{"id":13515,"date":"2023-06-30T10:00:00","date_gmt":"2023-06-30T09:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=13515"},"modified":"2023-06-29T23:10:05","modified_gmt":"2023-06-29T22:10:05","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-paseo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=13515","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. PASEO"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\">PASEO<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Fachendoso e garrido, como todas as ma\u00f1\u00e1s, Ant\u00f3n Toural emprende a baixada pola costa do Santo. Hoxe a calor e moito menor malia o grao de humidade ser superior ao destes d\u00edas. Detense a ver a horta dos Trasalba: tomates, pementos, chichos, cebolas, leitugas\u2026 Ai, ho!, menos mal que lle quitaron as herbas! Onte a estas horas estaba feita unha selva, as leitugas nin se v\u00edan. Mira que outros anos adoitaban tela impecable. Ent\u00e9ndoo, Pepe todo o d\u00eda traballando no monte e a s\u00faa dona Carme, atendendo a C\u00e1ndido de Petra e logo os dous fillos que ten, unhas feras. Tempo non te\u00f1en moito, abof\u00e9 que non! Xa v\u00e9n de volta Margarita, moito madruga.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Uns ve\u00f1en e outros van. Bo d\u00eda, Margarita.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Bo d\u00eda, Ant\u00f3n. Eu te\u00f1o que madrugar, que as dez te\u00f1o que estar na tenda, non coma outros que viven coma Deus.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Tam\u00e9n botei m\u00e1is de corenta anos traballando. Agora merecerei un descanso, non che parece?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">E tras despedirse da dona da ferreter\u00eda proseguiu o seu cami\u00f1o, de momento livi\u00e1n, pois era costa abaixo. O malo vir\u00eda despois. Menos mal que polo outro lado a subida, a\u00ednda que era m\u00e1is longa pero moito menospendente. A estas horas da ma\u00f1\u00e1 s\u00f3 se escoitaba o chirlar dos paxaros e alg\u00fan que outro grallar dos corvos. Estaba case rematando a costa, despreocupado e invadindo parte da estrada, cando ve baixar tres cami\u00f3ns. Son os cami\u00f3ns das atracci\u00f3ns da festa, se ve que xa recolleron. E que ser\u00e1 da vida de?, como se chamaba aquel que unha tarde me topei nun bar de Cacabelos? Miguel\u00edn, creo. Que personaxe! Traballaba nos carri\u00f1os el\u00e9ctricos, era de Teixeira, da Somoza vilafranquina, e dic\u00eda ter tres ou catro mozas. Un fen\u00f3meno! O concello tam\u00e9n pod\u00eda arranxar e limpar as cunetas. Ao final, sen querer, teste que meter no medio da estrada e despois pasa o que pasa.<\/p>\n\n\n\n<p>Cosme, mala chispa o mate!, e que carallo fai por aqu\u00ed. A librarme del, seguro que me v\u00e9n con algunha comenencia.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Home, mira que ben me ves. Agora mesmo ti\u00f1a a mente en ti. Pensaba pasar pola t\u00faa casa pero\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014A ver, d\u00e9ixate de contos e di.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Dix\u00e9ronme que daban subvenci\u00f3ns para po\u00f1er calefacci\u00f3n de peles. Ti como traballaches na Xunta, poder\u00edas informarte.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Coma te podes informar ti. Pero ben, como estou xubilado e son o mozo de recados para todo o mundo, xa me informarei. Agora t\u00e9\u00f1oche moita pr\u00e9sa. Ala, deica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ser\u00e1 posible con este home, non hai vez que me vexa que non te\u00f1a algo. Que lle dean! Se me cadra, falo con Tinita que esa debe saber, pero xa verei. Ben, acabouse a boa vida, toca subir. A ver se hai sorte e non me cruzo con outro ou outra do mesmo cariz. Moito me amola sa\u00edr de paseo e ter , simplemente, que parar a saudar, como para arranxar asuntos. Normalmente tiro para a diante, pero sempre hai algu\u00e9n que ten ganas de lerias.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O cansazo e a suor van facendo efecto. Ant\u00f3n detense, fica mirandoas rubias da granxa dos Ram\u00edrez e aproveita para sacar o chapeu e cun pano secar fronte e cabeza. Haber\u00e1 que continuar. Est\u00e1 nubrado e vai menos calor, pero esta humidade non sei se ser\u00e1 peor, s\u00fao coma un can. Menos mal que xa queda pouco. Xa volve estar na vila, agora a tomar un caf\u00e9 no Lisboa e para a casa. E de quen ser\u00e1 ese coche? A xente por chamar a atenci\u00f3n, xa non sabe que facer. Unha serea ocupa toda a porta dianteira e parte da dos viaxeiros. Cada vez que vexo unha serea v\u00e9nseme \u00e1 mente a de Copenhague e unha recua de xaponeses sac\u00e1ndolle fotos. Que desilusi\u00f3n levei a primeira vez que a vin. Pero esta \u00e9 a famosa sere\u00ed\u00f1a?, d\u00edxenme. E despois est\u00e1n os gatos. Copenhague \u00e9 unha cidade na que non se ve un gato, l\u00e9ralle algunha vez, non sei en que libro, a James Joyce. As d\u00faas veces que estiven, percorr\u00edn a cidade de arriba a abaixo, sempre atento a ver se v\u00eda un. Ning\u00fan. Abof\u00e9 que vai ter raz\u00f3n Joyce. Ben, xa cheguei ao Lisboa. A ver se Nicanor me prepara un con leite e o acompa\u00f1o con un par de madalenas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a PASEO Fachendoso e garrido, como todas as ma\u00f1\u00e1s, Ant\u00f3n Toural emprende a baixada pola costa do Santo. Hoxe a calor e moito [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,1723,975,993],"class_list":["post-13515","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-paseo","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13515","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13515"}],"version-history":[{"count":5,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13515\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13522,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13515\/revisions\/13522"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13515"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13515"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13515"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}