{"id":10626,"date":"2022-07-16T09:30:00","date_gmt":"2022-07-16T08:30:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10626"},"modified":"2022-07-15T22:02:03","modified_gmt":"2022-07-15T21:02:03","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-a-dama-e-a-oliveira","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10626","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. A DAMA E A OLIVEIRA"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-full is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" width=\"235\" height=\"313\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w\" sizes=\"auto, (max-width: 235px) 100vw, 235px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:22px\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:22px\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:22px\"><strong>A DAMA E A OLIVEIRA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:15px\">Adolfo de Engracia, un mari\u00f1eiro moi dado a lendas e historias de bruxas, trasnos, mouras&#8230; e do que xa falei outras veces, era unha aut\u00e9ntica enciclopedia neste mundo da mitolox\u00eda celta. Debido &nbsp;ao seu oficio no mar, moitos dos seus contos, a\u00ednda que pasados pola peneira das nosas crenzas, ti\u00f1an unha grande influencia irlandesa, coma \u00e9 a historia que a continuaci\u00f3n vou contar.<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:15px\">Isto sucedeu hai m\u00e1is de dez s\u00e9culos nunha aldea do Courel. A muller dunha familia que traballaba para un grande se\u00f1or de soga e coitelo, ficou pre\u00f1ada. Cando chegou a hora de parir, chamaron \u00e1 parteira, que ao mesmo tempo era bruxa, para atendela no parto; unha fermosa nena foi o resultado, tal era a sua beleza que a bruxa quedou impresionada ao vela.<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:15px\">Colleuna nos seus brazos e despois de examinala detidamente dixo: \u201cEsta muller ter\u00e1 unha moi longa, moi longa, vida. Non ser\u00e1 inmortal, porque ent\u00f3n ser\u00eda unha deusa, pero ha de durar centos e centos de anos\u201d. E sacando da faltriqueira, unha pequena oliveira continuou a dicir: \u201cAgora mesmo, que o teu marido plante esta oliveira, \u00e1 entrada da casa. A t\u00faa filla vai vivir ata que esta \u00e1rbore morra ou algu\u00e9n a talle\u201d. Xa se sabe que esta especie de \u00e1rbore perenne son moi lonxevos. \u00c9 normal que pasen de mil anos, incluso alg\u00fans poden chegar a durar tres mil.<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:15px\">A nena foi medrando e a s\u00faa beleza chamando a atenci\u00f3n de todos os nobres da bisbarra. As\u00ed foi que casou co fillo do se\u00f1or a quen serv\u00edan os seus pais. Mais, &nbsp;este morreu e ela segu\u00eda xove e fermosa. O seguinte esposo foi o fillo dun fidalgo dunha aldea pr\u00f3xima a s\u00faa. Asi, casoiro tras casoiro ata ter sete maridos, todos eles de clase podente. E non precisamente matrimonios ef\u00e9meros, a maior\u00eda pasaron dos trinta anos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:15px\">A dama, belida e aposta coma cando ti\u00f1a dezaseis anos, xa pasaba dos douscentos e comezaba a resultar un problema para a igrexa, que non v\u00eda con bos ollos cunha muller durase tanto e sobre todo que casase tantas veces. Pero o caso \u00e9 que a oliveira segu\u00eda cada vez m\u00e1is galana e o que a\u00ednda lle agardaba se algu\u00e9n non o remediaba, polo que hab\u00eda dama para tempo.<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:15px\">A \u00fanica sabedora do motivo da s\u00faa lonxevidade era a propia interesada, xa que llo dixera moi en segredo a s\u00faa nai. Un d\u00eda presentouse&nbsp;na s\u00faa casa, por aquel ent\u00f3n unha Casa Grande, pr\u00f3xima a Seoane, o se\u00f1or bispo da diocese de Lugo, para falar con ela:<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:15px\">\u2014Mira, isto non pode continuar as\u00ed, a t\u00faa vida estase a converter nun aut\u00e9ntico esc\u00e1ndalo de consecuencias imprevisibles. Non podes seguir vivindo por m\u00e1is tempo. Non sei se es unha bruxa ou que, pero isto ten que rematar.<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:15px\">\u2014Se\u00f1or bispo, voulle ser sincera. A culpa non \u00e9 mi\u00f1a. Eu non podo facer nada, nin sequera suicidarme. Tenme que matar algu\u00e9n, pero dun xeito especial e ao mesmo tempo sinxelo, basta con tallar a oliveira que hai diante da casa onde nac\u00edn. E abof\u00e9, que o agradecer\u00eda, pois xa estou cansa de vivir. O meu marido xa vai vello e est\u00e1 moi enfermo, pronto morrer\u00e1, e xa non desexo casar m\u00e1is veces &nbsp;\u2014 respondeulle a fermosa dama.<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:15px\">Deixaron pasar unha semana e, unha tarde de finais de outubro, ante a presencia do se\u00f1or bispo e todos os cregos da comarca, un afamado le\u00f1ador botou a oliveira abaixo. Ao mesmo tempo na Casa Grande,unha fermosa xove de m\u00e1is de douscentos anos, entregaba a alma a Deus.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:15px\"><em>Suso de Lameli\u00f1a<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a A DAMA E A OLIVEIRA Adolfo de Engracia, un mari\u00f1eiro moi dado a lendas e historias de bruxas, trasnos, mouras&#8230; e do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[1239,976,975],"class_list":["post-10626","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-a-dama-e-a-oliveira","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-suso-de-lamelina"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10626","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10626"}],"version-history":[{"count":8,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10626\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10637,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10626\/revisions\/10637"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10626"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10626"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10626"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}