{"id":10008,"date":"2022-05-14T00:28:05","date_gmt":"2022-05-13T23:28:05","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10008"},"modified":"2022-05-14T00:29:53","modified_gmt":"2022-05-13T23:29:53","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-sensombra","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=10008","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. SENSOMBRA"},"content":{"rendered":"\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignright size-full is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" width=\"352\" height=\"469\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w\" sizes=\"auto, (max-width: 352px) 100vw, 352px\" \/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:24px\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:22px\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:25px\"><strong>SENSOMBRA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p>Disque pouco antes de facer cinco anos perdeu a s\u00faa sombra. Un d\u00eda solleiro do mes de maio que o levaba seu pai collido da man ao colexio viu como s\u00f3 se reflect\u00eda no chan a sombra del e nada m\u00e1is. Ficou algo sorprendido pero nese intre non lle deu maior importancia. Pode que sexa debido \u00e1 inclinaci\u00f3n dos raios do sol, pensou. Mais ao sa\u00edr das aulas volveu pasar o mesmo. Nin pegada da sombra do meni\u00f1o. Preocupado, ao chegar \u00e1 casa comentouno coa nai. Como non vai ter sombra? Ti toleaches!, d\u00edxolle a muller, que collendo o neno da man sa\u00edu con el \u00e1 r\u00faa, onde puido comprobar que o seu home non se volvera tolo, que non ment\u00eda, xa que efectivamente o neno non ti\u00f1a sombra.<\/p>\n\n\n\n<p>De nada serviu ir a diferentes m\u00e9dicos, non houbo un que dese unha explicaci\u00f3n crible.&nbsp;Tampouco foron quen de atopar explicaci\u00f3n ao fen\u00f3meno, curandeiras e bruxos. Nunca se viran cun caso igual.&nbsp;Remataron por non darlle importancia pois o neno, polo demais, atop\u00e1base ben de sa\u00fade. S\u00f3 se queixaba de vez en cando de que lle faltaba algo.&nbsp;Os psic\u00f3logos opinaban que era m\u00e1is ben subxectivo, ao ver que non era coma os outros nenos, os cales ao saber da s\u00faa doenza, mof\u00e1banse del e comezaron a chamarlle, \u201cSensombra\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Xurxo, que as\u00ed se chamaba o rapaz sen sombra, foi medrando sen problemas, pero en chegando \u00e1 adolescencia e ao tempo do crecemento, o seu car\u00e1cter mudou completamente, e non s\u00f3 debido ao cambio hormonal. Consider\u00e1base diferente , e empezou a tratar os seus compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras coma seres inferiores, d\u00e1ndolle as costas a quen ata de agora foran as s\u00faas amizades. Comentaba que ti\u00f1a poderes sobrenaturais e que un d\u00eda destes, todas e todos se&nbsp;prostrar\u00edan de xeonllos diante del. Por suposto, ningu\u00e9n lle fac\u00eda caso, \u00e9 m\u00e1is, burl\u00e1banse del e trat\u00e1bano coma se fose un louco.<\/p>\n\n\n\n<p>Un d\u00eda, que unha compa\u00f1eira de aula veu cunha tremenda gripe, foi Xurxo e tocoulle a fronte. Ao momento desapareceulle a doenza. A noticia correu coma a p\u00f3lvora, e a xente comezou a falar de milagre. O tolo de Xurxo curoulle a gripe a Sof\u00eda, con s\u00f3 tocarlle na fronte, coment\u00e1base na aldea e bisbarra. E algo diso hab\u00eda, pois, a partir de ent\u00f3n,&nbsp;doente que tocaba Xurxo, doente que sandaba, &nbsp;e se non sandaba de todo melloraba ou lle prolongaba a vida, sempre cunha aceptable calidade; mesmo chegou a curar cancros agresivos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa fama chegou a todos os recunchos do mundo e viuse tan agoniado que un d\u00eda decidiu liscar e agocharse nos altos cumes do Courel, onde pasou preto de dez anos en absoluta soidade. Tempo suficiente para recuperar a sombra. Unha ma\u00f1\u00e1 ao erguerse, eran mediados de agosto, viu con sorpresa por primeira vez na s\u00faa vida, &nbsp;o seu corpo reflectido no chan. Cos brincos que pegou case chega dun chimpo ao r\u00edo Selmo. Por fin, el, que sandara a tanta xente, estaba curado e xa pod\u00eda comezar unha nova vida. Non agardou un segundo e baixou do monte a todo correr ata chegar a Ferramul\u00edn, a aldea da que se atopaba m\u00e1is preto naquel momento. Cando o viron chegar ningu\u00e9n o co\u00f1ec\u00eda do cambiado que estaba. Un veci\u00f1o, ao saber quen era, arrincou con el a Visu\u00f1a, a s\u00faa aldea natal. Familia e veci\u00f1anza non o pod\u00edan crer.&nbsp;Pero era certo, regresara Xurxo, &nbsp;e por riba con sombra.<\/p>\n\n\n\n<p>Medios de comunicaci\u00f3n de todo o mundo fix\u00e9ronse eco do suceso.&nbsp;Desta volta a noticia chegou aos o\u00eddos de Doyun Kyong, un prestixioso cient\u00edfico de Namyangju, cidade do norte de Corea do Sur. Nada m\u00e1is saber do caso, colleu un voo e presentouse &nbsp;aos dous d\u00edas en Visu\u00f1a na casa de Xurxo. O profesor Doyun si co\u00f1ec\u00eda un caso similar. Trat\u00e1base dunha muller filipina, Evelyn Panganiban , que durante dez anos careceu de sombra. Evelyn viviu na metade do s\u00e9culo XVIII, e, durante ese tempo que careceu de sombra, f\u00edxose famosa polas s\u00faas curaci\u00f3ns. &nbsp;Evelyn non foi quen de resistir a presi\u00f3n a que foi sometida, pero non optou pola fuga coma Xurxo, cortouse as veas e morreu desangrada. Non chegou por tanto a recuperar a sombra.<\/p>\n\n\n\n<p>Agora Xurxo at\u00f3pase en Seul, onde traballa o profesor coreano. A idea do citado cient\u00edfico \u00e9 ver se \u00e9 quen de explicar este raro fen\u00f3meno, analizando escrupulosamente o organismo do courel\u00e9s. Pode que alg\u00fan d\u00eda saibamos o misterio da perda e recuperaci\u00f3n da sombra por parte de certos humanos e a s\u00faa transformaci\u00f3n en milagrosos curandeiros. Mentres tanto non nos queda outra que agardar e procurar que non fiquen no esquecemento os casos de Evelyn e Xurxo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a SENSOMBRA Disque pouco antes de facer cinco anos perdeu a s\u00faa sombra. Un d\u00eda solleiro do mes de maio que o levaba [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,1147,975,993],"class_list":["post-10008","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-sensombra","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10008","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10008"}],"version-history":[{"count":11,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10008\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10024,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10008\/revisions\/10024"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10008"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10008"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10008"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}