{"id":10299,"date":"2022-06-15T18:12:36","date_gmt":"2022-06-15T17:12:36","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10299"},"modified":"2022-06-15T18:13:55","modified_gmt":"2022-06-15T17:13:55","slug":"presentacion-do-x-festival-atlantica","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10299","title":{"rendered":"Presentaci\u00f3n do X Festival Atl\u00e1ntica"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/B22ECC34-2F0C-48AF-A2ED-D3C0D568A0BB.png\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/B22ECC34-2F0C-48AF-A2ED-D3C0D568A0BB-724x1024.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-10301\" width=\"688\" height=\"973\"\/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><strong>O FESTIVAL ATL\u00c1NTICA CELEBRA DEZ ANOS CONSOLID\u00c1NDOSE COMO UN REFERENTE DOS ENCONTROS DE NARRACI\u00d3N ORAL NACIONAIS E LUS\u00d3FONOS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>\u00b7&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;<strong>Entre o 30 de xu\u00f1o e o 9 de xullo, Atl\u00e1ntica levar\u00e1 os contos de 42 artistas a 24 concellos repartidos polas catro provincias galegas<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>\u00b7&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;<strong>Ser\u00e1 un total de 94 funci\u00f3ns de narradores de Colombia, Brasil, Arxentina, Portugal, Marrocos, Zamora, Pa\u00eds Vasco, Valencia e Galicia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>\u00b7&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;<strong>Practicamente todos os espect\u00e1culos ser\u00e1n ao aire libre, moitos deles en espazos de gran valor patrimonial e natural<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-default is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/37BF717D-2A99-42DE-A142-D6F9FF1CB9A2.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"682\" data-id=\"10304\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/37BF717D-2A99-42DE-A142-D6F9FF1CB9A2-1024x682.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-10304\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/37BF717D-2A99-42DE-A142-D6F9FF1CB9A2-980x653.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/37BF717D-2A99-42DE-A142-D6F9FF1CB9A2-480x320.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/4BB69914-9E6D-4B28-A284-80AA6F0C0F1B.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"700\" data-id=\"10302\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/4BB69914-9E6D-4B28-A284-80AA6F0C0F1B-1024x700.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-10302\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/4BB69914-9E6D-4B28-A284-80AA6F0C0F1B-980x670.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/4BB69914-9E6D-4B28-A284-80AA6F0C0F1B-480x328.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/3216F9AE-E829-4CA3-9CF3-4DDDFFB66515.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"682\" data-id=\"10303\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/3216F9AE-E829-4CA3-9CF3-4DDDFFB66515-1024x682.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-10303\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/3216F9AE-E829-4CA3-9CF3-4DDDFFB66515-980x653.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/3216F9AE-E829-4CA3-9CF3-4DDDFFB66515-480x320.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p>O <a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/festivalatlantica.gal\/\" target=\"_blank\">Festival Atl\u00e1ntica<\/a> v\u00e9n de anunciar este m\u00e9rcores o programa completo da s\u00faa d\u00e9cima edici\u00f3n, que se vai celebrar entre o 30 de xu\u00f1o e o 9 de xullo. A presentaci\u00f3n tivo lugar nunha rolda de prensa na que participaron\u00a0<strong>Anxo Lorenzo<\/strong>, secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia;\u00a0<strong>Xurxo Couto<\/strong>, deputado de Cultura da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a,\u00a0<strong>Mercedes Ros\u00f3n<\/strong>, concelleira de Acci\u00f3n Cultural do Santiago de Compostela; e\u00a0<strong>Soledad Felloza<\/strong>, directora de Atl\u00e1ntica. Ademais, tam\u00e9n acudiron ao acto numerosos representantes de concellos, asociaci\u00f3ns e colectivos colaboradores do festival.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Felloza<\/strong>&nbsp;manifestou a s\u00faa ledicia polo d\u00e9cimo aniversario do festival e salientou que \u201cen estes anos non se acomodou e segue a apostar pola innovaci\u00f3n e a hibridaci\u00f3n de formatos e a fusi\u00f3n con outras disciplinas\u201d pero sen esquecer un dos seus principais obxectivos \u201cfacer falar o noso territorio, o noso patrimonio material, nun di\u00e1logo co patrimonio inmaterial das historias\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Pola s\u00faa banda,&nbsp;<strong>Xurxo Couto<\/strong>&nbsp;aproveitou a s\u00faa quenda para \u201cpo\u00f1er o valor o traballo da organizaci\u00f3n do festival co asociacionismo local\u201d e o seu esforzo \u201cpola dignificaci\u00f3n profesional so sector que se dedica \u00e1 narraci\u00f3n oral\u201d. No que respecta a&nbsp;<strong>Mercedes Ros\u00f3n<\/strong>, subli\u00f1ou a \u201ccalidade mai\u00fascula\u201d do programa de Atl\u00e1ntica e a profusi\u00f3n de actividades que acoller\u00e1 Santiago, \u201csede primixenia\u201d do encontro.<\/p>\n\n\n\n<p>Na s\u00faa intervenci\u00f3n&nbsp;<strong>Anxo Lorenzo<\/strong>&nbsp;reafirmou o compromiso do Goberno galego con este festival, \u201cun dos m\u00e1is importantes da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica e referente da lusofon\u00eda neste eido\u201d, pola s\u00faa \u201ccontribuci\u00f3n ao intercambio entre os pobos e \u00e1 descentralizaci\u00f3n da oferta cultural, cun calendario de actuaci\u00f3ns nunha vintena de concellos de todo o territorio galego\u201d, indicou.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Intenso programa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>M\u00e1is corenta artistas actuar\u00e1n nas 94 funci\u00f3ns previstas nos 24 concellos repartidos nas catro provincias galegas. O Festival Atl\u00e1ntica, que celebra dez anos ininterrompidos de actividade malia a pandemia, vaise desenvolver de novo no ver\u00e1n, con boa parte dos espect\u00e1culos ao aire libre e en espazos de gran valor patrimonial.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao longo destes d\u00edas xuntaranse en Atl\u00e1ntica artistas internacionais como Carolina Rueda (Colombia), Vitoria Siedlecki (Arxentina), Claudia Fonseca (Brasil), Sofia Maul (Portugal), V\u00edtor Fernandes (Portugal) ou Estef\u00e2nia Surreira (Portugal), pero non faltar\u00e1n voces nacionais como as de Virginia Imaz (Pa\u00eds Vasco), F\u00e9lix Albo (Valencia) ou Jos\u00e9 Luis Gui\u00e9rrez \u2018Guti\u2019 (Zamora). O programa compl\u00e9tase cunha nutrida n\u00f3mina de contadores galegos en consonancia co arraigamento que a tradici\u00f3n oral ten no pa\u00eds: Quico Cadaval, Celso Fern\u00e1ndez Sanmart\u00edn, Paula Carballeira, Santi Prego, Avelino Gonz\u00e1lez, Lois P\u00e9rez ou Mar\u00eda da Pontragha, son alg\u00fans dos participantes da d\u00e9cima edici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Atl\u00e1ntica repite este ano a f\u00f3rmula estival que tan boa acollida tivo o pasado ano as\u00ed que os contos do festival volver\u00e1n escoitarse en lugares emblem\u00e1ticos do patrimonio galego, moitos deles declarados Ben de Interese Cultural. Entre os escenarios de Atl\u00e1ntica figurar\u00e1n, entre outros, a Torre do Allo en Zas, o Castelo de Castrodouro en Alfoz, o Centro de Interpretaci\u00f3n de Cadoval, en Mugardos, o Parque Arqueol\u00f3xico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, o Castro de Castroland\u00edn, en Cuntis, ou o h\u00f3rreo de Carnota, o m\u00e1is longo de Galicia. Pero Atl\u00e1ntica non esquece os lugares tradicionais de traballo e tan vinculados aos contos como as eiras de Traxeito e de Beixo en Dodro ou os lavadoiros premiados de Penisqueira e Artes en Ribeira.<\/p>\n\n\n\n<p>Os espect\u00e1culos tam\u00e9n ter\u00e1n lugar en zonas naturais como praias, carballeiras ou fragas aut\u00f3ctonas poboadas de petr\u00f3glifos. Entre as novidades desta edici\u00f3n figura unha sesi\u00f3n de contos de Avelino Gonz\u00e1lez durante a subida ao monte Pindo, situado na Costa da Morte e considerado o Olimpo da mitolox\u00eda celta. Tam\u00e9n haber\u00e1 contos con Anxo Moure nas casas das \u00e1rbores en Chantada.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Festa rachada de contos e m\u00e1is<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Atl\u00e1ntica vai inaugurar oficialmente a s\u00faa d\u00e9cima edici\u00f3n cun encontro de dous grandes da narraci\u00f3n oral galega, Paula Carballeira e Quico Cadaval, no parque de Bonaval de Santiago. Esta f\u00f3rmula de duetos vaise repetir noutras xornadas do festival, combinando artistas de diferentes procedencias que compartir\u00e1n co p\u00fablico as s\u00faas historias e xeitos de contar.<\/p>\n\n\n\n<p>Haber\u00e1 funci\u00f3ns ao longo do d\u00eda e pensadas para todo tipo de p\u00fablico. As\u00ed, por exemplo, o parque de Bonaval ser\u00e1 a sede do \u2018Espazo beb\u00e9s\u2019 e tam\u00e9n est\u00e1 previsto un \u2018Espazo familias\u2019 que rotar\u00e1 por diversos puntos de Santiago e que chegar\u00e1 \u00e1s outras sedes.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, este ano ampl\u00edase o n\u00famero de funci\u00f3ns con&nbsp;<strong>interpretaci\u00f3n en lingua de signos<\/strong>&nbsp;e haber\u00e1 tam\u00e9n contos narrados en lingua de signos nun dos espect\u00e1culos m\u00e1is singulares desta edici\u00f3n: \u2018Contando polos dedos\u2019, con&nbsp;<strong>Quico Cadaval e Chusa P\u00e9rez de Vallejo<\/strong>&nbsp;nos xard\u00edns da Fundaci\u00f3n P\u00fablica Galega Camilo Jos\u00e9 Cela en Padr\u00f3n. Al\u00e9n diso, por primeira vez, vai actuar no festival un&nbsp;<strong>contador non vidente<\/strong>. Tr\u00e1tase de&nbsp;<strong>Francisco de Romualdo<\/strong>&nbsp;que, acompa\u00f1ado da zanfona, est\u00e1 a recuperar os cantares de cego de antano.<\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n regresan os&nbsp;<strong>itinerarios narrados<\/strong>&nbsp;que sempre esgotan as prazas ofertadas. Este ano o p\u00fablico poder\u00e1 revivir con Carme Varela as historias da s\u00faa obra \u2018As desterradas\u2019 e descubrir coa arque\u00f3loga Rebeca Santos os segredos que agochan as pedras de Santiago. Ademais, haber\u00e1 unha&nbsp;<strong>visita exclusiva<\/strong>&nbsp;\u00e1 exposici\u00f3n \u2018Santiago no tempo\u2019 na compa\u00f1\u00eda do seu comisario, Manuel Gago.<\/p>\n\n\n\n<p>A&nbsp;<strong>m\u00fasica<\/strong>&nbsp;volver\u00e1 \u00e1s r\u00faas de Santiago, nun convite aberto ao p\u00fablico que queira unirse \u00e1 festa. As\u00ed, este ano vaise retomar a colaboraci\u00f3n coa Banda Municipal de M\u00fasica de Santiago nunha \u2018Romar\u00eda\u2019 moi especial na que participa&nbsp;<strong>Celso Fern\u00e1ndez Sanmart\u00edn<\/strong>&nbsp;(30 de xu\u00f1o, Praza de Prater\u00edas), pero tam\u00e9n regresar\u00e1 a \u2018Gaitazumba\u2019 de&nbsp;<strong>Luis Prego<\/strong>&nbsp;e a m\u00fasica e os contos de das catro estaci\u00f3ns de Vivaldi grazas a&nbsp;<strong>ConcertArt<\/strong>&nbsp;(2 e 9 de xu\u00f1o, respectivamente, na Praza de Cervantes).E en harmon\u00eda co car\u00e1cter festivo desta edici\u00f3n, a m\u00fasica de&nbsp;<strong>Pakolas<\/strong>,&nbsp;<strong>Pablo D\u00edaz<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>Brais das Hortas<\/strong>&nbsp;tam\u00e9n estar\u00e1 presente noutras sedes.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un mar de contos<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ao longo destes dez anos de vida o Festival Atl\u00e1ntica foise consolidando como un dos eventos de narraci\u00f3n oral m\u00e1is senlleiros do panorama nacional e un referente dentro da lusofon\u00eda. Concibido coa vocaci\u00f3n de ser un encontro de voces e historias con perfil atlantista, cada ano re\u00fane en Galicia contadores de diferentes pa\u00edses unidos polo oc\u00e9ano Atl\u00e1ntico, a\u00ednda que paulatinamente f\u00f3ronse engadindo convidados doutras rexi\u00f3ns. Este ano, por exemplo, participa o valenciano F\u00e9lix Albo en representaci\u00f3n do Mediterr\u00e1neo.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha das caracter\u00edsticas do festival \u00e9 o seu esp\u00edrito de deslocalizaci\u00f3n en todos os sentidos. As\u00ed, no ano 2017 inaugurou o formato multisede que sacou as actuaci\u00f3ns de Santiago de Compostela e empezounas a repartir por todas as provincias galegas. Seguindo esta filosof\u00eda, nesta edici\u00f3n haber\u00e1 actuaci\u00f3ns nas localidades de Ferrol, Teo, Alfoz, Boiro, Cuntis, Dodro, Lal\u00edn, Mondo\u00f1edo, Mugardos, Pobra do Carami\u00f1al, Ribeira, Outes, Sanxenxo, Ourense, Pazos de Borb\u00e9n, Vigo, A Estrada, Campo Lameiro, Carnota, Chantada, Padr\u00f3n, Paderne e Zas, ademais de Santiago de Compostela.<\/p>\n\n\n\n<p>Este af\u00e1n de deslocalizaci\u00f3n \u00e9 tam\u00e9n o que impulsa \u00e1 organizaci\u00f3n do festival a programar en espazos diversos. As historias de Atl\u00e1ntica cont\u00e1ronse en bares, auditorios, parques, centros escolares, hospitais, barcos, castros, pazos, r\u00faas, cemiterios e mesmo peregrinando no Cami\u00f1o de Santiago. Outro dos trazos distintivos \u00e9 a s\u00faa diversidade de propostas: contos en lingua de signos, sesi\u00f3ns con cans, paseando pola cidade ou historias murmuradas ao o\u00eddo, entre outras.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Atl\u00e1ntica Mi\u00fada<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Previamente \u00e1 inauguraci\u00f3n oficial do 30 de xu\u00f1o, o festival Atl\u00e1ntica tam\u00e9n vai desenvolver un intenso programa concibido para o p\u00fablico infantil e que estar\u00e1 presente en centros de ensino e bibliotecas de Santiago, Vigo e Ames. Este ano tampouco faltar\u00e1 a colaboraci\u00f3n coa Aula de Pediatr\u00eda do Hospital Cl\u00ednico Universitario de Santiago (CHUS).<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/Dossier-Atlantica-2022.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">Dossier-Atlantica-2022<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O FESTIVAL ATL\u00c1NTICA CELEBRA DEZ ANOS CONSOLID\u00c1NDOSE COMO UN REFERENTE DOS ENCONTROS DE NARRACI\u00d3N ORAL NACIONAIS E LUS\u00d3FONOS \u00b7&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;Entre o 30 de xu\u00f1o e o 9 de xullo, Atl\u00e1ntica levar\u00e1 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,1],"tags":[1203],"class_list":["post-10299","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-xeral","tag-x-festival-atlantica"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10299","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10299"}],"version-history":[{"count":5,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10299\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10309,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10299\/revisions\/10309"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10299"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10299"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10299"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}