{"id":10323,"date":"2022-06-17T11:51:13","date_gmt":"2022-06-17T10:51:13","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10323"},"modified":"2022-06-17T11:51:16","modified_gmt":"2022-06-17T10:51:16","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-toda-unha-vida-nuns-segundos","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10323","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. TODA UNHA VIDA NUNS SEGUNDOS"},"content":{"rendered":"<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-full is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" width=\"352\" height=\"469\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w\" sizes=\"auto, (max-width: 352px) 100vw, 352px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong>TODA UNHA VIDA NUNS SEGUNDOS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p>Ao final descargou e menos mal, pensou Roberto, mentres se ergu\u00eda da cama onde levaba media tarde tumbado e sen folgos, resistindo a base de auga tra\u00edda da fonte de Castelo. As elevadas temperaturas, pr\u00f3ximas aos 35\u00ba, e a humidade relativa do aire por riba do 80% \u00a0-falou a se\u00f1orita, malo, d\u00edxose. \u00a0A se\u00f1orita era a voz do higr\u00f3metro, que vi\u00f1a de dicir: \u201c la humedad relativa del aire ha sobrepasado los l\u00edmites recomendados\u201d, fixeran do d\u00eda unha xornada insoportable, e m\u00e1ximo para el, que ti\u00f1a un principio de EPOC; os excesos pasados, preto de dous paquetes de Ducados ao d\u00eda, pasaban factura.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero por fin refrescaba algo e era o momento, agora que o d\u00eda comezaba a declinar, de dar a volta diaria, recomendada pola doutora Sabela: uns dous quil\u00f3metros circulares bordeando a vila. As\u00ed que, despois de pasar polo ba\u00f1o e levar auga da billa \u00e1 cara, que m\u00e1is ca estarricalo o que lle fixo foi engru\u00f1alo a\u00ednda un pouco m\u00e1is, do quente que sa\u00eda, botouse ao cami\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>Os paxari\u00f1os, agora cantaban alegremente, mestur\u00e1ndose os seus cantos, que tan ben co\u00f1ec\u00eda. Gorri\u00f3ns, paporroibos, merlos, mesmo alg\u00fan x\u00edlgaro amenizaban o paseo, ao que se sumaba o mon\u00f3tono son dos cantareiros grilos agochados nas silveiras. A\u00ednda ben non levaba cen metros, comezou a sentir unha forte opresi\u00f3n no peito, e iso que agora tocaba baixar. Pode que te\u00f1a que chamar ao fillo, non sei se serei quen de rematar o percorrido, pensou, e mentres dic\u00eda isto, levou a man dereita ao bolso do pantal\u00f3n por ver se ti\u00f1a o m\u00f3bil. Al\u00ed estaba o vello aparello, de m\u00e1is de dez anos, que s\u00f3 utilizaba para facer chamadas. Eu desas trapalladas de Internet, guasaps, feisbu, non quero saber nada, son inventos do demo, opinaba.<\/p>\n\n\n\n<p>A duras penas conseguiu chegar ao Pol\u00edgono Industrial e al\u00ed, nun banco, sentou a descansar. Ao intre veulle \u00e1 mente a s\u00faa aldea, na que agora xa s\u00f3 quedaba o Federico e a Josefa, pero que cando el era neno e mozo, estaban habitadas todas as casas, unha ducia delas con preto de cen veci\u00f1os. El e Manuela, a muller, vi\u00f1eran hab\u00eda uns quince anos, despois de xubilarse, para a vila, \u00e1 casa do fillo. O ano pasado por estas datas morrera Nola, as\u00ed a chamaba; un d\u00eda sentiuse mal e en menos dunha semana, al\u00e1 se foi. Custoulle tempo superalo e a\u00ednda hoxe non levaba ben\u00a0a s\u00faa morte.<\/p>\n\n\n\n<p>Coma nun filme, empezou a pasar a s\u00faa infancia por diante dos seus ollos: el cos seus pais axudando na sega, na malla (era unha das tarefas que m\u00e1is lle gustaban, xunt\u00e1base toda a vila, era coma unha festa), nas patacas, alindando as vacas, na souta, na matanza&#8230; \u00a0A escola e aquel mestre, do que prefire esquecer o nome, que o \u00fanico que lles daba eran paus por calquera motivo, obrig\u00e1ndoos a rezar, a cantar \u00a0\u201cEl Cara al Sol\u201d ou \u201cPrietas las filas\u201d e a beber aquel leite en po, que non hab\u00eda quen o tragase. Despois vi\u00f1era outro mestre, D. Anselmo; ese si era bo. Rara vez lles tocaba, ti\u00f1a que ser por un motivo moi grave. Rezaban o m\u00ednimo, coma por compromiso, e contadas veces cantaban himnos patriotas, ag\u00e1s que vi\u00f1ese o inspector. Para cando hab\u00eda visita de Inspecci\u00f3n, t\u00ed\u00f1aos ben adestrados para contestarlle o que o funcionario quer\u00eda escoitar. A D. Anselmo o \u00fanico que lle preocupaba era que aprendesen a ler e escribir, facer ben as contas e os problemas e que pensasen por eles. Todo o que sab\u00eda era grazas a este mestre, a quen lle estaba moi agradecido, ao igual que os seus compa\u00f1eiros.<\/p>\n\n\n\n<p>Roberto cada vez se atopaba peor, comezou a sentir unha dor na perna esquerda, pero non lle deu importancia, e seguiu enfrascado nas s\u00faas lembranzas. Agora v\u00edase a car\u00f3n do r\u00edo a onde \u00a0\u00eda, na compa\u00f1a dos amigos nunha tarde calorosa de agosto: os salt\u00f3ns brincando polo prado, os cabali\u00f1os do demo zumbando augas abaixo, o canto das lavandeiras&#8230; Que ben o ti\u00f1an pasado! E, de pronto, viuse mozo, de merenda na romar\u00eda do Carme (cando se lle declarou a Manuela), o d\u00eda da voda, a noite en que naceu a s\u00faa filla sen axuda de ningu\u00e9n (cando chegou a comadroa, preto das catro da ma\u00f1\u00e1, xa nacera Elena), o nacemento do seu fillo Nicol\u00e1s, co que agora viv\u00eda&#8230; A dor da perna, de s\u00fapeto, pasou ao brazo, unha dor insoportable. Quixo berrar para pedir axuda pero non puido, acabou por caer do banco no chan. Todo o que vi\u00f1a de lembrar e outros momentos da s\u00faa vida volveron pasar pola s\u00faa mente, apenas uns segundos, e ficou completamente r\u00edxido, cos ollos abertos coma mirando ao infinito.<\/p>\n\n\n\n<p>Al\u00ed estivo, uns quince minutos, ata que chegou por al\u00ed Petra e o seu neto e atop\u00e1rono. Un infarto acabara coa s\u00faa vida, un ano e dous d\u00edas ap\u00f3s a morte de Nola.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\"><em>Suso de Lameli\u00f1a<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a TODA UNHA VIDA NUNS SEGUNDOS Ao final descargou e menos mal, pensou Roberto, mentres se ergu\u00eda da cama onde levaba media tarde [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,975,1205],"class_list":["post-10323","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-suso-de-lamelina","tag-toda-unha-vida-nuns-segundos"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10323","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10323"}],"version-history":[{"count":10,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10323\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10336,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10323\/revisions\/10336"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10323"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10323"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10323"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}