{"id":10177,"date":"2022-05-31T10:01:00","date_gmt":"2022-05-31T09:01:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10177"},"modified":"2022-05-30T22:12:28","modified_gmt":"2022-05-30T21:12:28","slug":"inventio-o-grande-espectaculo-galego-de-circo-danza-ilusionismo-e-musica-que-se-estrea-en-outono-activa-a-venda-de-entradas-para-pontevedra","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10177","title":{"rendered":"Inventio, o grande espect\u00e1culo galego\u00a0de circo, danza, ilusionismo e m\u00fasica que se estrea en outono, activa a venda de entradas para Pontevedra"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/EF1C8F1E-01B5-464C-9132-F06C6FB2FDC0.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"682\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/EF1C8F1E-01B5-464C-9132-F06C6FB2FDC0-1024x682.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-10178\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/EF1C8F1E-01B5-464C-9132-F06C6FB2FDC0-980x653.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/EF1C8F1E-01B5-464C-9132-F06C6FB2FDC0-480x320.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Os billetes para as cinco funci\u00f3ns que ter\u00e1n lugar os d\u00edas 11, 12 e\u00a013 de novembro\u00a0no Auditorio Sede Afundaci\u00f3n de Pontevedra est\u00e1n xa \u00e1 disposici\u00f3n do p\u00fablico en\u00a0<\/strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/www.inventio.gal\/\" target=\"_blank\">www.inventio.gal<\/a><strong>\u00a0cun prezo reducido, dun 30% de desconto, at\u00e9 o vindeiro 17 de xu\u00f1o<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Inventio<\/em>\u00a0\u00e9 unha creaci\u00f3n para p\u00fablico familiar chea de humor, misterio e fantas\u00eda; unha viaxe sensorial a un ritmo vertixinoso e con ecos de cinema futurista, que visitar\u00e1 15 escenarios de Galicia, Espa\u00f1a e Portugal de setembro de 2022 a xaneiro de 2023\u00a0<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p> As entradas para\u00a0<strong><em>Inventio<\/em><\/strong>, o novo espect\u00e1culo de gran formato con ilusionismo, danza, artes circenses e m\u00fasica inspirado no Cami\u00f1o de Santiago, xa est\u00e1n \u00e1 venda para as funci\u00f3ns de Pontevedra. O p\u00fablico pode adquirir os seus billetes, cun\u00a0prezo reducido, dun 30% de desconto, at\u00e9 o vindeiro 17 de xu\u00f1o, para as representaci\u00f3ns que ter\u00e1n lugar no Auditorio Sede Afundaci\u00f3n de\u00a0<strong>Pontevedra<\/strong>\u00a0os d\u00edas<strong>\u00a011, 12 e\u00a013 de novembro<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>Ilusionismo, levitaci\u00f3ns, equilibrios, malabares, n\u00fameros a\u00e9reos, animaci\u00f3n audiovisual, composici\u00f3ns de m\u00fasica tradicional galega fundidas con sons electr\u00f3nicos&#8230; Todo isto e moito m\u00e1is \u00e9&nbsp;<em>Inventio<\/em>, o espect\u00e1culo para p\u00fablico familiar que se poder\u00e1 ver durante&nbsp;<strong>cinco funci\u00f3ns no Auditorio Sede Afundaci\u00f3n&nbsp;<\/strong>de Pontevedrao vindeiro outono. Tr\u00e1tase dunha creaci\u00f3n que reborda humor, misterio e fantas\u00eda, na que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses; unha experiencia sensorial a un ritmo vertixinoso e con ecos do cinema futurista de Stanley Kubrick, Ridley Scott ou Denis Villeneuve, que non \u00e9 m\u00e1is ca &#8220;unha viaxe cara a todo iso que nos fai humanos: a nosa capacidade de sentir\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Cunha atmosfera m\u00e1xica e unha posta en escena vangardista,&nbsp;<em>Inventio<\/em>&nbsp;recupera a paisaxe, os costumes, a m\u00fasica, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espect\u00e1culo delicado e cegador, de busca e descubrimento.&nbsp;<em>Inventio<\/em>&nbsp;\u00e9 un cami\u00f1o de regreso \u00e1 sensibilidade a partir da tradici\u00f3n e a modernidade. Baixo a direcci\u00f3n creativa do mago Mart\u00edn Varela, tr\u00e1tase dunha iniciativa da promotora galega Thinking Up Events, Xunta de Galicia a trav\u00e9s do programa Xacobeo 21-22 e Fundaci\u00f3n \u201cla Caixa\u201d, co apoio de Sargadelos, que contar\u00e1 cunha xira que visitar\u00e1 15 escenarios de Galicia, Espa\u00f1a e Portugal entre os meses de setembro de 2022 e xaneiro de 2023.<\/p>\n\n\n\n<p>A estrea absoluta de\u00a0<em>Inventio\u00a0<\/em>ter\u00e1 lugar o\u00a030 de setembro\u00a0no Teatro Jofre de Ferrol e o espect\u00e1culo aterrar\u00e1 en Pontevedra na segunda fin de semana de novembro para ofrecer\u00a0cinco funci\u00f3ns. O venres 11 ter\u00e1 lugar o primeiro pase, \u00e1s 20.00 horas, mentres que o\u00a0s\u00e1bado 12 de novembro\u00a0haber\u00e1 unha dobre sesi\u00f3n \u00e1s 17.00 e \u00e1s 20.30 horas. Finalmente, o domingo 13 haber\u00e1, tam\u00e9n, outra dobre sesi\u00f3n, \u00e1s 12.00 e \u00e1s\u00a017.00h. Co gallo da activaci\u00f3n da venda de entradas, o p\u00fablico poder\u00e1 adquirir\u00a0at\u00e9 o vindeiro 17 de xu\u00f1o\u00a0os seus tickets cun prezo reducido,\u00a0cun desconto dun 30% sobre o prezo final. Neste per\u00edodo de venda, as entradas ir\u00e1n desde os 10,50\u20ac at\u00e9 os 17,50\u20ac en funci\u00f3n da situaci\u00f3n da butaca. Toda a informaci\u00f3n est\u00e1 dispo\u00f1ible no espazo web\u00a0<a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/www.inventio.gal\/\" target=\"_blank\">www.inventio.gal<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>A HISTORIA.<\/strong>\u00a0Ano 2094. O noso mundo \u00e9 branco, as\u00e9ptico, limpo, ordenado. O noso universo \u00e9 fr\u00edo e tan impersoal coma o quir\u00f3fano dun hospital. Deixamos de sentir e de comunicarnos. Aterramos no futuro, si, pero perdemos a memoria e a emoci\u00f3n. Galicia. \u00daltimo ano Xacobeo deste s\u00e9culo XXI. Unha\u00a0<em>troupe<\/em>\u00a0formada por un ilusionista, seis bailar\u00edns e sete artistas de circo comproban que xa non existe o Cami\u00f1o de Santiago, xa ningu\u00e9n o lembra. Non quedan peregrinos nin un cami\u00f1o que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a chuvia, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin rastro nin lembranza ningunha. Que era todo aquilo? Onde quedaron a viaxe, a busca e o descubrimento? Onde liscou a sensibilidade? Velaqu\u00ed as preguntas que van guiar a esa\u00a0<em>troupe<\/em>\u00a0circense, que teima nunha misi\u00f3n: reconstru\u00edr a s\u00faa identidade cultural. Sobre as t\u00e1boas, os artistas vense envoltos nunha aventura sen igual. O pasado t\u00f3caos maxicamente e unha forza sobrenatural transformaraos.<\/p>\n\n\n\n<p><em>Inventio<\/em>\u00a0nace co obxectivo de servir de veh\u00edculo de co\u00f1ecemento e divulgaci\u00f3n do Cami\u00f1o de Santiago e da cultura galega a trav\u00e9s dunha historia de buscas e encontros, apta para p\u00fablico familiar e adulto. Tr\u00e1tase dun espect\u00e1culo que dota o noso patrimonio cultural dun enorme poder simb\u00f3lico: tradici\u00f3ns nadas hai s\u00e9culos que perduran hoxe, e fano enriquecidas e felizmente contaminadas doutras manifestaci\u00f3ns art\u00edsticas, cunha ollada aberta que pon en valor o que nos constr\u00fae e o que nos une.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O EQUIPO.<\/strong>\u00a0Con direcci\u00f3n do novo ilusionista galego Mart\u00edn Varela e dramaturxia de Jos\u00e9 L. Prieto, o equipo creativo e art\u00edstico de\u00a0<em>Inventio<\/em>\u00a0est\u00e1 formado por m\u00e1is de 40 persoas, entre elas seis bailar\u00edns e sete artistas circenses e mais o propio Varela, que exercer\u00e1 de gu\u00eda do espect\u00e1culo. \u00c1 fronte da direcci\u00f3n art\u00edstica, Suso Montero, reco\u00f1ecido escen\u00f3grafo cunha dilatada traxectoria en teatro e televisi\u00f3n. Na direcci\u00f3n de maxia, dous destacados ilusionistas espa\u00f1ois -Fani Triana e Mart\u00edn Cami\u00f1a- e na de circo, Jorge Miquel, un estudoso cunha longa traxectoria na posta en marcha de proxectos circenses. Na direcci\u00f3n musical, Jos\u00e9 Trincado &#8216;Triki&#8217;, produtor e t\u00e9cnico que traballou con grupos como Milladoiro ou compa\u00f1\u00edas como a Fura dels Baus. \u00c1 fronte do ballet e as coreograf\u00edas, Mercedes Su\u00e1rez; Alberto Casas no dese\u00f1o de iluminaci\u00f3n e Conchi Silvent na direcci\u00f3n de vestiario.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/20220530-NP-Entradas-PONTEVEDRA.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">20220530-NP-Entradas-PONTEVEDRA<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os billetes para as cinco funci\u00f3ns que ter\u00e1n lugar os d\u00edas 11, 12 e\u00a013 de novembro\u00a0no Auditorio Sede Afundaci\u00f3n de Pontevedra est\u00e1n xa \u00e1 disposici\u00f3n do p\u00fablico en\u00a0www.inventio.gal\u00a0cun prezo reducido, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[],"class_list":["post-10177","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10177","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10177"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10177\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10183,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10177\/revisions\/10183"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10177"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10177"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10177"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}