{"id":1110,"date":"2017-04-13T08:02:45","date_gmt":"2017-04-13T08:02:45","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=1110"},"modified":"2017-04-13T08:02:45","modified_gmt":"2017-04-13T08:02:45","slug":"a-chaira-un-rural-de-cinema","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=1110","title":{"rendered":"A Chaira, un rural de cinema"},"content":{"rendered":"<p>O rural, est\u00e1 a cobrar protagonismo por algo m\u00e1is que o despoboamento, o peche de explotaci\u00f3ns, a proliferaci\u00f3n de eucaliptos, os incendios, o abandono ou o envellecemento da poboaci\u00f3n. Adem\u00e1is do dramatismo destes devalo negativo, as nosas parr\u00f3quias, a recuperaci\u00f3n das s\u00faas tradici\u00f3ns, a sua hist\u00f3ria, as s\u00faas xentes, son unha fonte inesgotable de argumentos e gui\u00f3ns cinematogr\u00e1ficos que xeran en Galicia  numerosos festivais co rural de fondo e que son hoxe referentes no pa\u00eds e al\u00e9n das fronteiras. Pequenas mostras e festivais como a &#8220;Invernada de Cine&#8221;, a mostra de documentais &#8220;Enxergando o Pa\u00eds&#8221; de Lugo, etc., ou outras xa de caracter internacional como o co\u00f1ecido Festival de Cans, o Play Doc de Tui, o de curtas de cinema rural Carlos Velo ou o MICE de Compostela, imprimen unha identidade propia e descobren producci\u00f3ns galegas equiparables a cinemas doutros lugares do planeta partindo da etnograf\u00eda como esencia dun novo cinema galego. O audiovisual rural galego, tan n\u00f3so, am\u00f3sase como un grande surtidor de creatividade que compensa a escaseza de medios e que ao mesmo tempo traslada desde ese micro mundo das parroquias unha linguaxe universal. Na Terra Ch\u00e1, adem\u00e1is de dar ao mundo audiovisual nomes tan importantes e co\u00f1ecidos como a acad\u00e9mica e profesorea da USC Margarita Ledo, os irm\u00e1ns Coira ou os actores Xos\u00e9 Barato e Lu\u00eds Tosar, o director de televisi\u00f3n Manuel A.Espi\u00f1eira, ou o montador Ant\u00f3n Figueira entre outros, aportamos xoias documentais do mestre Xulio Xiz ou &#8220;O instante eterno&#8221; do cineasta Xos\u00e9 Ant\u00f3n Cascudo sobre o poeta D\u00edaz Castro. Numerosas curtametraxes, a \u00faltima de grande difusi\u00f3n, &#8220;A Chave de Bascuas&#8221; do mozo Bruno Pena. Contamos co Festival de cinema de m\u00fasica de Roca e os amigos do Casti\u00f1eiro Milenario de Begonte andan a preparar tam\u00e9n unhas xornadas cinematogr\u00e1ficas. Ramiro Ledo \u00e9 un dos impulsores desa nov\u00edsima, novidosa e exitosa proposta do NUMAX de Compostela e un grupo de rapaces inquedos de Meira, Gaitafilmes, crearon o festival M de Meira coa asociaci\u00f3n do mesmo nome. As propostas audiovisuais desde centros escolares como o IES de Guitiriz da man da inqueda profesora Sandra Tenreiro, xa premiados en varias ocasi\u00f3ns, son  habitu\u00e1is neste xeito actual de comunicar. O \u00faltimo \u00e9xito, un documentario, Entrar aos Vilares, do m\u00fasico e xornalista de orixe chairega Cibr\u00e1n Tenreiro, pensado como complemento dun libro de Pastora Veres, estase revelando como un producto con vida propia percorrendo a xeograf\u00eda galega con numerosas proxecci\u00f3ns e que adem\u00e1is foi seleccionado entre as 15 pel\u00edculas finalistas da 12 Mostra Internacional de Cinema Etnogr\u00e1fico MICE, optando tam\u00e9n ao premio de mellor documental galego con dous filmes moi premiados, Esquece Monelos e O Moredo, a resistencia do enteoido ribeirao. Compite tam\u00e9n ao premio do p\u00fablico, o que representa xa un \u00e9xito para esta modesta producci\u00f3n da Lareira de so\u00f1os que prepara xa outra curta documental arredor da figura do polifac\u00e9tico Armeiro de Berulfe. A Terra Ch\u00e1, fundamentalmente rural, non deixa de producir nomes de persoas e filmes ao mundo do audiovisual galego e internacional m\u00e1is actual desde o coraz\u00f3n da terra, convert\u00edndoa nun xigantesco plat\u00f3 de rodaxe, porque a Chaira \u00e9, un rural de cinema&#8230;<br \/>\n<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/1491517585986-300x196.png\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"196\" class=\"alignnone size-medium wp-image-1111\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/1491517585986-300x196.png 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/1491517585986-768x502.png 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/1491517585986-1024x669.png 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/1491517585986-1080x706.png 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/1491517585986.png 1825w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O rural, est\u00e1 a cobrar protagonismo por algo m\u00e1is que o despoboamento, o peche de explotaci\u00f3ns, a proliferaci\u00f3n de eucaliptos, os incendios, o abandono ou o envellecemento da poboaci\u00f3n. Adem\u00e1is [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":18,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-1110","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-creacion"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1110","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/18"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1110"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1110\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1112,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1110\/revisions\/1112"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1110"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1110"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1110"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}