{"id":11970,"date":"2022-12-31T10:01:00","date_gmt":"2022-12-31T09:01:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=11970"},"modified":"2022-12-30T22:25:47","modified_gmt":"2022-12-30T21:25:47","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-historias-da-raia-o-mochilero","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=11970","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. HISTORIAS DA RAIA: O MOCHILERO"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:17px\"><strong>HISTORIAS DA RAIA: O MOCHILERO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Mediados de decembro, acheg\u00e1base o Nadal, \u00e9poca propicia para poder colocar alg\u00fan que outro quilo de caf\u00e9 e as\u00ed acadar uns cartos ben necesarios para dar de comer \u00e1 familia que tan necesitada estaba. Germ\u00e1n era o maior de seis irm\u00e1ns, d\u00faas mulleres e catro homes, fillos de Alcira, vi\u00fava dun pe\u00f3n cami\u00f1eiro, alcoh\u00f3lico e mullereiro, para quen a muller\u00a0era s\u00f3 unha criada\u00a0para prepararlle a comida a punto ou deitarse con ela cando se lle apetec\u00eda. Morreu dun infarto nunha casa de putas de Ciudad Rodrigo e non deixou de ser un alivio para a familia, xa que o \u00fanico que achegaba eran berros, desgustos e paus.\u00a0<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A situaci\u00f3n econ\u00f3mica da familia era moi cr\u00edtica. A s\u00faa morada,&nbsp;unha casi\u00f1a onde&nbsp;se ti\u00f1an que ama\u00f1ar&nbsp;con dous&nbsp;cuartos e unha coci\u00f1a, amais dun pequeno horto, que ao mesmo tempo serv\u00eda de retrete; catro gali\u00f1as e un porco aliviaban un pouco a situaci\u00f3n. Alcira sacaba algunhas&nbsp;pesetas&nbsp;arranxando medias ou zurcindo camisas e calz\u00f3ns, mais isto e algunha axuda dos veci\u00f1os a pouco chegaba para alimentar seis bocas, polo que o maior, que rondaba os vinte e cinco anos, decidira adicarse a \u201cmochilero\u201d. Nesta raia da fronteira un \u201cmochilero\u201d era aquel que \u201ctrapicheaba\u201d con produtos dun lado a outro: caf\u00e9, azucre, panos, aceite.. Era un xeito de ga\u00f1ar alg\u00fan di\u00f1eiro,&nbsp;tampouco&nbsp;gran cousa, pero menos daba unha pedra. Os \u201cmochileros\u201d, traballaban para eles, mentres que os \u201ccargueros\u201d eran asalariados de outros que lles pagaban polo&nbsp;labor.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A especialidade de Germ\u00e1n era o caf\u00e9. En toda Casillas de Flores era ben co\u00f1ecida a s\u00faa destreza en pasar importantes cantidades deste produto burlando \u00e1 garda civil&nbsp;e,&nbsp;a\u00ednda que o normal era actuar en cuadrilla, el sempre fac\u00eda o traballo en solitario. Tam\u00e9n o aciago dezaseis de decembro do ano 1952. Unha noite de cru inverno regresando co seu cargamento da localidade lusa de Sabugal, nada m\u00e1is puxo os p\u00e9s na provincia de Salamanca, unha patrulla da Garda Civil agardaba por el. Nunca se soubo quen fora o delator, a\u00ednda que se sospeitou dun veci\u00f1o, que lle encargara o d\u00eda anterior nada menos ca quince quilos de caf\u00e9, cousa que nunca fixera, sempre eran dous ou tres; as grandes cantidades adoitaban&nbsp;mercarllas&nbsp;os bares de Ciudad Rodrigo. Germ\u00e1n ti\u00f1a moi ben estudado os diferentes pasos e nunca utilizaba o mesmo, nin&nbsp;cruzaba a raia \u00e1&nbsp;mesma hora; iso&nbsp;si,&nbsp;sempre de noite, as tebras eran a s\u00faas fieis encubridoras.&nbsp;A s\u00faa vista e olfacto&nbsp;estaba&nbsp;perfectamente&nbsp;adestrada para decatarse da presenza das forzas da orde, m\u00e1is desta vez non puido sortear a trampa que lle tenderon.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O sarxento Cipriano era quen \u00eda ao mando e atranc\u00e1ndolle o cami\u00f1o, berroulle:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Alto a\u00ed! As mans sobre a cabeza, fillo da gran puta! Por fin te cazo!<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O coitado do mozo, nin tempo tivo de levar as mans \u00e1 cabeza, un par de tiros desf\u00edxolla.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014E v\u00f3s a calar \u2014dixo, dirix\u00edndose aos colegas e colocando unha arma na man dereita do morto\u2014 Xa vistes coma non fixo caso \u00e1s mi\u00f1as ordes e intentou dispararnos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O sarxento Cipriano t\u00ed\u00f1alla xurada desde o primeiro d\u00eda que pisou a vila. Era natural de Herv\u00e1s (C\u00e1ceres) e este era o segundo destino, despois de pasar tres anos en Vitigudino. A namorada de&nbsp;Germ\u00e1n&nbsp;era unha das mozas m\u00e1is xeitosas e fermosas da vila. Desde que ti\u00f1an dez anos, sempre andaron xuntos e non se separaron ata que chegou o sarxento e se encaprichou con&nbsp;ela, dez anos m\u00e1is nova. Non houbo nada que facer, falou cos pais e pediuna en matrimonio, e estes felices por casala cun garda, e por riba sarxento. A Germ\u00e1n ameazouno de morte se se achegaba a ela.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pero o amor non morre da noite para a ma\u00f1\u00e1, e menos deste xeito; todo o contrario, foi a m\u00e1is, e segu\u00edronse vendo \u00e1s agochadas sempre que pod\u00edan. Levar\u00edan medio ano casados e a moza ficou pre\u00f1ada dunha fermosa nena, que nacer\u00eda oito meses despois. Pronto comezou a correrse na zona que era cuspidi\u00f1a ao \u201cmochilero\u201d, e claro chegou aos o\u00eddos do Cipriano. Foi ent\u00f3n cando lle tendeu a primeira trampa. Segundo se ergueu, d\u00edxolle \u00e1 muller que aquela noite tocaba redada na raia. Chegadas as oito, era tam\u00e9n inverno, finais de outubro, despediuse de nai e filla e marchou tomar uns vi\u00f1os a Ciudad Rodrigo. Coma Mar\u00eda sab\u00eda que \u00eda quedar ceibe polo menos ata medianoite, mandou recado ao namorado por medio dunha amiga de confianza. Este \u00e1s nove&nbsp;presentouse no cuartel entrando por unha xanela, que xa m\u00e1is veces usara; desde al\u00ed era case imposible que os vira algu\u00e9n. Pero claro, sobre as dez, chegou o cornudo do sarxento, e con sixilo e sen que se decatasen, escoitou detr\u00e1s da porta e, efectivamente, o que sospeitaba confirmouse. Volveu para f\u00f3ra e regresou \u00e1 casa sobre a unha da ma\u00f1\u00e1 sen comentar nada do que vi\u00f1a de descubrir. Para que dar un espect\u00e1culo dun crime pasional, que era daquela coma se lles dic\u00eda, para se cadra, a\u00ednda que non o consideraba probable, acabar sendo culpable, se ti\u00f1a outro xeito mellor para desfacerse del e quedar coma un heroe. A sentenza estaba ditada e en marcha a segunda e definitiva trampa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">*Esta historia non \u00e9 real, a\u00ednda que ben pod\u00eda ser, cousas similares sucederon, algunha das cales, me contou o amigo Jose de Villamiel (C\u00e1ceres)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a HISTORIAS DA RAIA: O MOCHILERO Mediados de decembro, acheg\u00e1base o Nadal, \u00e9poca propicia para poder colocar alg\u00fan que outro quilo de caf\u00e9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,1435,975,993],"class_list":["post-11970","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-historias-da-raia-o-mochilero","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11970","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11970"}],"version-history":[{"count":5,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11970\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11978,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11970\/revisions\/11978"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11970"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11970"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11970"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}