{"id":10922,"date":"2022-08-26T12:10:05","date_gmt":"2022-08-26T11:10:05","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10922"},"modified":"2022-08-26T15:38:06","modified_gmt":"2022-08-26T14:38:06","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-rio-da-nenez","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10922","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. R\u00cdO DA NENEZ"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-full is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" width=\"235\" height=\"313\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w\" sizes=\"auto, (max-width: 235px) 100vw, 235px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong>R\u00cdO DA NENEZ<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:16px\">Claro que me lembro de ti. Coma non vou lembrarme? Ti ti\u00f1as nove ou dez anos cando vi\u00f1as por aqu\u00ed, sobre todo os d\u00edas quentes de ver\u00e1n. A\u00ednda parece que foi hoxe cando te mergullabas nas mi\u00f1as frescas augas procurando algo de alivio \u00e1 sufocante calor. E logo po\u00f1\u00edaste \u00e1 sombra deste bidueiro ou do olmo que est\u00e1 na outra beira a xogar con calquera cousa. Moito che gustaban os cabali\u00f1os do demo, coa s\u00faa variedade de cores. Cabali\u00f1os do demo, por que lles dicides as\u00ed os humanos? Sempre me chamou a atenci\u00f3n ese nome, sabes? O que menos me gustaba, \u00a1moito me amolaba!, era cando ti e os teus amigos vos adicabades a caparme. Colliades unha pedra plana e ve\u00f1a a arrebolala contra as mi\u00f1as augas, para que rebrincara e sa\u00edra voando coma unha frecha. E sabes por que recordo todo isto? \u00a0Porque \u00a0te\u00f1o unha memoria prodixiosa, non esquezo nada desde que son r\u00edo, mellor dito regato, porque xa ves a auga que levo e con esta seca acabarei esti\u00f1ando. Si, xa sei que estou mudando continuamente e segundo acabo de pronunciar unha palabra xa son distinto, que estas augas que levo son outras, moi diferentes a aquelas nas que te ba\u00f1aches. Pero sigo a ser o mesmo regato, cami\u00f1o do Chamoso \u2014ese si que \u00e9 r\u00edo e non digamos o seu pai, o Mi\u00f1o\u2014, e \u00e9 no leito e, non nas augas, onde almaceno todo o pasado. Ai!, se che contase. Eu si que ti\u00f1a para un libro. De cando era a sega e tra\u00edan as bebidas para refrescar e logo com\u00edan \u00e1 mi\u00f1a beira, mellor non dicir nada do que al\u00ed pasaba. Ou cando vi\u00f1a algunha parella, por certo ti tam\u00e9n algunha vez con aquela, Mar\u00eda? Non era as\u00ed coma se chamaba? \u00a0Ou cando aparec\u00eda o teu amigo Lolo a pescar. Que malo era! Non coll\u00eda unha troita e mira que daquela hab\u00eda abondas. Moito lle gustaba, era capaz de estar toda a tarde e largar, con sorte, cunha peza ou ao sumo d\u00faas. Xa ves, e hoxe, despois de cantos anos?, para min, un suspiro, para ti toda unha vida, apareces por aqu\u00ed.\u00a0<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:16px\">Agora xa non se achega ningu\u00e9n, en parte porque xa pouca xente queda por estes lugares e por outro lado como podes observar isto est\u00e1 todo cheo de silvas e maleza. Coma para ousar acercarse a min! Xa vexo que ti vi\u00f1eches provisto dunha boa cachaba, pero seguro que non che foi f\u00e1cil chegar, o cal cho agradezo. Pois con todas estas lembranzas, case me fixeches chorar, mira coma baixan as augas. Vaite logo, que xa vexo que ti tam\u00e9n te emocionas e volve cando queiras. Pero oes, non tardes tanto tempo coma desta vez. Ai!, aqueles tempos!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a R\u00cdO DA NENEZ Claro que me lembro de ti. Coma non vou lembrarme? Ti ti\u00f1as nove ou dez anos cando vi\u00f1as por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,1279,993],"class_list":["post-10922","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-rio-da-nenez","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10922","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10922"}],"version-history":[{"count":10,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10922\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10944,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10922\/revisions\/10944"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10922"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10922"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10922"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}