{"id":10310,"date":"2022-06-15T18:39:55","date_gmt":"2022-06-15T17:39:55","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10310"},"modified":"2022-06-15T19:01:18","modified_gmt":"2022-06-15T18:01:18","slug":"presentacion-do-programa-completo-da-38a-edicion-da-mostra-internacional-de-teatro-de-ribadavia-2022","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10310","title":{"rendered":"Presentaci\u00f3n do programa completo da 38\u00aa edici\u00f3n da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2022"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-default is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/61CE3587-4188-41B4-B8D9-67F7D06104DD-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"646\" data-id=\"10313\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/61CE3587-4188-41B4-B8D9-67F7D06104DD-1024x646.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-10313\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/61CE3587-4188-41B4-B8D9-67F7D06104DD-980x619.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/61CE3587-4188-41B4-B8D9-67F7D06104DD-480x303.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/E278DAE4-5A49-45F1-B6D9-8DC6B29CDAA0-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"646\" data-id=\"10312\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/E278DAE4-5A49-45F1-B6D9-8DC6B29CDAA0-1024x646.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-10312\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/E278DAE4-5A49-45F1-B6D9-8DC6B29CDAA0-980x618.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/E278DAE4-5A49-45F1-B6D9-8DC6B29CDAA0-480x303.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Presentaci\u00f3n do programa completo da <a href=\"https:\/\/mitribadavia.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">38\u00aa edici\u00f3n da MIT RIBADAVIA 2022<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>Do 15 ao 24 de xullo, Ribadavia por\u00e1 no centro a escena m\u00e1is innovadora, con estreas de espect\u00e1culos multidisplinares e de gran formato no Castelo, \u00edntimos na Igrexa da Madalena e m\u00e1is festivos en sete diferentes localizaci\u00f3ns nas r\u00faas da fermosa paisaxe do Ribeiro.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Un coherente programa en dez d\u00edas, con tres coproduci\u00f3ns, 21 actuaci\u00f3ns, entre as que destacan a estrea e presentaci\u00f3n en Galicia do traballo de artistas internacionais de Per\u00fa, Portugal, M\u00e9xico ou Mozambique, como a prestixiosa directora Chela de Ferrari ou a compa\u00f1\u00eda portuguesa Nome Pr\u00f3prio (con Victor Hugo Pontes e Joana Craveiro).<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Por primeira vez en Galicia tam\u00e9n poderemos ter no festival da teatral vila de Ribadavia os catal\u00e1ns Xavier Bob\u00e9s e a compa\u00f1\u00eda La Cal\u00f2rica ou un dos espect\u00e1culos revelaci\u00f3n da temporada, La infamia, a partir das memorias da periodista mexicana Lydia Cacho, valente e comprometida activista que loitou contra a violaci\u00f3n dos Dereitos Humanos nun pa\u00eds onde exercer o xornalismo de investigaci\u00f3n e pelexar contra a corrupci\u00f3n sup\u00f3n unha actividade de alto risco.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>A edici\u00f3n de 2022, ademais de recuperaci\u00f3n da plena dimensi\u00f3n internacional, tam\u00e9n concede importancia \u00e1 dramaturxia galega actual, con traballos dos m\u00e1is destacados autores e autoras de teatro, coma Esther Carrodeguas ou Ernesto Is. Carrodeguas estrear\u00e1 unha conferencia-espect\u00e1culo a partir da t\u00e9trica historia de violencia contra as mulleres rapadas do franquismo e Ernesto Is ter\u00e1 protagonismo con dous espect\u00e1culos mais a presentaci\u00f3n dun libro, o Premio Abrente da pasada edici\u00f3n.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Resituar no centro o que tradicionalmente se deixou nas marxes, ese \u00e9 o reto da 38\u00aa edici\u00f3n da MIT, que re\u00fane un conxunto de espect\u00e1culos que abordan temas ou asuntos relacionados coa marxinaci\u00f3n, as s\u00faas causas e consecuencias. Un claro exemplo pode ser o espect\u00e1culo&nbsp;<em>MARGEM<\/em>, dos porttugueses Nome Pr\u00f3prio, un espect\u00e1culo protagonizado por adolescentes e inspirado nos nenos sen teito, no abandono que sofren os m\u00e1is vulnerables en San Salvador de Bah\u00eda, un impactante espect\u00e1culo que mestura m\u00fasica, memorias, experiencias, capoeira, acrobacia, f\u00fatbol, danzas urbanas&#8230; Un espect\u00e1culo que recibiu importantes reco\u00f1ecementos e premios na s\u00faa categor\u00eda en Portugal e est\u00e1 a percorrer os escenarios m\u00e1is importantes de Europa. Chega a Galicia da man da dramaturga Joana Craveiro e do prestixioso core\u00f3grafo Victor Hugo Pontes, inspirado tam\u00e9n na novela&nbsp;<em>Capit\u00e3es de Areia<\/em>, de Jorge Amado.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta mestura de m\u00fasica, danza, palabra e imaxe non ser\u00e1 o \u00fanico espect\u00e1culo destas caracter\u00edsticas da MIT 2022. Se&nbsp;<em>Margem<\/em>&nbsp;conta con 12 int\u00e9rpretes en escena, non \u00e9 menos numeroso o espect\u00e1culo galego&nbsp;<em>Demente<\/em>, que aborda as enfermidades mentais dende a fusi\u00f3n de m\u00fasica, canto (con Aida Tarr\u00edo de Tanxugueiras en escena) e un suxerente dese\u00f1o de indumentaria. A peza plasma<em class=\"\">&nbsp;unha realidade, un estigma, unhas patolox\u00edas que segundo a Organizaci\u00f3n Mundial da Sa\u00fade (OMS) sufriron, sofren ou sufrir\u00e1n nalg\u00fan momento das s\u00faas vidas unha de cada catro persoas. A reclusi\u00f3n pr\u00e1cticamente carceraria das persoas \u201cdementes\u201d en tempos pasados, os amoreamentos de persoas enfermas, as contenci\u00f3ns mec\u00e1nicas totais e parciais, as\u00ed como as contenci\u00f3ns qu\u00edmicas (antipsic\u00f3ticos e outros medicamentos), os suicidios (\u201cO tolo cando entraba no manicomio s\u00f3 lle quedaba esperar a morte.\u201d), a explotaci\u00f3n da enferma, \u201cos almac\u00e9ns de carne humana\u201d&#8230; \u00c9 necesaria a integraci\u00f3n na sociedade e a normalizaci\u00f3n como outro tipo de doenza, loitar contra o estigma. Estas e moitas outras cuesti\u00f3ns ser\u00e1n tratadas en escena. Como se dic\u00eda nunha carta dunha persoa \u201cdemente\u201d ao director do Manicomio de Conxo nos anos 40: \u201cno son los pobres locos reconocidos los que hacen da\u00f1o al planeta, sino los grandes locos por reconocer\u201d.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em class=\"\">Outro estigma \u00e9 o das persoas con S\u00edndrome de Down. Por iso abrimos cun gran espect\u00e1culo, versi\u00f3n libre de Hamlet que a directora peruana Chela de Ferrari realiza para ser protagonizado por persoas con S\u00edndrome de Down. Unha obra de alta beleza, onde as palabras de Shakespeare cobran un significado inaudito. Dende o humor, dende a emoci\u00f3n, dende a festa, a obra \u00e9 un tecido entre o texto do bardo ingl\u00e9s e a vida dos actores e toma como punto de partida a pregunta que nos formula fronte \u00e1 existencia. Ser ou non ser? Que implica ser para persoas que non encontran espazos onde se lles te\u00f1a en conta? Teatro La Plaza \u00e9 quizais o teatro m\u00e1is presixioso de Per\u00fa e chega por primeira vez a Galicia cun espect\u00e1culo que seguro ser\u00e1 unha experiencia memorable.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em class=\"\">Viaxamos de Per\u00fa a M\u00e9xico. No pa\u00eds m\u00e1is perigoso para ser periodista e activista, hai mulleres que se enfrontan ao crecente poder pol\u00edtico da delincuencia organizada. Unha delas \u00e9 Lydia Cacho, quen desaf\u00eda a pol\u00edticos, mafiosos, pederastas e feminicidas. Esta funci\u00f3n est\u00e1 baseada na s\u00faa biograf\u00eda,&nbsp;<\/em><em class=\"\">Memorias dunha infamia<\/em><em class=\"\">, onde se retrata o&nbsp;<\/em><em class=\"\">modus operandi<\/em><em class=\"\">&nbsp;dun goberno c\u00f3mplice da corrupci\u00f3n e a violencia, ademais do valente testemu\u00f1o de mulleres e nenas do seu pa\u00eds. Un espect\u00e1culo inmersivo, do denominado x\u00e9nero de teatro&nbsp;<\/em><em class=\"\">verbatim<\/em><em class=\"\">, teatro documento con impactante linguaxe audiovisual que pon no centro a unha hero\u00edna contempor\u00e1nea exiliada en Espa\u00f1a, \u00e1 que o Goberno lle concedeu recentemente a nacionalidade para acollela como refuxio ante o serio perigo que corr\u00eda esta periodista de investigaci\u00f3n que destapou historias de corrupci\u00f3n do seu pa\u00eds e polo que foi distinguida co Premio Harold Pinter for International Writer Courage no Reino Unido. Desafiou e denunciou a mafiosos, pol\u00edticos e multimillonarios que abusaron do seu poder. Agora a s\u00faa historia atrapa a mirada do mundo, tam\u00e9n cun espect\u00e1culo maxistral.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em class=\"\">O teatro de obxectos ter\u00e1 moita importancia, ademais da danza, do teatro de do circo. Teatro de obxectos e formas animadas para adultos, para historias po\u00e9ticas, de grande beleza e emoci\u00f3n coma as que nos traen Xavier Bob\u00e9s e Alberto Conejero ou a compa\u00f1\u00eda El Patio, Premio Ojo Cr\u00edtico de RNE da pasada edici\u00f3n, na modalidade de Artes Esc\u00e9nicas.&nbsp;<\/em><em class=\"\">El Mar: visi\u00f3n de unos ni\u00f1os que no lo han visto nunca<\/em><em class=\"\">, \u00e9 a historia dunha promesa que non se puido cumprir, a que fixo un mestre aos seus alumnos. O mestre era Antoni Benaiges. Os alumnos eran os nenos e nenas da escola rural de Ba\u00f1uelos de Bureba, unha aldea da provincia de Burgos. A promesa f\u00edxoa un d\u00eda de inverno de 1936.&nbsp;&nbsp;Prometeulles o mar. Un gran texto do dramaturgo Alberto Conejero. Ademais do espect\u00e1culo, Xavier Bob\u00e9s ofrecer\u00e1 un curso-obradoiro os d\u00edas 19 e 20 de xullo na Casa da Cultura de Ribadavia, en colaboraci\u00f3n con AISGE e a AAAG. Pola s\u00faa parte, El Patio, presenta&nbsp;<\/em><em class=\"\">Conservando memoria<\/em><em class=\"\">&nbsp;na Igrexa da Madalena, como homenaxe a todos os av\u00f3s. Do mesmo xeito,&nbsp;<\/em><em class=\"\">AMA<\/em><em class=\"\">, da compa\u00f1\u00eda vasca que nos encandilara hai uns anos con&nbsp;<\/em><em class=\"\">Amour<\/em><em class=\"\">&nbsp;en Ribadavia. Esta \u00e9 unha peza que fala da fortaleza dunhas persoas fr\u00e1xiles e asustadas. \u00c9 un canto \u00e1 beleza \u00e9pica do coidado mutuo. Do coidado dos nosos anci\u00e1ns, eses que van morrendo pouco a pouco, levando con eles parte da nosa propia vida. D\u00faas pezas emotivas, sensibles e de gran beleza para rematar a MIT o 24 de xullo.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em class=\"\">A memoria est\u00e1 transversalmente presente en moitos espect\u00e1culos, pero quizais o m\u00e1is evidente \u00e9 o da revisi\u00f3n dende as preguntas e as respostas que demandan sobre o noso pasado as xeraci\u00f3ns m\u00e1is novas. Iso acontece con&nbsp;<\/em><em class=\"\">A l\u00faa vai encuberta<\/em><em class=\"\">, unha uni\u00f3n temporal de d\u00faas compa\u00f1\u00edas, A Quinta do Cuadrante e Incendiaria, coa que conseguiron o II Certame Manuel Mar\u00eda de Proxectos Teatrais e receptemente o Premio Mar\u00eda Casares \u00e1 mellor adaptaci\u00f3n. En&nbsp;<\/em><em class=\"\">A l\u00faa vai encuberta<\/em><em class=\"\">&nbsp;atoparemos un revisi\u00f3n humor\u00edstica e cr\u00edtica sobre un pasado e un momento de construci\u00f3n de so\u00f1os e frustraci\u00f3ns das bases da nosa cultura e da nosa pol\u00edtica. Manuel Mar\u00eda era un apaixonado por Ribadavia e pola Mostra e no marco desta edici\u00f3n anunciaranse novidades que refrendar\u00e1n un selo de compromiso con este autor relevante da nosa historia e do noso teatro.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em class=\"\">Ademais das novidades, das descubertas, de procurar ser punta de lanza, o festival tam\u00e9n quere acompa\u00f1ar e ofrecer unha continuidade da evoluci\u00f3n de artistas que se deron a co\u00f1ecer ao longo dos \u00faltimos anos na MIT, como a compa\u00f1\u00eda catal\u00e1 Jos\u00e9 y sus hermanas. Nesta ocasi\u00f3n chegan cun espect\u00e1culo redondo, punzante, coa estrutura dun produto audiovisual retro para falar da burbulla inmobiliaria, do turismo agresivo, da Espa\u00f1a do desenvolvemento econ\u00f3mico, da globalizaci\u00f3n. Con iron\u00eda e cr\u00edtica, como selo da casa desta nova compa\u00f1\u00eda, presentar\u00e1n<\/em><em class=\"\">&nbsp;Explore el jard\u00edn de los C\u00e1rpatos<\/em><em class=\"\">.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em class=\"\">Seguramente unha das grandes sorpresas desta edici\u00f3n vai ser descubrir a forza e solvencia da nova compa\u00f1\u00eda La Cal\u00f2rica, de Catalu\u00f1a. Chegan cunha versi\u00f3n de Arist\u00f3fanes,&nbsp;<\/em><em class=\"\">Las aves<\/em><em class=\"\">, unha farsa pol\u00edtica desternillante, como a definiu a cr\u00edtica. Un gran traballo de dramaturxia, de dominio da comedia, de direcci\u00f3n e de vestiario. Unha posta en escena fresca e irreverente para un p\u00fablico amplo que mestura ben os ingredientes que tam\u00e9n definen \u00e1 MIT, vangardista e popular, renovadora e exploradora.&nbsp;<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em class=\"\">Presentaci\u00f3ns de libros, foros despois de cada espect\u00e1culo, actividades de mediaci\u00f3n coma a terceira edici\u00f3n de \u201cA mi\u00f1a primeira MIT\u201d, O 1\u00ba Encontro interxeracional das Artes Esc\u00e9nicas de Galicia, as Residencias Art\u00edsticas de Pablo Lilienfeld e Federico Vladimir, prestixiosos artistas que est\u00e1n a desenvolver o proceso da s\u00faa peza \u201cM\u00f3nica\u201d entre Galicia e&nbsp;&nbsp;Bruxelas, converten a Ribadavia na capital por excelencia do teatro en Galicia.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em class=\"\">Memoria, humor, beleza onde nos dixeron que non a atopar\u00edamos, revelaci\u00f3n, escena h\u00edbrida, queer, interxeracional, iso \u00e9 o que gu\u00eda a MIT 2022.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>A reserva de abonos para todos os espect\u00e1culos do Castelo poder\u00e1 realizarse entre o d\u00eda 15 e o 30 de xu\u00f1o e a partir do 1 de xullo poderanse mercar as entradas de todos os espect\u00e1culos na p\u00e1xina web\u00a0<a href=\"http:\/\/www.ataquilla.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">www.ataquilla.com<\/a>\u00a0ou na propia oficina do festival, na entrada da Praza Maior de Ribadavia. O prezo var\u00eda entre os 5 e os 10 euros.<\/p>\n\n\n\n<p><em class=\"\">A MIT conta co apoio do INAEM-Ministerio de Cultura e Deporte, a AGADIC-Xunta de Galicia, a Deputaci\u00f3n de Ourense, diversos patrocinadores privados, o propio Concello de Ribadavia.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><strong>PROGRAMA 38\u00aa MIT RIBADAVIA 2022<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>15-24 XULLO&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>PreMIT, previas da MIT<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>D\u00eda 13 \/\/ M\u00c9RCORES<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>23:00&nbsp;\u2013 Auditorio \u201cRub\u00e9n Garc\u00eda\u201d do Castelo \u2013 Teatro do Vilar. Apoio ao teatro afeccionado de Ribadavia.<strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>D\u00eda 14 \/\/ XOVES<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>21:00&nbsp;\u2013 Sal\u00f3n de Actos da Casa do Concello \u2013 Presentaci\u00f3n do libro&nbsp;<em>Profetas<\/em>, de Ernesto Is (Premio Abrente 2021).<\/p>\n\n\n\n<p>22:00&nbsp;\u2013 Resoluci\u00f3n do 17\u00ba Premio Abrente.<strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>D\u00eda 15 \/\/ VENRES<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>20:30&nbsp;Inauguraci\u00f3n oficial da MIT 2022. Igrexa da Madalena. Concerto de Sheyla Patricia (Galicia).<\/p>\n\n\n\n<p>21:00&nbsp;Entrega do Premio de Honra \u201cRoberto Vidal Bola\u00f1o\u201d ao m\u00e9rito nas artes esc\u00e9nicas e do Premio Abrente de Textos Teatrais 2022.<\/p>\n\n\n\n<p>23:00&nbsp;\u2013 Auditorio \u201cRub\u00e9n Garc\u00eda\u201d do Castelo \u2013&nbsp;<em>Hamlet<\/em>&nbsp;\u2013 Teatro La Plaza&nbsp;&nbsp;\u2013 Per\u00fa.<\/p>\n\n\n\n<p>00:30&nbsp;\u2013 Foros MIT. Coloquio con Chela de Ferrari, directora. Patio de Turismo. Museo Sefard\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>D\u00eda 16 \/\/ S\u00c1BADO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>20:00&nbsp;&nbsp;\u2013 Igrexa da Madalena \u2013&nbsp;<em>M\u00f3nica<\/em>&nbsp;\u2013 Federico Vladimir e Pablo Lilienfield \u2013 Galicia. Residencias Para\u00edso.<\/p>\n\n\n\n<p>21:00&nbsp;\u2013&nbsp;&nbsp;Alameda (Ruadavia) \u2013&nbsp;<em>Sof\u00e1<\/em>&nbsp;\u2013&nbsp;&nbsp;Marta Alonso Tejada, en coproduci\u00f3n coa MIT de Ribadavia \u2013 Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>23:00&nbsp;\u2013 Auditorio \u201cRub\u00e9n Garc\u00eda\u201d do Castelo \u2013&nbsp;<em>Las aves&nbsp;<\/em>\u2013 La Cal\u00f2rica \u2013 Catalu\u00f1a.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>00:30&nbsp;\u2013 Foros MIT. Coloquio con Joan Yago, dramaturgo. Patio de Turismo.&nbsp;Museo Sefard\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>D\u00eda 17 \/\/ DOMINGO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>20:30&nbsp;\u2013&nbsp;Igrexa da Madalena \u2013&nbsp;<em>Rapadas<\/em>&nbsp;\u2013 Esther Carrodeguas \u2013 Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>23:00&nbsp;\u2013 Auditorio \u201cRub\u00e9n Garc\u00eda\u201d do Castelo \u2013&nbsp;<em>La infamia&nbsp;<\/em>\u2013 Teatro Espa\u00f1ol e Producciones Come y Calla \u2013 Madrid.<\/p>\n\n\n\n<p>00:30&nbsp;\u2013 Foros MIT. Coloquio con Jos\u00e9 Martret, director. Patio de Turismo. Museo Sefard\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>D\u00eda 18 \/\/ LUNS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>20:30&nbsp;\u2013 Sampaio \u2013&nbsp;<em>Arte sen gui\u00f3n<\/em>&nbsp;\u2013 Galeatro \u2013 Galicia.&nbsp;&nbsp;(Programa SputMIT \u2013 sat\u00e9lites da MIT).<\/p>\n\n\n\n<p>23:00&nbsp;\u2013 Auditorio \u201cRub\u00e9n Garc\u00eda\u201d do Castelo \u2013&nbsp;<em>Demente&nbsp;<\/em>\u2013 C\u00eda. Fran Sieira \u2013 Galicia.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>00:30&nbsp;\u2013 Foros MIT. Coloquio coa compa\u00f1\u00eda. Patio de Turismo.Museo Sefard\u00ed.<strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>D\u00eda 19 \/\/ MARTES<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>20:30&nbsp;\u2013 A Franqueir\u00e1n \u2013&nbsp;<em>Arte sen gui\u00f3n<\/em>&nbsp;\u2013 Galeatro \u2013 Galicia.&nbsp;&nbsp;(Programa SputMIT \u2013 sat\u00e9lites da MIT).<\/p>\n\n\n\n<p>23:00&nbsp;\u2013 Auditorio \u201cRub\u00e9n Garc\u00eda\u201d do Castelo \u2013&nbsp;<em>Margem<\/em>&nbsp;\u2013&nbsp;Nome Pr\u00f3prio&nbsp;\u2013 Portugal.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>00:30&nbsp;\u2013 Foros MIT. Coloquio con Joana Craveiro e Victor Hugo Pontes. Patio de Turismo. Museo Sefard\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>D\u00eda 20 \/\/ M\u00c9RCORES<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>20:30&nbsp;\u2013 Francelos \u2013&nbsp;<em>POI<\/em>&nbsp;\u2013 D&#8217;Es Tro \u2013 Illas Baleares. (Programa SputMIT \u2013 sat\u00e9lites da MIT).<\/p>\n\n\n\n<p>23:00&nbsp;\u2013 Auditorio \u201cRub\u00e9n Garc\u00eda\u201d do Castelo \u2013&nbsp;<em>Explore el jard\u00edn de los C\u00e1rpatos<\/em>&nbsp;\u2013 Jos\u00e9 y sus hermanas \u2013 Catalu\u00f1a.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>00:30&nbsp;\u2013 Foros MIT. Coloquio coa compa\u00f1\u00eda. Patio de Turismo. Museo Sefard\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>D\u00eda 21 \/\/ XOVES<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>20:00&nbsp;\u2013 Igrexa da Madalena \u2013&nbsp;<em>Relato para un incendio<\/em>&nbsp;\u2013 A Antena, en coproduci\u00f3n co CDG e a MIT \u2013 Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>21:30&nbsp;\u2013 San Cristovo \u2013&nbsp;<em>Meeting Point<\/em>&nbsp;\u2013 Ertza \u2013 Pa\u00eds Vasco. (Programa SputMIT \u2013 sat\u00e9lites da MIT).<\/p>\n\n\n\n<p>23:00&nbsp;\u2013Auditorio \u201cRub\u00e9n Garc\u00eda\u201d do Castelo \u2013&nbsp;<em>El mar: visi\u00f3n de unos ni\u00f1os que no lo han visto nunca&nbsp;<\/em>\u2013 TNC, Xavier Bob\u00e9s e FITT de Tarragona&nbsp;\u2013 Catalu\u00f1a.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>00:30&nbsp;\u2013 Foros MIT. Coloquio con Xavier Bob\u00e9s e Alberto Conejero. Patio de Turismo. Museo Sefard\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>D\u00eda 22 \/\/ VENRES<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>20.00 \u2013 Auditorio \u201cManuel Mar\u00eda\u201d da Casa da Cultura. Presentaci\u00f3n do libro&nbsp;<em>A l\u00faa vai encuberta<\/em>, de Manuel Mar\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>21:30&nbsp;\u2013 Santo Andr\u00e9&nbsp;\u2013&nbsp;<em>O tempo diz<\/em>&nbsp;\u2013 Ertza \u2013 Pa\u00eds Vasco e Mozambique.&nbsp;&nbsp;(Programa SputMIT \u2013 sat\u00e9lites da MIT).&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>23:00&nbsp;\u2013&nbsp;&nbsp;Auditorio \u201cRub\u00e9n Garc\u00eda\u201d do Castelo \u2013&nbsp;<em>A l\u00faa vai encuberta<\/em>&nbsp;\u2013 Incendiaria e A Quinta do Cuadrante \u2013 Galicia.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>00:30&nbsp;\u2013 Foros da MIT. Coloquio con Vanesa Sotelo e Tito Asorey.&nbsp;Patio de Turismo. Museo Sefard\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>D\u00eda 23 \/\/ S\u00c1BADO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>13:00&nbsp;\u2013 Igrexa da Madalena. Presentaci\u00f3n do libro&nbsp;<em>O p\u00e9ndulo<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p>20:30&nbsp;\u2013 Alameda (Ruadavia) \u2013&nbsp;<em>Quixote<\/em>&nbsp;\u2013 Pedras de cart\u00f3n \u2013 Galicia.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>23:00&nbsp;\u2013&nbsp;&nbsp;Auditorio \u201cRub\u00e9n Garc\u00eda\u201d do Castelo \u2013&nbsp;<em>O p\u00e9ndulo&nbsp;<\/em>\u2013 Inversa Teatro, en coproduci\u00f3n co CDG, a MIT de Ribadavia e a Deputaci\u00f3n de Pontevedra \u2013 Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>00:30&nbsp;\u2013 Foros da MIT. Coloquio con Marta P\u00e9rez e Ernesto Is. Museo Sefard\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>D\u00eda 24 \/\/ DOMINGO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>19:30&nbsp;\u2013 Museo Etnol\u00f3xico \u2013 1\u00ba Encontro Interxeracional das Artes Esc\u00e9nicas de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>21:00&nbsp;\u2013&nbsp;&nbsp;Igrexa da Madalena \u2013&nbsp;<em>Conservando memoria<\/em>&nbsp;\u2013 El Patio \u2013 La Rioja.<\/p>\n\n\n\n<p>23:00&nbsp;\u2013 Auditorio \u201cRub\u00e9n Garc\u00eda\u201d do Castelo&nbsp;\u2013&nbsp;<em>AMA&nbsp;<\/em>\u2013&nbsp;C\u00eda. Marie de Jongh&nbsp;\u2013&nbsp;Pa\u00eds Vasco.<\/p>\n\n\n\n<p>00:30&nbsp;\u2013 Foros MIT. Coloquio coa compa\u00f1\u00eda. Patio de Turismo. Museo Sefard\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/NOTA-DE-PRENSA-presentacion-programa-38MIT-2022.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">NOTA-DE-PRENSA-presentacion-programa-38MIT-2022<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Presentaci\u00f3n do programa completo da 38\u00aa edici\u00f3n da MIT RIBADAVIA 2022 Do 15 ao 24 de xullo, Ribadavia por\u00e1 no centro a escena m\u00e1is innovadora, con estreas de espect\u00e1culos multidisplinares [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,57,1],"tags":[1204],"class_list":["post-10310","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-38a-edicion-da-mit-ribadavia-2022"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10310","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10310"}],"version-history":[{"count":6,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10310\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10322,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10310\/revisions\/10322"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10310"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10310"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10310"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}