<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O recentemente finado&nbsp;<strong>Francisco Ib\u00e1\u00f1ez<\/strong>, historietista de referencia e autor de personaxes fundamentais da cultura popular espa\u00f1ola da Transici\u00f3n, visitou Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico na s\u00faa primeira edici\u00f3n, hai hoxe 26 anos. Foi ent\u00f3n, en agosto de 1998, cando A Coru\u00f1a acolleu unha exposici\u00f3n en homenaxe \u00e1 s\u00faa figura polo&nbsp;<strong>40 aniversario de&nbsp;<em>Mortadelo e Filem\u00f3n<\/em><\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico 2023 non pode pasar por alto esta triste perda e, en recordo de Ib\u00e1\u00f1ez, incluir\u00e1 un&nbsp;<strong>punto continuado de lectura das s\u00faas obras<\/strong>, situado no edificio principal da feira, o&nbsp;<strong>Kiosco Alfonso<\/strong>, e, tam\u00e9n, nas&nbsp;<strong>Bibliotecas Municipais<\/strong>&nbsp;da cidade. Velaqu\u00ed unha proposta para que todos los p\u00fablicos poidan achegarse ou reconectar coa s\u00faa figura e a s\u00faa obra a trav\u00e9s de ic\u00f3nicos t\u00edtulos e personaxes xa inmortais no imaxinario da banda dese\u00f1ada universal.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>26 ANOS DUNHA CITA INTERNACIONAL DE REFERENCIA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico \u00e9 o festival internacional da banda dese\u00f1ada da cidade da Coru\u00f1a. Organizado pola Concellar\u00eda de Cultura do Concello da Coru\u00f1a, cada mes de agosto re\u00fane unha coidada selecci\u00f3n de&nbsp;<strong>exposici\u00f3ns, artistas invitados, charlas, talleres, visitas guiadas, firmas, actividades paralelas e unha feira<\/strong>&nbsp;cos expositores profesionais m\u00e1is relevantes do sector, que converten A Coru\u00f1a nun fervedoiro de creatividade e nun punto de encontro para amantes da banda dese\u00f1ada en todas as s\u00faas acepci\u00f3ns e singularidades.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Con m\u00e1is dun cuarto de s\u00e9culo \u00e1s s\u00faas costas, Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico \u00e9 unha cita de referencia a nivel internacional para o p\u00fablico e os profesionais, que este 2023 celebra a s\u00faa 26\u00aa edici\u00f3n do 7 ao 13 de agosto. Co empe\u00f1o de&nbsp;<strong>ofrecer unha visi\u00f3n o m\u00e1is ampla posible do mundo da banda dese\u00f1ada galego, nacional e internacional,<\/strong>&nbsp;Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico regresa \u00e1 Coru\u00f1a cun novo rumbo, como un proxecto de cidade, arroupado polo sector profesional e cunha vocaci\u00f3n de apertura a novas linguaxes, referentes e miradas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A nova edici\u00f3n de Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico quere ser&nbsp;<strong>unha reflexi\u00f3n colectiva orquestrada xunto ao sector do c\u00f3mic da cidade<\/strong>. Deste xeito, este 2023, a cita aposta pola posta en valor do rico ecosistema autoral e editorial local, buscando, as\u00ed mesmo, sinerxias con instituci\u00f3ns de referencia a nivel europeo e sen esquecer, tampouco, dun dos seus grandes valores e signos de identidade: a internacionalizaci\u00f3n. Tras 25 anos de historia, Vi\u00f1etas continuar\u00e1 a ser, ademais, a&nbsp;<strong>punta de lanza no mes de agosto do x\u00e9nero a nivel nacional<\/strong>, como un dos seus grandes referentes. Porque A Coru\u00f1a \u00e9, sen lugar a d\u00fabidas, unha cidade de c\u00f3mic.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>O CARTEL DE VI\u00d1ETAS 2023:&nbsp;<em>\u201cVOLTOU O XERI\u00d3N\u201d<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O ilustrador coru\u00f1\u00e9s&nbsp;<strong>Manel Cr\u00e1neo<\/strong>&nbsp;-un dos m\u00e1s veteranos e celebrados autores galegos, fundador de Demo Editorial e impulsor de Coru\u00f1a Gr\u00e1fica e AGPI, entre outras valiosas iniciativas sectoriais- asina un cartel que ten, como xa \u00e9 tradici\u00f3n, \u00e1&nbsp;<strong>Torre de H\u00e9rcules<\/strong>&nbsp;como protagonista. A s\u00faa ilustraci\u00f3n insp\u00edrase no&nbsp;<strong>Xigante Xeri\u00f3n<\/strong>, que voltou \u00e1 Coru\u00f1a e secuestrou os elementos m\u00e1is importantes do mundo da banda dese\u00f1ada na Torre. O&nbsp;<strong>gran heroe H\u00e9rcules<\/strong>, armado cun lapis espada e un escudo en forma de p\u00e1xina de BD, disponse a derrocar ao malvado xigante e liberar os elementos narrativos do c\u00f3mic, para que A Coru\u00f1a goce un ano m\u00e1is de todas as marabillas que este x\u00e9nero ofrece en&nbsp;<strong>Vi\u00f1etas desde o Atl\u00e1ntico<\/strong>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Este exercicio de metalinguaxe converte aos personaxes hist\u00f3ricos coru\u00f1eses en personaxes de historieta e&nbsp;<strong>rende homenaxe \u00e1 linguaxe propia da banda dese\u00f1ada<\/strong>. O cartel \u00e9 tam\u00e9n unha chamada \u00e1 supervivencia e \u00e1 resistencia dun evento internacional que cumpre 26 anos de existencia impulsado polo Concello da Coru\u00f1a e que nesta nova edici\u00f3n conta co apoio e a participaci\u00f3n do sector profesional local.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2023\/07\/2023.07.26.-NP_GAL-Vinetas-desde-o-Atlantico.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">2023.07.26.-NP_GAL-Vinetas-desde-o-Atlantico<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a conv\u00e9rtese un ano m\u00e1is na capital universal do mundo da banda dese\u00f1ada para celebrar, do 7 ao 13 de agosto, a 26\u00ba edici\u00f3n desta mostra internacional de referencia, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,57,1],"tags":[],"class_list":["post-13722","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13722","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13722"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13722\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13728,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13722\/revisions\/13728"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13722"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13722"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13722"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}