{"id":11502,"date":"2022-10-29T10:01:00","date_gmt":"2022-10-29T09:01:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=11502"},"modified":"2022-10-28T22:35:56","modified_gmt":"2022-10-28T21:35:56","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-mudanza-de-almas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=11502","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. MUDANZA DE ALMAS"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size wp-block-paragraph\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size wp-block-paragraph\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size wp-block-paragraph\"><strong>MUDANZA DE ALMAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Todos os anos, pasados xa uns d\u00edas do San Froil\u00e1n, por iso de fuxir da barafunda, &nbsp;Dositeo e mais eu cit\u00e1monos nun restaurante de A Milagrosa para comer o polbo e de paso relembrar tempos pasados.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Dositeo, un home xa rondando os oitenta, que na s\u00faa \u00e9poca foi tratante de gando, despois de ser albeite ( entenderase m\u00e1is adiante esta mudanza), \u00e9 un home moi falangueiro e co que presta estar de parola. Sempre ha sa\u00edr da s\u00faa boca algunha an\u00e9cdota ou historia, a maior\u00eda das veces algo novo; non \u00e9 dos que ten unha ducia de contos e os repite unha e outra vez.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Pero Dositeo ata os trinta anos foi un home totalmente diferente, nada ti\u00f1a que ver co que \u00e9 hoxe. \u00cda tempo que non falabamos do seu pasado, pero o m\u00e9rcores desta semana (poida que pola proximidade de Todos os Santos), mentres estabamos met\u00e9ndolle o dente a un exquisito polbo, veu a colaci\u00f3n a s\u00faa etapa de mozo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Dositeo, coma xa dixen, antes de ser tratante foi menci\u00f1eiro. Xa de pequeno, era fillo de labregos, amosou uns dotes especiais cos animais. Conta que cando ti\u00f1a oito anos enfermoulle un gati\u00f1o a quen lle ti\u00f1a moito agarimo. Ningu\u00e9n daba nada por el, ata que coll\u00e9ndoo no colo e despois de facerlle uns masaxes, o gato deu un chimpo e empezou a rebrincar pola aira adiante. Logo vir\u00edan outras curaci\u00f3ns, e dos animais pasar\u00eda \u00e1s persoas, ata ser o curandeiro m\u00e1is famoso da bisbarra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Patricio de Ermida, un mozo da s\u00faa idade, tratante de gando, e mais el, eran inseparables. Axud\u00e1banse nos traballos do d\u00eda a d\u00eda e por suposto cando tocaba xolda, al\u00ed estaban os dous. Mesmo \u00eda para dous anos que casaran na mesma data e con d\u00faas irm\u00e1s, veci\u00f1as da aldea do lado, polo que, \u00e1 parte de amigos, eran cu\u00f1ados.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Un ser\u00e1n, Patricio, ao chegar da feira de Meira, comezou atoparse mal. Chamaron o m\u00e9dico e cando este chegou, atopouse con un home tumbado na cama que apenas ti\u00f1a pulso e totalmente inconsciente. Despois de auscultalo, d\u00edxolles que non hab\u00eda nada que facerlle, que estaba morrendo, por unha doenza card\u00edaca e que o mellor que pod\u00edan facer era chamar o crego. Nisto que se lembraron do cu\u00f1ado e al\u00f3 foron con el, que chegou ao mesmo tempo ca Don Eduardo, o p\u00e1rroco. D\u00e9ixeme un momenti\u00f1o, d\u00edxolle Dositeo, a ver se podo arranxar eu a doenza. Tempo ter\u00e1 vostede para despedilo deste mundo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Dositeo entrou todo apresurado e ao cabo de media hora sa\u00edu abrazado ao seu amigo, e case berrando da ledicia que tra\u00eda, amosoulles a Patricio, afirmando que estaba coma novo, coma se fose outro home. E nunca mellor dito, Patricio era outro; tam\u00e9n, desde ese momento, Dositeo era outro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Desde as primeiras palabras que dixo &nbsp;Dositeo, os presentes d\u00e9ronse conta de que pasaba algo raro, non parec\u00eda o mesmo. Cousa que se confirmou &nbsp;cando fixo o mesmo Patricio, que xa totalmente restablecido, empezou a falar coma se fose o &nbsp;seu cu\u00f1ado e amigo. Resulta que para salvalo, tiveran que intercambiar o esp\u00edrito.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">\u2014Imos ver, Dositeo. Pero que foi o que realmente pasou aquela noite? \u2014pregunteille cando xa estabamos na sobremesa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">\u2014O que sempre dixen. Algu\u00e9n lle botou o mal de ollo na feira de Meira e a s\u00faa alma xa non serv\u00eda para estar no seu corpo. Ou se \u00eda ao m\u00e1is al\u00e1 ou buscaba outro acubillo nestes lares.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">E deste xeito foi coma Patricio pasou ser o albeite m\u00e1is cotizado da zona, ata que hai cousa de dez anos, desta si, deulle un infarto e marchou para o outro mundo. Dositeo, desde aquela empezou ir de feira en feira, ata que se xubilou, tratando, principalmente, con gado vac\u00fan.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">\u2014E non volviches a sandar ningunha vaca m\u00e1is? \u2014inquirinlle.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">\u2014Cama cho conto, meu amigo, nin se me pasou pola cabeza tentalo. Ser\u00eda de loucos. Eu coma xa sabes o que me \u00eda era andar de feira en feira \u2014respondeu cun p\u00edcaro sorriso.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a MUDANZA DE ALMAS Todos os anos, pasados xa uns d\u00edas do San Froil\u00e1n, por iso de fuxir da barafunda, &nbsp;Dositeo e mais [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,1383,975,993],"class_list":["post-11502","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-mudanza-de-almas","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11502","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11502"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11502\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11505,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11502\/revisions\/11505"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11502"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11502"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11502"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}