{"id":11739,"date":"2022-11-26T09:30:00","date_gmt":"2022-11-26T08:30:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=11739"},"modified":"2022-11-26T00:18:19","modified_gmt":"2022-11-25T23:18:19","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-morte-doce","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=11739","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. MORTE DOCE"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size wp-block-paragraph\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size wp-block-paragraph\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size wp-block-paragraph\"><strong>MORTE DOCE<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">De repente atopouse s\u00f3 en plena r\u00faa do centro da cidade. Coma por ensalmo desapareceron todos os viandantes; non comprend\u00eda nada do que estaba a suceder. Continuou o seu cami\u00f1o, a\u00ednda non eran as oito da tarde, e a idea era ir tomar unhas cervexas ao bar do seu parente Xusto. Cambiou de r\u00faa, tam\u00e9n estaba baleira e todos os locais pechados a cal e canto, por suposto, o do seu parente. Un calafr\u00edo percorreu o seu espi\u00f1azo, algo grave estaba a ocorrer e semellaba que el era o \u00fanico desco\u00f1ecedor.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Decidiu regresar \u00e1 casa. O silencio era sepulcral, a escuridade total. Estaban a principios de xaneiro e o alumeado p\u00fablico apagado. Nin nas vivendas se v\u00eda luz ningunha; talmente parec\u00eda que ningu\u00e9n quedara na cidade. Cando estaba a uns douscentos metros da s\u00faa vivenda, pareceulle ver unha sombra nunha xanela que cun aceno lle conminaba a apurar o paso, algo que fixo, po\u00f1\u00e9ndose a correr coma se tras del vi\u00f1ese o demo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Cando entrou no portal da casa, tampouco hab\u00eda luz comunitaria e, por suposto, non funcionaba o ascensor. As\u00ed que tivo que subir ata ao s\u00e9timo piso, onde viv\u00eda, con serias dificultades, tentando as paredes na escuridade. Xa no piso, o primeiro que fixo foi darlle ao interruptor. Ao ver acenderse a l\u00e1mpada do corredor, respirou. Dirixiuse, apresurado, ao sal\u00f3n e puxo o televisor. A programaci\u00f3n en todos as canles era a habitual; ningunha nova f\u00f3ra do normal. Cada vez comprend\u00eda menos o que estaba a pasar ou a pasarlle \u2014chegou a pensar que era un problema seu, que estaba perdendo a raz\u00f3n\u2014. Puxo en marcha a computadora, por ver se lle aclaraba algo, e ao igual que na televisi\u00f3n, non aparec\u00eda ningunha noticia alarmante.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Asomouse \u00e1 xanela e a r\u00faa segu\u00eda completamente deserta, as\u00ed que decidiu ir ao piso da s\u00faa veci\u00f1a, Amalia, que tam\u00e9n viv\u00eda soa. Premeu o timbre, d\u00faas ou tres veces e non houbo resposta. \u00c1 cuarta, cando xa \u00eda meterse no piso, escoitou a voz da veci\u00f1a: \u201c Que fas a\u00ed?, non sabes o que est\u00e1 a pasar?, m\u00e9tete dentro!\u201d. Por moito que porfiou para que lle contase o que estaba sucedendo, non tivo contestaci\u00f3n ningunha. O \u00fanico que escoitou foi a voz do veci\u00f1o de enfronte, que moi anoxado, lle ordenaba meterse dentro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Non lle quedou m\u00e1is remedio ca entrar no piso e agardar. Algo ter\u00eda que ocorrer. Espiuse, puxo o pixama e deitouse; perdera totalmente as ga\u00f1as de cear, o \u00fanico que desexaba era que rematase dunha vez aquel pesadelo. Puxo a radio, que ti\u00f1a enriba da mesi\u00f1a, a s\u00faa compa\u00f1eira de todas as noites. A programaci\u00f3n era a habitual en todas as emisoras.&nbsp;Para desconectar un pouco, sintonizou Radio 3. &nbsp;Juan Manuel S\u00e1nchez, acababa de iniciar o seu programa \u201cEl vuelo del F\u00e9nix\u201d; hoxe, \u201cLeyendas del rock 2\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Non levar\u00eda nin quince minutos e un sono profundo comezou apoderarse del. Foi nese intre cando a viu a car\u00f3n do leito: Manuela, a Sabia de Refoxo. Manuela levaba morta uns catro anos e na aldea dic\u00edase que ti\u00f1a tratos co demo, de a\u00ed os seus poderes de curandeira. O caso \u00e9, que a\u00ednda que as xentes do lugar falaban mal da boa muller por non cumprir coma todo o mundo coas obrigas cristi\u00e1ns, cando ti\u00f1an algunha doenza acud\u00edan, sen dubidalo, a ela, antes c\u00f3 m\u00e9dico de cabeceira.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Pero chegou o d\u00eda en que Manuela deixou este mundo, e o crego non permitiu que fose soterrada en lugar sagrado. Tivo que ser Eladio \u2014as malas linguas comentaban que se v\u00edan \u00e1s agachadas\u2014 quen se fixera cargo do corpo e o enterrara ao car\u00f3n da casoupa da coitada curandeira. Despois agardou medio ano a que lle chegase \u00e1 hora da xubilaci\u00f3n, e marchou para un piso da cidade que conseguira mercar grazas aos aforros de toda unha vida.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Agora, Eladio, recib\u00eda a visita de Manuela. Unha Manuela que se lle presentou tal \u00e9 coma era en vida: A mesma roupa a cores, que ela mesma confeccionaba; o gorro de la, colocado medio atravesado; o sorriso p\u00edcaro, que tan ben co\u00f1ec\u00eda, asomando por entre os beizos&#8230; E unha voz , un pouco m\u00e1is rouca do que era a s\u00faa en vida, coma vida das entra\u00f1as da terra que lle dic\u00eda: \u201cBoa noite, Eladio\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Antes de seguir adiante co relato, c\u00f3mpre contar o que foi da protagonista tras a s\u00faa morte, ocorrida despois de agonizar durante dous d\u00edas, esquecida por toda a veci\u00f1anza, se non contamos a Eladio. Cando a alma se separou do corpo, esta (quen llo dixera ao cura e demais xente da aldea) foi recibida no Para\u00edso con todos os honores, chegando a formar parte dun selecto clan de esp\u00edritos aos que o Ser Supremo acode cando precisa alg\u00fan consello ou alg\u00fan tipo de axuda. E iso foi o que fixo esta noite, chamou a sabia de Refoxo e d\u00edxolle:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">\u2014Necesito que me fagas un favor. Tes que baixar \u00e1 Terra e axudar a Eladio a morrer, coma el te axudou a ti. O pobre leva dous d\u00edas agoniando, pero non hai xeito que a alma se desprenda por completo do seu corpo, anda vagando pola cidade sumida na desesperaci\u00f3n. Para elo, vou facer que, durante unhas horas, as que precises para levar a cabo a t\u00faa misi\u00f3n, que a t\u00faa alma volva a formar parte do teu corpo. Non quero que te presentes ante Manuel coma unha pantasma (o habitual por outra parte), quero que te vexa tal e coma fuches en vida.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">E niso anda agora. Superada a sorpresa por parte do doente, Manuela, a Sabia de Refoxo, v\u00e9n de acurruncharse baixo as sabas a car\u00f3n del e comeza a aloumi\u00f1alo. Sabe ben que poucas horas lle restan ao seu Eladio neste mundo, pero est\u00e1 disposta, que Deus a perdoe, a volver facer uso das s\u00faas facultades de curandeira para que a morte lle sexa o m\u00e1is avela\u00ed\u00f1a e pracenteira posible.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a MORTE DOCE De repente atopouse s\u00f3 en plena r\u00faa do centro da cidade. Coma por ensalmo desapareceron todos os viandantes; non comprend\u00eda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,1405,975,993],"class_list":["post-11739","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-morte-doce","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11739","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11739"}],"version-history":[{"count":5,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11739\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11746,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11739\/revisions\/11746"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11739"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11739"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11739"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}