{"id":1206,"date":"2017-04-26T14:40:04","date_gmt":"2017-04-26T14:40:04","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=1206"},"modified":"2017-04-26T15:00:20","modified_gmt":"2017-04-26T15:00:20","slug":"para-que-serve-a-poesia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=1206","title":{"rendered":"Para que serve a poes\u00eda?"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Ach\u00e9gase o 1 de maio e a cuarta edici\u00f3n de <em>Mondo\u00f1edo \u00e9 poes\u00eda<\/em>. Quen o poder\u00eda sequera imaxinar o 1 de maio de 2014 cando comezaba esta aventura! <em>Mondo\u00f1edo \u00e9 poes\u00eda<\/em> contin\u00faa adiante fundamentalmente por tres motivos. O primeiro, porque hai bos e boas poetas neste noso pa\u00eds. O segundo, porque a poes\u00eda gusta; non hai m\u00e1is ca ver a alta asistencia \u00a0de p\u00fablico a este e outros recitais po\u00e9ticos. E a terceira, e non o digo s\u00f3 por chauvinismo, \u00e9 que en Mondo\u00f1edo houbo e hai un sentir particular para idear, dicir e escoitar o verso.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Creo que foi Voltaire quen dixo que a poes\u00eda ti\u00f1a o m\u00e9rito de dicir m\u00e1is que a prosa con menos palabras. A\u00ednda que s\u00f3 fose por iso, xa saber\u00edamos para que serve. Mais a\u00ednda hai moita xente que non entende para que pode ser \u00fatil a poes\u00eda se \u00e9 que o \u00e9, dito isto desde unha concepci\u00f3n pragm\u00e1tica, a que m\u00e1is abunda, da existencia humana.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para min \u00e9 \u00fatil e necesaria, d\u00e1me algunha das respostas que procuro. Pero tam\u00e9n sei que estas respostas poden non ser convincentes nin conclu\u00edntes, que ten que haber outras, se cadra diferentes para cada persoa. O que importa \u00e9 que cadaqu\u00e9n faga a pregunta e busque unha resposta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero agora non vou falar eu sen\u00f3n po\u00f1erlle voz a Cunqueiro, que nisto, ningu\u00e9n ousar\u00e1 discutilo, \u00e9 autoridade incontestable.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Describe Cunqueiro nun artigo delicioso de hai uns 50 anos como el e outros poetas e xente de letras foron convidados a comer na casa de Barcelona dun galego orixinario de Ourense chamado Patricio S\u00e1nchez\u201d e alcumado \u201cEl Divino Hojalatero\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Este Patricio viviu en Lugo varios anos pois era funcionario do Estado e nesta cidade destacou, e as\u00ed figura en El Progreso da \u00e9poca, pola habilidade que ti\u00f1a para elaborar esculturas\u00a0 con folla de lata. Reciclaba latas de maneira que dunha de sardi\u00f1as acabadas de papar fac\u00eda un paxaro ou unha bolboreta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pois ben, este home resid\u00eda en Barcelona polos comezos da d\u00e9cada dos 60 do s\u00e9culo XX e ofreceu un banquete verdadeiramente pantagru\u00e9lico ao que asistiron, ademais de \u00c1lvaro Cunqueiro, Manuel Casado Nieto e pode que tam\u00e9n, non o te\u00f1o confirmado, Vicente Risco.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Serviuse porco bravo da Serra dos Ancares, corzo en celo dos Alpes, fais\u00e1ns do Languedoc, vi\u00f1os de Borgo\u00f1a e do Ribeiro, queixos Camembert \u2026 Cunqueiro entretense en describir preparaci\u00f3ns, presentaci\u00f3n e a abundancia de cada prato, de maneira, di, que un que hab\u00eda al\u00ed abasteceu o corpo para toda unha coresma. \u00a0Pero hoxe o que nos importa e o que afecta aos do gremio do verso cando asegura que nunca houbo outros poetas galegos tan ben alimentados para engadir que se sent\u00edan compensados pola fame que pasaran os trobadores medievais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A poes\u00eda ao que parece, a\u00ednda que sexa de milenio en milenio, serve para que coman os que a crean. E tam\u00e9n serve para algo m\u00e1is. A aquela memorable lupanda asist\u00eda unha dama que a Cunqueiro lle debeu parecer inspiradora pois o noso Divino Vate confesa que aquel d\u00eda foi quen de ver naquel preciso instante, e as\u00ed poder anunciar aos comensais al\u00ed presentes, \u00a0que pola claridade dos ollos daquela dama puido ver como sub\u00eda a marea no Atl\u00e1ntico mar, a m\u00e1is de mil quil\u00f3metros de distancia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Que para que serve a poes\u00eda! Pois &#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>\u00a9Antonio Reigosa <\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ach\u00e9gase o 1 de maio e a cuarta edici\u00f3n de Mondo\u00f1edo \u00e9 poes\u00eda. Quen o poder\u00eda sequera imaxinar o 1 de maio de 2014 cando comezaba esta aventura! Mondo\u00f1edo \u00e9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":25,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7],"tags":[158,159],"class_list":["post-1206","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","tag-alvaro-cunqueiro","tag-mondonedo-e-poesia"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1206","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/25"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1206"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1206\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1209,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1206\/revisions\/1209"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1206"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1206"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1206"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}