{"id":10695,"date":"2022-07-29T18:37:47","date_gmt":"2022-07-29T17:37:47","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10695"},"modified":"2022-07-29T18:43:24","modified_gmt":"2022-07-29T17:43:24","slug":"tanxugueiras-racha-co-establecido-e-lanza-diluvio-o-seu-novo-disco-agora-todo-cobra-sentido","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10695","title":{"rendered":"Tanxugueiras racha co establecido e lanza DILUVIO, o seu novo disco: \u201dAgora todo cobra sentido\u201d"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/63A7F026-2F77-4EC6-A460-B3B585817FD8.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/63A7F026-2F77-4EC6-A460-B3B585817FD8-1024x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-10696\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/63A7F026-2F77-4EC6-A460-B3B585817FD8-1024x1024.jpeg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/63A7F026-2F77-4EC6-A460-B3B585817FD8-980x980.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/63A7F026-2F77-4EC6-A460-B3B585817FD8-480x480.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\"><strong>As<\/strong><strong><em>&nbsp;pandeireteiras&nbsp;<\/em><\/strong><strong>publican este venres 29 o seu terceiro \u00e1lbum, un traballo conceptual no que descobren o significado agochado nos seus \u00faltimos sinxelos: cuestionan crenzas, pecados ou presuntas culpas instaladas na sociedade para transformalas \u201cen aprendizaxes vitais\u201d<\/strong>&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\"><strong>O \u00e1lbum f\u00edsico&nbsp;p\u00fablicase&nbsp;nunha edici\u00f3n&nbsp;<em>deluxe<\/em>, cun libreto ilustrado de 24&nbsp;p\u00e1xinas&nbsp;no que Tanxugueiras exp\u00f3n a viaxe de&nbsp;autoco\u00f1ecemento&nbsp;percorrida nestes meses<\/strong>&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">Chega&nbsp;o 29 de xullo e, con el, o DILUVIO. Tanxugueiras publica este venres o seu terceiro traballo discogr\u00e1fico, un \u00e1lbum conceptual editado por&nbsp;Calaverita&nbsp;Records&nbsp;e que prop\u00f3n rachar con todo o establecido \u201cpara sandar, para volver a aprender\u201d. O disco, que xa est\u00e1 dispo\u00f1ible&nbsp;<a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/bit.ly\/Tanxugueiras_Diluvio\" target=\"_blank\">nas principais plataformas dixitais<\/a>&nbsp;e&nbsp;<a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/www.lacasadeldisco.es\/tanxugueiras-cd-.html\" target=\"_blank\">La Casa del Disco<\/a>, conta na s\u00faa versi\u00f3n f\u00edsica cunha&nbsp;<strong>edici\u00f3n&nbsp;<em>deluxe&nbsp;,<\/em>&nbsp;cun libreto&nbsp;ilustrado de 24&nbsp;p\u00e1xinas<\/strong>&nbsp;no que o grupo explica,&nbsp;motu&nbsp;proprio, o significado deste diluvio.&nbsp;\u201cNeste \u00e1lbum que hoxe ve a luz est\u00e1 a resposta ao cami\u00f1o percorrido nos \u00faltimos meses. De principio a fin, desde a \u2018Treboada\u2019 at\u00e9 o \u2018Acougo\u2019. Coa s\u00faa publicaci\u00f3n pechamos unha etapa, unha viaxe de&nbsp;cuestionamento&nbsp;e&nbsp;autoco\u00f1ecemento. Mergullarse no DILUVIO \u00e9 abrir e pechar un c\u00edrculo e hoxe, por fin, todo cobra o sentido\u201d, sinalan&nbsp;Olaia&nbsp;Maneiro,&nbsp;Aida&nbsp;Tarr\u00edo&nbsp;e Sabela&nbsp;Maneiro.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left has-small-font-size\">\u2018DILUVIO\u2019 \u00e9 unha&nbsp;<strong>viaxe de indagaci\u00f3n e&nbsp;autoco\u00f1ecemento&nbsp;<\/strong>que o tr\u00edo percorre a trav\u00e9s de verbos como ver, escoitar, equivocar, recordar ou apoderar. Un tr\u00e1nsito que transcorre, en paralelo, \u00e1s vivencias de&nbsp;Olaia,&nbsp;Aida&nbsp;e Sabela desde o inverno de 2020. Porque no disco, nado durante a pandemia,&nbsp;<strong>as cantareiras po\u00f1en en d\u00fabida e enfrontan numerosas presuntas culpas ou \u2018pecados capitais\u2019<\/strong>&nbsp;instalados na sociedade. E aos sete \u2018orixinais\u2019 (avaricia,&nbsp;enveza, ira, luxuria, preguiza, gula, soberbia),&nbsp;<strong>elas suman outros tres<\/strong>: patriarcado, hostilidade e homoxeneidade. Crenzas que viviron, sentiron, observaron ou compartiron e que, ap\u00f3s a tormenta, deciden dar a volta e convertelas nunha&nbsp;<strong>serie de aprendizaxes transformadoras para a vid<\/strong>a: un diluvio de&nbsp;autoaceptaci\u00f3n, de diversidade, de amor libre, de&nbsp;apoderamento. \u2018O diluvio arrasa e racha con todo o establecido, con iso que damos por sentado para sandar, para renacer, para que volvamos aprender, mais desde unha \u00f3ptica aberta, feminina, xenerosa, consciente. Mergullarse no DILUVIO \u00e9 percorrer a propia vida\u201d, apuntan.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\"><strong>M\u00fasica tradicional e ritmos urbanos<\/strong>&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\"><strong>\u2018DILUVIO\u2019,<\/strong>&nbsp;o \u00e1lbum de Tanxugueiras&nbsp;<a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/www.lacasadeldisco.es\/tanxugueiras-cd-.html\" target=\"_blank\">que se pode adquirir desde hoxe en plataformas dixitais e tendas f\u00edsicas,<\/a>&nbsp;\u00e9&nbsp;un traballo musicalmente diverso: unha&nbsp;<strong>experiencia cat\u00e1rtica na que a voz e a cultura tradicional son o f\u00edo condutor dunha viaxe evocadora<\/strong>&nbsp;que avanza a ritmo de&nbsp;mui\u00f1eira&nbsp;(\u2018Terra\u2019), xota (\u2018Midas\u2019), ou rumba (\u2018Figa), mesturadas con&nbsp;<strong>sonoridades m\u00e1is urbanas e contempor\u00e1neas,<\/strong>&nbsp;pr\u00f3ximas a unha xeraci\u00f3n nova, coma elas, \u00e1vida por descubrir, explorar e reformular. \u201cSomos cantareiras. O noso instrumento principal \u00e9 a voz, mais tam\u00e9n nos acompa\u00f1amos de elementos tradicionais, como as pandeiretas ou as latas de&nbsp;piment\u00f3n, e de instrumentos m\u00e1is modernos, como os sintetizadores ou a percusi\u00f3n electr\u00f3nica\u201d, explica o grupo. Neste sentido, \u2018DILUVIO\u2019 confirma a aposta das creadoras, que asinan todos os temas do disco, pola&nbsp;<strong>reinterpretaci\u00f3n&nbsp;da tradici\u00f3n galega a trav\u00e9s da fusi\u00f3n con ritmos urbanos,<\/strong>&nbsp;pr\u00f3ximos ao&nbsp;trap,&nbsp;hip&nbsp;hop&nbsp;ou electr\u00f3nica, para achegar a m\u00fasica de ra\u00edz a un p\u00fablico m\u00e1is novo.&nbsp;&nbsp;<br>Aida,&nbsp;Olaia&nbsp;e Sabela son, en \u2018DILUVIO\u2019, int\u00e9rpretes e compositoras. \u201cA\u00ednda que neste traballo haxa moita creaci\u00f3n propia, bebemos da tradici\u00f3n\u201d, lembran. Son tam\u00e9n produtoras do \u00e1lbum xunto con&nbsp;Iago&nbsp;Pico (Pouland&nbsp;Studios), con quen traballan desde 2021 neste proxecto. \u201cDa voz parten todos os temas e con&nbsp;Iago, m\u00e1is que andar na procura de harmon\u00edas, pensamos en&nbsp;atm\u00f3sferas, en texturas, en evocar situaci\u00f3ns.&nbsp;Fluimos, buscamos que a sonoridade e a musicalidade sexan af\u00edns o que queremos expresar\u201d, sinala o&nbsp;trio. As\u00ed, tanto no disco coma no directo da Xira Midas de presentaci\u00f3n do \u00e1lbum,&nbsp;<strong>a voz segue a ser a protagonista absoluta.<\/strong>&nbsp;O disco vai al\u00e9n dunha mera declaraci\u00f3n de intenci\u00f3ns e manifesta unha&nbsp;<strong>sonoridade \u00fanica, vibrante e contundente<\/strong>&nbsp;que define o propio grupo: Tanxugueiras sost\u00e9n unha mensaxe que nace dun treb\u00f3n de emoci\u00f3ns, vivencias e crenzas, e reivindica as ra\u00edces m\u00e1is profundas da tradici\u00f3n. \u201cOs temas cunha mensaxe m\u00e1is en\u00e9rxica son, precisamente, aqueles que parten da&nbsp;mui\u00f1eira, o noso ritmo m\u00e1is universal, como poden ser \u2018Terra\u2019 ou \u2018Seghadoras\u2019\u201d, salientan.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\"><strong>Unha viaxe de aprendizaxes capitais<\/strong>&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">&nbsp;\u201cAgora todo cobra sentido\u201d, sinala Tanxugueiras. Tras m\u00e1is dun ano de lanzamentos cunha clara intencionalidade agochada para as e os&nbsp;ouvintes,&nbsp;<strong>o p\u00fablico por fin pode co\u00f1ecer o verdadeiro significado de cada un dos sinxelos, os pecados e as aprendizaxes que se agochan tras eles.<\/strong>&nbsp;E esa \u00e9 a clave de \u2018DILUVIO\u2019: unha viaxe, un percorrido desde a tormenta at\u00e9 a quietude. No medio delas, un torrente de culpas e ensinanzas vitais.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">No seu terceiro disco, Tanxugueiras convida ao p\u00fablico a flu\u00edr por unha corrente sonora que nace coa \u2018<strong>Treboada<\/strong>\u2019, o tema instrumental que abre o \u00e1lbum. Unha choiva intensa que d\u00e1 paso \u00e1 primeira aprendizaxe capital: fronte a soberbia e o artificial, o tr\u00edo chama \u00e1 naturalidade. Diso fala&nbsp;<strong>\u2018Arica\u2019<\/strong>, o segundo tema. Do natural tam\u00e9n nace a capacidade de co\u00f1ecerse a unha mesma, de aceptar o que somos. E ese \u00e9 o concepto de&nbsp;<strong>\u2018Desidia\u2019,<\/strong>&nbsp;que reivindica o dereito \u00e1 pausa e a necesidade do&nbsp;autocoidado.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">A terceira aprendizaxe que proclama Tanxugueiras no seguinte corte \u00e9 a xenerosidade: \u2018<strong>Midas<\/strong>\u2019, o primeiro sinxelo que o grupo lanzou de \u2018DILUVIO\u2019 en febreiro de 2021, fala precisamente da avaricia.&nbsp;\u201cE ti tes e tes, non o queres dar, pensas que o tes todo pero non tes nada\u201d,&nbsp;di&nbsp;o co\u00f1ecido&nbsp;<em>retrouso<\/em>&nbsp;do tema, que&nbsp;marcou o&nbsp;punto de inflexi\u00f3n na&nbsp;carrera&nbsp;do tr\u00edo. Tras el, chega&nbsp;\u2018<strong>Pano Corado<\/strong>\u2019, no que o grupo canta ao amor libre e diverso.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">\u2018DILUVIO\u2019 fl\u00fae e leva ao p\u00fablico ata \u2018<strong>Sorora<\/strong>\u2019, un himno&nbsp;adicado&nbsp;ao matriarcado, a todas as&nbsp;<em>cantareiras<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>pandeireteiras<\/em>, fronte ao pecado colectivo que, segundo o tr\u00edo, leva demasiado tempo instalado na sociedade: o patriarcado. E de seguido, fronte \u00e1 hostilidade, o disco l\u00e9vanos a \u2018<strong>Seghadoras\u2019<\/strong>, un potente canto ao&nbsp;apoderamento, para crer e loitar polo propio. Desta visi\u00f3n chega a aceptaci\u00f3n que avanza contra a ira: ese \u00b4e o \u2018<strong>Averno<\/strong>\u2019 que interpretan co rapeiro&nbsp;Rayden.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">O disco compl\u00e9tase cunha tr\u00edade de grandes temas: \u2018<strong>Figa<\/strong>\u2019, un chamado contra a envexa e a favor da&nbsp;autoaceptaci\u00f3n; \u2018<strong>Fame de Odio<\/strong>\u2019, que aposta pola diversidade e a beleza de todos os corpos, e \u2018<strong>Terra<\/strong>\u2019, a canci\u00f3n coa que as&nbsp;pandeiretiras&nbsp;queren amosar que vivimos nun mundo heterox\u00e9neo, repleto de particularidades e de esencias, no que \u201cnon hai fronteiras\u201d. Finalmente, Tanxugueiras pecha o \u00e1lbum coa chegada do \u2018<strong>Acougo<\/strong>\u2019, o segundo e \u00faltimo tema instrumental do disco: a calma, a reflexi\u00f3n. \u00c9, como elas mesmas expo\u00f1en, \u201ca fin do diluvio, da vida alterada. \u00c9 o c\u00edrculo que se pecha, o percorrido da vida\u201d.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\"><strong>Novo&nbsp;videoclip<\/strong>&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-small-font-size\">Co&nbsp;lanzamento deste&nbsp;disco, Tanxugueiras publica o&nbsp;<a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/youtu.be\/JqXaYEW5Bxo\" target=\"_blank\"><strong>videoclip&nbsp;de \u2018Fame de odio<\/strong>\u2019<\/a>, unha&nbsp;peza&nbsp;audiovisual&nbsp;dirixida&nbsp;por Trece&nbsp;Amarillo&nbsp;e producida por&nbsp;PlayPlan&nbsp;na que, precisamente, o grupo aglutina moitas das cuesti\u00f3ns e ensinanzas que prop\u00f3n en \u2018DILUVIO\u2019. Concretamente neste v\u00eddeo,&nbsp;<strong>rodado na Biblioteca Am\u00e9rica e no Sal\u00f3n de Graos do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela<\/strong>, as&nbsp;<em>cantareiras<\/em>&nbsp;po\u00f1en en d\u00fabida outro dos nomeados como \u2018pecados capitais\u2019: a gula. Neste tema propo\u00f1en unha nova aprendizaxe:&nbsp;<strong>a&nbsp;blleza&nbsp;da&nbsp;diversidade&nbsp;corporal<\/strong>. \u201cDe todas as formas, nena, de todas son bonita\u201d, cantan. A&nbsp;peza&nbsp;audiovisual,&nbsp;estreada&nbsp;\u00e1s 00.00 deste&nbsp;venres&nbsp;29, est\u00e1&nbsp;dispo\u00f1ible&nbsp;<a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=JqXaYEW5Bxo&amp;feature=youtu.be\" target=\"_blank\">na canle de&nbsp; Youtube das pandeireteiras<\/a>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/20220729-NP-GAL-Tanxugueiras-publica-DILUVIO-.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">20220729-NP-GAL-Tanxugueiras-publica-DILUVIO-<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As&nbsp;pandeireteiras&nbsp;publican este venres 29 o seu terceiro \u00e1lbum, un traballo conceptual no que descobren o significado agochado nos seus \u00faltimos sinxelos: cuestionan crenzas, pecados ou presuntas culpas instaladas na sociedade [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[1250,1222,1182],"class_list":["post-10695","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-agora-todo-cobra-sentido","tag-diluvio","tag-tanxugueiras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10695","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10695"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10695\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10702,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10695\/revisions\/10702"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10695"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10695"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10695"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}