{"id":11053,"date":"2022-09-10T09:09:00","date_gmt":"2022-09-10T08:09:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=11053"},"modified":"2022-09-09T22:35:12","modified_gmt":"2022-09-09T21:35:12","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-o-senor-xacinto","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=11053","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. O SE\u00d1OR XACINTO"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong>O SE\u00d1OR XACINTO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p>O se\u00f1or Xacinto, que nacera al\u00f3 nunha aldea dos Ancares lucenses a finais do XIX, nunca gozou de boa sa\u00fade. De mozo detect\u00e1ronlle unha doenza card\u00edaca e non pod\u00eda realizar traballos que requirisen moito esforzo, doenza que coa idade foi agrav\u00e1ndose. Mal, que por outro lado non lle imped\u00eda outro tipo de actividades m\u00e1is gozosas relacionadas coa carnalidade, ata o punto de deixar pre\u00f1ada \u00e1 muller unhas sete veces. Iso si, coller un sacho ou unha forcada non pod\u00eda e todo o peso da casa reca\u00eda sobre a s\u00faa dona e as fillas maiores.<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:14px\">A miseria naqueles tempos nesta bisbarra da monta\u00f1a lucense, se se quere a\u00ednda m\u00e1is ca noutros puntos de Galicia, era moita; a maior\u00eda das familias, e non \u00eda ser menos a do se\u00f1or Xacinto, simplemente subsist\u00edan. Tres ou catro vacas coma moito, uns cochos e unhas gali\u00f1as era toda a s\u00faa facenda; unha casa apenas apta para vivir, unha horta e unhas poucas e pequenas leiras, cada unha onde cadrase, completaban as s\u00faas pertenzas.<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:14px\">E coma a necesidade obriga, a xente xove comezou a marchar polo mundo adiante. Os lugares preferidos foron principalmente Barcelona e Francia. Non hab\u00eda m\u00e1is que, chegado o ver\u00e1n, dar unha volta polas vilas &nbsp;para comprobar o que ve\u00f1o de comentar. S\u00f3 se v\u00edan coches con matr\u00edcula B de Barcelona ou francesa.<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:14px\">As fillas e fillos do doente Xacinto seguiron o mesmo cami\u00f1o cos seus veci\u00f1os e veci\u00f1as. Algunhas casaron &nbsp;e ficaron en vilas pr\u00f3ximas, pero a maior\u00eda emigrou para Barcelona, Par\u00eds ou Marsella. S\u00f3 quedou na casa o fillo m\u00e1is novo, a quen o traballo tam\u00e9n o magoaba pero non as\u00ed a p\u00e1ndega. Deste xeito a \u00fanica que traballaba na casa era a coitada da nai, que abondo ti\u00f1a con atender \u00e1 facenda e facer a comida, polo que o se\u00f1or Xacinto, pod\u00eda andar coa roupa meses e meses sen ser sometida ao agarimo refrescante da auga da p\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:14px\">Era famoso xa o seu chaleco que brillaba coa merda que levaba enriba, competindo co fulgor da cadea do reloxo de bolso que nunca abandonaba. O fillo, coma ve\u00f1o de dicir, no canto de axudar a nai e de ter minimamente limpo o pai, adic\u00e1base a ir de xoldas e &nbsp;enchedelas polas vilas pr\u00f3ximas, Lugo ou Ponferrada. Mais cando chegaba o ver\u00e1n e vi\u00f1an os de Barcelona e se ench\u00eda a aldea de vida, sent\u00eda vergo\u00f1a do pai e berr\u00e1balle: \u201cAg\u00f3chese, pap\u00e1! Ag\u00f3chese, pap\u00e1!\u201d. Ao tempo fac\u00edao entrar na casa para que non ofendera a vista dos forasteiros.<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:14px\">Menos mal, que a non tardar moito, &nbsp;aparec\u00eda algunha filla chegada de Catalunya ou Francia e o primeiro que fac\u00eda era coller a roupa do vello e despois de tirala ao lixo, cambiala por outra nova e decente. Logo, despois de deixar mobles, na medida do posible, ceibes de po e, de liberar corredor e cuartos de molestos ar\u00e1cnidos, baixaba \u00e1 vila e cargada de lixivia regresaba para fregar debidamente as distintas dependencias. Cont\u00e1bame un sobri\u00f1o dunha filla que quedou nunha aldea do concello: \u201cCando \u00eda de visita, xa sab\u00eda se vi\u00f1era a t\u00eda ou non. A\u00ednda ben non abr\u00eda a porta, o cheiro a lixivia confirm\u00e1bame a s\u00faa presenza.\u201d<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:14px\">E as\u00ed inverno tras inverno, ver\u00e1n tras ver\u00e1n foi pasando a vida do patriarca ata que entregou a alma ao Creador. Logo tocar\u00edalle a quenda a s\u00faa dona, ficando a casa, como a maior\u00eda das da aldea, baleira, s\u00f3 visitada, coa chegada do ver\u00e1n polos descendentes, os que co paso dos anos tam\u00e9n foron deixando este mundo. Hoxe, a casa do se\u00f1or Xacinto esmorece no abandono, coma a maior\u00eda das do noso rural, mais a lembranza do seu amo a\u00ednda segue presente na memoria da veci\u00f1anza: \u201c Ag\u00f3chese, pap\u00e1! ag\u00f3chese, papa!\u201d&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a O SE\u00d1OR XACINTO O se\u00f1or Xacinto, que nacera al\u00f3 nunha aldea dos Ancares lucenses a finais do XIX, nunca gozou de boa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,1301,993],"class_list":["post-11053","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-o-senor-xacinto","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11053","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=11053"}],"version-history":[{"count":9,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11053\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11063,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/11053\/revisions\/11063"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=11053"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=11053"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=11053"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}