‘O Orgullo do Norte’ coruñés estrea este xoves, a partir das 20.00 horas, o escenario dos Xardíns de Méndez Núñez cos sons urbanos, sentimentais e activistas de Jimena Amarillo, os himnos atemporais de Merche e o agardado pop latino, melódico e de vangarda de Nia
Ao cargo das pinchadas que animarán a apertura e a clausura da noite –ás 20.00 e ás 00.30 horas, respectivamente– estará DJ90 a golpe de grandes hits, música dance e moita frescura
O Atlantic Pride está impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coruña, o apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic
O Atlantic Pride estrea o escenario dos Xardíns de Méndez Núñez este xoves, 10 de xullo, a partir das 20.00 horas, da man de tres grandes voces femininas do pop español. Icona do pop lésbico, sentimental e urbano, Jimena Amarillo chega á cidade herculina ás 21.00 horas para facer bailar ao público ao son do seu romanticismo contemporáneo, que a artista serve sen rodeos e directo ao corazón.
Contra ás 00.00h, Merche poñerá a bailar ao público ao son de himnos pop como Abre tu mente ou No me pidas más amor. Antes, ás 22.45 horas, a gañadora de Operación Triunfo 2020, Nia, non defraudará aos seus fans co seu pop latino, xa sexa melódico ou de vangarda, para presentar os temas do seu álbum PALOSANTO.
Nesta quinta xornada do ‘Orgullo do Norte’ coruñés, as pinchadas para abrir e pechar a noite, ás 20.00h e ás 00.30 horas, correrán a cargo de DJ90, que poñerá ao público a bailar a golpe de grandes hits, música dance e moita frescura.
PROGRAMA ATLANTIC PRIDE 2025
Xoves, 10 de xullo
Xardíns de Méndez Núñez
20.00h. DJ90
21.00h. Jimena Amarillo
22.45h. Nia
00.00h. Merche
00.30h. DJ90
SOBRE AS ARTISTAS DO XOVES 10 DE XULLO NO ATLANTIC PRIDE 2025
Jimena Amarillo
Icona do pop lésbico, sentimental e urbano, Jimena Amarillo converteuse en referente da nova escena pop española dun xeito meteórico. As súas cancións –do mesmo xeito que os seus concertos– son unha amalgama de emocións e músicas do máis diversas, que sempre soan a Jimena Amarillo, cuns textos “marca da casa” que son puro realismo pop.
Ata o momento, publicou numerosos sinxelos e os discos Como decirte, mi amor (2021) e La pena no es cómoda (2023). Con este último, foi nomeada a mellor artista emerxente nos Premios de la Academia de la Música. Esta primavera de 2025 chega o seu terceiro disco e, tras el, o seu desembarco no Atlantic Pride da Coruña. O primeiro sinxelo deste novo traballo discográfico viu xa a luz. Trátase dunha canción da que a súa propia creadora di: “Flow deskiciada é o primeiro adianto dun disco no que, aparte de baladas e as miñas moñerías de sempre, fóiseme máis que nunca a cabeza e permitinme falar máis á lixeira, utilizando a xerga que máis me gusta e explorando outros camiños, meténdome máis de cheo no universo queer… por se non quedara claro que son lesbiana, pois o recordo aquí”.
Jimena Amarillo destaca na escena do novo pop español feito por debutantes autosuficientes e espontáneas que mesturan diferentes influencias e xéneros con naturalidade. A clave do seu éxito é a sinceridade; esa forma tan natural de contar as súas alegrías, penas e namoramentos e o sinxelo que resulta identificarse coas súas experiencias. Romanticismo sen rodeos e directo ao corazón. Por todo isto, a música erixiuse como toda unha icona da comunidade LGTBIQ+ e nomes como C. Tangana a sinalan como unha das artistas máis admiradas do momento.
Nia
Natural de Las Palmas de Gran Canaria, en 2020 preséntase a Operación Triunfo e convértese na gañadora. Despois lanza o seu primeiro EP, Cuídate, que conta con máis de oito millóns de escoitas en Spotify. Aválanlle colaboracións con artistas da talla de India Martínez, Blas Cantó, Edurne, Nino Vargas, Gente de Zona, Daniel Me estás Matando, Rocco Hunt, Lennis Rodríguez ou María Peláe; colaboracións que terminaron por asentar a proposta musical de Nia tanto nacional como internacionalmente.
Nia foi, ademais, a persoa máis votada polo público e a favorita por excelencia en Tu cara me suena, polas súas grandes interpretacións e espectaculares imitacións. Tamén participou en Dúos increíbles da man de Antonio Carmona. A carreira de Nia segue imparable e, grazas á súa talento multidisplinar, en 2022 foi a protagonista, xunto a Sebastian Yatra e Asier Etxeandia, da primeira serie musical de Netflix España, Érase unha vez… pero ya no.
En 2024 lanza o seu álbum debut PALOSANTO, que se converte rapidamente nun éxito de crítica e público, aguantando tres meses entre os discos máis vendidos do país e logrando nomeamentos a multitude de premios nacionais e internacionais.
A súa versión de Lágrimas negras, xunto á voz orixinal da lenda da música cubana Celia Cruz, lévana a cruzar o charco e converterse nunha das poucas españolas en cantar en formatos de renome internacional como Despierta América, en Estados Unidos.
Merche
Nada en Cádiz e ligada aos escenarios desde que era unha nena, Mercedes Trujillo Callealta, Merche, é unha das cantautoras máis coñecidas deste país, publicando 10 álbums inéditos ata a data.
Despois de conseguir numerosos éxitos ao longo da súa carreira con cancións como No me pidas más amor, Abre tu mente, Le deseo, Eras tú, Cal y arena, Si te marchas… entre outros, con seis discos de platino e catro de ouro, un nomeamento aos Grammys, numerosos premios recibidos ao longo dos seus 21 anos de carreira e os máis de 1.300 concertos dados por todo o país, a carreira de Merche converteuse nunha das máis consolidadas do panorama musical español.
Actualmente atópase promocionando o seu último single Soy superviviente, terceiro capítulo do seu novo proxecto Después de un tiempo, o seu novo proxecto, que consiste na publicación dunha serie de cancións inéditas baseadas nalgúns dos temas máis importantes da súa carreira e que contan como evolucionaron esas historias pasados os anos. Nesta ocasión esta historia é a continuación da historia da canción Abre tu mente.
GRANDES DIVAS DO POP, TALENTO GALEGO, ICONAS LGTBIQ+ e DRAGS NO ORGULLO DO NORTE
Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride celebrará a súa 6ª edición na Coruña do 6 ao 13 de xullo de 2025. Trátase dun festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva.
A cita, que na súa pasada edición reuniu a máis de 25.000 persoas, está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña. O Atlantic Pride conta, tamén, co patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic. O encontro nace no ano 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coruñesa dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBIQ+, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social e unha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular.
Neste 2025, o Atlantic Pride regresa como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, como referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comenzo do verán ao longo da Península e no que, un ano máis, se darán cita coloridas propostas para todos os públicos. Así, no Atlantic Pride non faltarán concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de djs de referencia da escena galega e a celebración do IV Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERuña, que na súa pasada edición rexistrou o seu récord de participación e que neste 2025 ten xa aberta a súa convocatoria para recibir relatos ata este sábado, 31 de maio.
Nesta 6ª edición, o Atlantic Pride contarña coa presencia de cinco grandes divas do pop español, Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encherán a cidade herculina de cor e diversión, cunhas voces que farán as delicias de diversas xeracións. Xunto a elas, a nova escena musical galega subirase un ano máis ao escenario do ‘Orgullo do Norte’ coruñés, da man de De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla.
A elas súmanse, tamén, catro grandes iconas da cultura e a música LGTBIQ+, como son Jimena Amarillo, Mayo e os dj’s Sofía Cristo e Cascales. Turista Sueca poñerá a súa boa dose de festa, petardeo e humor, mentres que aos pratos estarán, tamén, La Kristhofer, Kris K DJ, DJ90, DJ Licho, DJ Flashback, DJ Espinoso e DJ CÉS.
Ademais, o mellor talento drag queen estatal e galego, de Drag Race ao Claro Boba!, sumaranse este verán á festa do Atlantic Pride, que neste 2025 contará co maior elenco drag da súa historia. Así, polas táboas do ‘Orgullo do Norte’ desfilarán grandes iconas queer como Samantha Ballentines, Arantxa Castilla-La Mancha & OnyX Unleashed, Yasmine Lutar, Liteah, RRRITA, Escarlatina Pier, Ariel REC & Gaylicia y Kelly Amethyst. Finalmente, a xornada de clausura do Atlantic Pride será un auténtico revival eurovisivo coas voces de David Civera, Anabel Conde e Kuve.
En paralelo á programación deste Atlantic Pride 2025, o sábado 12 de xullo, o local Claro Boba! e o programa da TVG Raíña-me! Organizan a ‘Afterpartie Raíña-me!’, con entrada libre e actuacións de Alexa Evans, Marisa Prisa e Kim Miller a partir das 02.30h.
Desde este luns, 7 de xullo, e até o luns 21, no marco das Residencias Paraíso 2025, impulsadas polo Colectivo RPM, as creadoras traballan na Igrexa da Madalena, no marco do Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, na proposta Cerrados y dormidos los ojos bailan
Trátase dunha investigación que propón a construción do corpo imaxinario dunha non-bailarina posible, coa que buscan xerar unha conciencia sobre a mirada do público e a súa posición política diante dos discursos impresos no corpo en movemento
Unha vez finalizada a súa residencia, as artistas ofrecerán unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que terá lugar o domingo, 20 de xullo, contra ás 20.00h, na mesma MIT, na Igrexa da Madalena, con entrada libre ata completa a capacidade do espazo
Paralelamente, Natalia Fernandes e Marta Azparren participarán, xunto ao resto de ‘Artistas Paraíso 2025’, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que terá lugar os días 12, 13 e 14 de setembro na Illa de San Simón
Residencias Paraíso é un proxecto impulsado por RPM que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas institucións coprodutoras do programa: Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Corcubión, MIT (Concello de Ribadavia) e Fundación Cidade da Cultura de Galicia
As artistas Natalia Fernandes e Marta Azparren iniciaron esta mañá na Igrexa da Madalena, no marco da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a MIT, a súa andaina na novena edición das Residencias Paraíso. As Residencias Paraíso son un programa anual de residencias artísticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo Colectivo RPM. A MIT acolle, desde hoxe e até o luns, 21 de xullo, a quinta destas residencias artísticas de 2025, en torno á proposta das creadoras Natalia Fernandez e Marta Azparren que ten por título Cerrados y dormidos los ojos bailan.
Cerrados y dormidos los ojos bailan é un é un diálogo entre a Anatomía inventada de Natalia Fernandes e o Cine ciego de Marta Azparren, unha investigación que propón a construción do corpo imaxinario dunha non-bailarina posible, coa que as creadoras buscan xerar unha conciencia sobre a mirada do público e a súa posición política diante dos discursos impresos no corpo en movemento.
Unha vez finalizada a súa residencia artística, Natalia Fernandes e Marta Azparren ofrecerán unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que terá lugar na mesma Igrexa da Madalena de Ribadavia, no marco da celebración da MIT, o domingo, 20 de xullo, contra ás 21.00 horas, con entrada de balde ata completar a capacidade do espazo. Paralelamente, as creadoras participarán, xunto ao resto de ‘Artistas Paraíso 2025’, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que terá lugar os días 12, 13 e 14 de setembro na Illa de San Simón.
SOBRE O PROXECTO
Cerrados y dormidos los ojos bailan é un diálogo entre a Anatomía inventada de Natalia Fernandes e o Cine ciego de Marta Azparren.
Deste encontro, as dúas creadoras inician unha investigación que propón a construción do corpo imaxinario dunha non-bailarina posible (aquela que ocupa o negativo da bailarina), a creación colectiva da súa anatomía tan precisa como imposible e xerar unha conciencia sobre a mirada do público e a súa posición política diante dos discursos impresos no corpo en movemento.
Nun proceso que pensan sempre aberto, Marta e Natalia teñen o desexo, na súa estancia en Ribadavia, de revisitar o material teórico e escénico explorado deste primeiro encontro para seguir investigando e buscando as estratexias performativas de como traducir este diálogo co público co desexo de transformar e seguir bailando cos nosos ollos.
SOBRE AS ARTISTAS
Natalia Fernandes é unha intérprete e creadora brasileira establecida en España dende 2017. A súa formación en danza desenvólvese entre o contexto universitario (UNICAMP) e a escena contemporánea paulista. Traballou con coreógrafos en Alemaña, Israel, España, India, etc., e como creadora e profesora en países de Europa, Oriente Próximo, África e Estados Unidos. En 2017, iniciou a súa investigación sobre o método Anatomía inventada e comezou unha serie de traballos en España con Jesús Rubio Gamo, Celso Giménez / La Tristura e Poliana Lima, entre outros. A súa creación máis recente, El Carnaval no es alegre – TINY-DESK, estreouse no Festival TNT 2023 e en Conde Duque Madrid. En 2024 é artista residente do Graner, La Poderosa e C.C. Barceloneta, onde investiga a súa metodoloxía práctica Anatomía inventada e dá comezo ao seu novo proxecto escénico Objeto Não Identificado, unha coprodución do Mercat de Les Flors e Conde Duque.
Marta Azparren é unha artista visual non visual. Móvese entre o cine experimental / expandido, as artes vivas e o debuxo. O seu traballo adoita ocuparse da actividade artística atendendo ás conexións entre creadorxs, espectadorxs, obra e maquinaria interna da mediación, a produción e a exhibición. A mirada diríxese, ademais, cara ao non visual no visual, o que tende a desaparecer. É autora do ensaio Cine ciego: detener el flujo de las imágenes, sobre o cine monocromo e as imaxes sen imaxe.
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS RESIDENCIAS PARAÍSO
Residencias Paraíso é un programa de residencias artísticas deseñado e coordinado por Colectivo RPM co apoio de numerosas institucións, en activo desde o ano 2017. A través dunha convocatoria anual, acompáñanse distintos proxectos en residencia de artistas galegas, estatais e portuguesas vinculadas á danza e as artes vivas en colaboración con distintos espazos de Galicia. Estes espazos acollen aos artistas en residencias de investigación, creación e técnicas.
A convocatoria anual das Residencias Paraíso publícase a comezos de ano e deixa aproximadamente un mes para a recepción de propostas. Está aberta a artistas galegas, estatais e portuguesas. As artistas seleccionadas na convocatoria realizan unha residencia de entre dúas e tres semanas no espazo de acollida e reciben unha dotación económica de entre 1.500 e 3.000 €, segundo as necesidades do proxecto. Paralelamente, en diálogo coas artistas, deséñase unha programación expandida específica para acompañar cada unha das residencias. Este concepto de programación expandida fai referencia aos desbordamentos naturais de cada proceso de creación cara á comunidade. Nalgúns casos, actívanse mostras abertas dos procesos, prácticas de corpo, grupos de traballo, laboratorios de creación, conferencias, etc.
Os proxectos seleccionados poden estar en distintas fases, é dicir, pódese participar cun proxecto de investigación, un proxecto de creación ou para realizar unha residencia técnica. Cada ano, no mes de setembro, organízase un encontro coas e cos artistas Paraíso da edición en curso na Illa de San Simón. Este encontro é unha convivencia de tres días, un espazo compartido entre artistas Paraíso, socias-amigas de Colectivo RPM, persoas vinculadas á rede de espazos colaboradores e profesionais independentes. Colectivo RPM documenta en vídeo cada un dos proxectos, xerando un arquivo histórico que se amplía ano tras ano.
Ao longo da súa historia, nas Residencias Paraíso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Luísa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia Vázquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compañía Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, María Roja, Laila Tafur, Furia Sotelo ou Sergio Marey, entre moitas outras.
Residencias Paraíso é un proxecto de Colectivo RPM en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Industrias Culturais. Está coproducido pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, Concello de Corcubión, a MIT (Concello de Ribadavia) e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia. E conta cola colaboración do Centro Dramático Galego, O Vello Cárcere de Lugo, o FIOT – Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o Pazo da Cultura de Narón e o Padroado da Cultura do Concello de Narón.
SOBRE O COLECTIVO RPM
Colectivo RPM é un colectivo de artistas vencellados á danza e ás artes vivas que imaxina, deseña e acompaña proxectos contextuais desde Galicia. Mantén un claro compromiso polo diálogo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creación contemporánea, a investigación e a visibilidade da comunidade artística da danza e as artes vivas. Ademais do acompañamento de artistas e procesos, o colectivo tamén xera diálogos e accións coas comunidades locais para achegar a práctica artística á cidadanía.
Dentro das liñas de acción do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Paraíso -construído cunha rede de teatros e espazos cómplices en Galicia- que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programacións expandidas abertas ao público. Este programa esténdese fóra de Galicia na liña Cruceiros Paraíso que posibilita abrir liñas de colaboración con outros espazos estatais e internacionais.
A galería NÉBOA debuta en ARTESANTANDER cunha proposta de Andrea Davila Rubio e Andrés Rivas Rodís sobre corpo, territorio e memoria
Do 11 ao 15 de xullo de 2025
Stand N37 – Palacio de Exposicións e Congresos de Santander
Entrada libre | Horario: de 17:00 a 21:30 h
A galería NÉBOA, con sede en Lugo, participa por primeira vez en ARTESANTANDER, unha das feiras de arte contemporánea máis recoñecidas do Estado, cunha proposta que reúne o traballo recente de Andrea Dávila Rubio (Boiro, 1995) e Andrés Rivas Rodís (Santiago de Compostela, 2000). Ambos artistas galegos exploran desde perspectivas complementarias as relacións entre corpo, contorno, materia e memoria a través da escultura expandida e o collage matérico.
NÉBOA é a única galería galega presente nesta edición da feira cunha proposta composta integramente por artistas galegos, consolidando así o seu compromiso coa creación contemporánea do país e coa difusión de proxectos arraigados no territorio, cunha mirada crítica e sensíbel. Esta primeira participación supón un paso firme na súa proxección como axente activo no panorama estatal.
Fundada en 2023, NÉBOA é a única galería da provincia de Lugo integrada en CONTEMPORÁNEA, Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia. Desde os seus inicios, defende a creación como espazo de pensamento e emoción, apostando por proxectos artísticos que dialogan coa identidade, a natureza e a esencia humana. O seu labor baséase na combinación de liberdade creativa e rigor curatorial, ofrecendo experiencias expositivas que favorezan a conexión emocional e intelectual co público.
Andrea Davila Rubio (Boiro, Pontevedra, 1995) é Doutora en Creación e Investigación en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo. Desenvolveu a súa práctica en institucións internacionais como o Boston College (EE.UU.) e o Institute Art Gender Nature (Basilea), grazas a bolsas como a Fulbright–Xunta de Galicia e a da Fundación María José Jove. Davila Rubio investiga a relación entre o corpo e os elementos naturais, creando pezas escultóricas que activan vínculos sensoriais coa materia, o vexetal e o espazo. A súa práctica propón unha ruptura coas xerarquías entre o humano e o non humano, formulando novas formas de convivencia baseadas no coidado e na transformación mutua.
Andrés Rivas Rodís (Santiago de Compostela, 2000) é graduado en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia (2022), máster en Investigación e Creación en Arte pola Universidade do País Vasco en Biscaia (2024), residente en Piramidón (Barcelona, 2025) e actualmente doutorando na Universidade de Vigo. En 2024 recibiu o Premio Gaztea do Concello de Leioa (Biscaia) e en 2022 foi galardoado co Premio Cátedra Bodegas Faustino & Willy Ramos (París) Rivas Rodís traballa co concepto de superficie como espazo de acumulación e diálogo. As súas obras funcionan como palimpsestos nos que se superpoñen capas de memoria, tempo e materia, xerando estruturas abertas e en constante evolución. A través da súa práctica, convida a repensar as dinámicas que conforman o noso contorno físico e simbólico.
A proposta para ARTESANTANDER artéllase arredor dun interese compartido pola materia como superficie viva e transformable. A través da escultura expandida e o collage matérico, ambos artistas exploran a relación entre corpo, contorno e memoria desde perspectivas complementarias, facendo da obra un espazo de tránsito onde o natural e o construído, o humano e o non humano se entrelazan sen xerarquías. As súas prácticas, sensoriais e procesuais, dialogan nun mesmo espazo para convidarnos a repensar o noso vínculo co mundo desde a atención, o coidado e a transformación continua.
Información práctica:
📍 Stand N37 – Palacio de Exposicións e Congresos de Santander. 📅 Do venres 11 ao martes 15 de xullo de 2025 🕔 Horario: de 17:00 a 21:30 horas 🎟 ENTRADA LIBRE
A Praza de Pontevedra será testemuña, de 20.00 a 00.30 horas, da segunda sesión de directos do ‘Orgullo do Norte’ coruñés, co mellor talento drag galego, a electrónica pop de vangarda de ELBA e a dj La Kristhofer ao cargo dos pratos que animarán a apertura e a clausura da noite
O Atlantic Pride está impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, co patrocinio instGlobaitucional do Concello da Coruña, o apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic
O mellor talento drag queen galego súmase este lunes, 7 de xullo, á festa do Atlantic Pride, que neste 2025 conta co maior elenco drag da súa historia. Así, de 20.00 a 00.30h, polo escenario da Praza de Pontevedra desta segunda xornada ‘Orgullo do Norte’ coruñés desfilarán iconas queer autóctonas como Yasmine Lutar, Liteah y RRRITA. Da súa man, os monólogos, a performance e a música máis picante estarán servidas, para reivindicar a diversidade a golpe de humor e satíricas actuacións de infarto.
Xunto a estas tres raíñas do glam, o público poderá gozar, tamén, co directo da cantante e produtora santiaguesa ELBA, que contra ás 22.00 horas fará a súa aparición na segunda xornada do Atlantic Pride a golpe de sintetizadores, voces atmosféricas e elementos operísticos que dan vida á súa electrónica pop de vangarda. Finalmente, aos pratos se situará a dj La Kristhofer, para abrir e pechar a xornada ás 20.00 e ás 23.45 horas respectivamente.
PROGRAMA ATLANTIC PRIDE 2025
Luns, 7 de xullo
Praza de Pontevedra
20.00h. La Kristhofer
21.00h. Yasmine Lutar
21.30h. Liteah
22.00h. ELBA
23.15h. RRRITA
23.45h. La Kristhofer
SOBRE AS ARTISTAS DO LUNS 7 DE XULLO NO ATLANTIC PRIDE 2025
Yasmine Lutar
Yasmine Lutar é unha artista drag orixinaria da provincia de Pontevedra, onde comezou a súa andaina no mundo do drag aos 17 anos como unha forma de expresión persoal e un pasatempo creativo. Co tempo, ese xogo transformouse nunha paixón e, finalmente, nunha carreira artística. Desde 2023, Yasmine reside en Santiago de Compostela, cidade que marcou un punto de inflexión na súa traxectoria. É alí onde comeza a profesionalizar o seu drag, consolidando a súa presenza na escena galega con actuacións en espazos recoñecidos como Claro Boba! na Coruña ou N29 en Vigo.
Polo camiño, Yasmine cruzouse con Moira Lutar, a súa irmá drag, con quen forxou unha conexión profunda desde o primeiro momento. Máis adiante, coñecería tamén a Khloe Released e Syndra, quen non tardarían en converterse en piares fundamentais da súa traxectoria artística. Xuntas forman unha familia drag unida polo amor á arte, o compañeirismo e o apoio incondicional, que foi unha fonte constante de inspiración, crecemento e forza para Yasmine tanto dentro como fose do escenario.
O seu drag caracterízase por unha estética fina e sofisticada, na que se funden elementos da femme fatale clásica, o glamour do pin-up e unha sensualidade escura e enigmática. Yasmine é a encarnación do desexo e o misterio, unha figura poderosa que combina a arte da maquillaxe, a moda e a performance para cativar ao público. Cada aparición súa é unha experiencia visual e emocional, onde o sexy atópase co elegante e o escuro vólvese irresistible.
Liteah
Desde Santiago de Compostela, Liteah revolucionou a escena local drag como organizadora, xunto a Kim Miller, da Drag Night, un evento que se converteu en todo un referente para a arte drag en Galicia. A Drag Night naceu en 2023 co obxectivo de ofrecer un escenario ás artistas locais e combinalo coa presenza de invitadas de renome. Así, a cita non só visibiliza o talento drag local, senón que tamén achega a Compostela a concursantes de Drag Race como Marisa Prisa, Mariana Stars, La Bella Vampi ou Veneditta Von Däsh, entre moitas outras.
ELBA
Tras actuar en festivais como Sinsal, Noroeste, Monkey Week ou Puwerty, a cantante e produtora santiaguesa ELBA constrúe o seu propio selo de identidade marcado polo uso de sintetizadores, voces atmosféricas ou elementos operísticos. O seu primeiro LP, La magia natural, bascula entre a electrónica pop e a escola vangardista, un mash up pluscuamperfecto entre o escapismo místico máis atmosférico e o concretismo de radiofórmula máis certeiro.
RRRITA
Rrrita é a esencia do baile latino, o derroche de erotismo feminino e a liberación a través da súa presenza. Os seus shows están cheos de carisma e de looks coidadosamente escollidos para cada tema que soa. É a fórmula perfecta de brillo máis glamour. Se queres sentila, só tes que presenciala, porque cada performance está servida coma se fose a última. Estás preparado para unha bo sazón á galega?
GRANDES DIVAS DO POP, TALENTO GALEGO, ICONAS LGTBIQ+ e DRAGS NO ORGULLO DO NORTE
Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride celebrará a súa 6ª edición na Coruña do 6 ao 13 de xullo de 2025. Trátase dun festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva.
A cita, que na súa pasada edición reuniu a máis de 25.000 persoas, está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña. O Atlantic Pride conta, tamén, co patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic. O encontro nace no ano 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coruñesa dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBIQ+, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social e unha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular.
Neste 2025, o Atlantic Pride regresa como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, como referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comenzo do verán ao longo da Península e no que, un ano máis, se darán cita coloridas propostas para todos os públicos. Así, no Atlantic Pride non faltarán concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de djs de referencia da escena galega e a celebración do IV Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERuña, que na súa pasada edición rexistrou o seu récord de participación e que neste 2025 ten xa aberta a súa convocatoria para recibir relatos ata este sábado, 31 de maio.
Nesta 6ª edición, o Atlantic Pride contarña coa presencia de cinco grandes divas do pop español, Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encherán a cidade herculina de cor e diversión, cunhas voces que farán as delicias de diversas xeracións. Xunto a elas, a nova escena musical galega subirase un ano máis ao escenario do ‘Orgullo do Norte’ coruñés, da man de De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla.
A elas súmanse, tamén, catro grandes iconas da cultura e a música LGTBIQ+, como son Jimena Amarillo, Mayo e os dj’s Sofía Cristo e Cascales. Turista Sueca poñerá a súa boa dose de festa, petardeo e humor, mentres que aos pratos estarán, tamén, La Kristhofer, Kris K DJ, DJ90, DJ Licho, DJ Flashback, DJ Espinoso e DJ CÉS.
Ademais, o mellor talento drag queen estatal e galego, de Drag Race ao Claro Boba!, sumaranse este verán á festa do Atlantic Pride, que neste 2025 contará co maior elenco drag da súa historia. Así, polas táboas do ‘Orgullo do Norte’ desfilarán grandes iconas queer como Samantha Ballentines, Arantxa Castilla-La Mancha & OnyX Unleashed, Yasmine Lutar, Liteah, RRRITA, Escarlatina Pier, Ariel REC & Gaylicia y Kelly Amethyst. Finalmente, a xornada de clausura do Atlantic Pride será un auténtico revival eurovisivo coas voces de David Civera, Anabel Conde e Kuve.
En paralelo á programación deste Atlantic Pride 2025, o sábado 12 de xullo, o local Claro Boba! e o programa da TVG Raíña-me! Organizan a ‘Afterpartie Raíña-me!’, con entrada libre e actuacións de Alexa Evans, Marisa Prisa e Kim Miller a partir das 02.30h.
O ‘Orgullo do Norte’ coruñés bota a andar esta fin de semana cunha xornada inaugural que se celebrará o domingo na Praza de Pontevedra, das 20.00 ás 00.30 horas, e na que tamén terá un protagonismo especial o talento galego, da man das bandas De Ninghures e Coolnenas
O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo nado en 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva, que celebra a súa 6ª edición do 6 ao 13 de xullo de 2025 na Coruña
No seu cartel danse cita figuras tan queridas como Judeline, Edurne, David Civera, Jimena Amarillo, Nia, Merche, Paula Koops, Mayo, Kuve, De Ninghures, Turista Sueca, Anabel Conde, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA, Rivadulla, Samantha Ballentines, Arantxa Castilla-La Mancha & OnyX Unleashed ou Sofía Cristo e Cascales DJ, entre outras
A cita está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coruña, o apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic
O espectáculo drag WICKHÉ?!, de Arantxa Castilla-La Mancha & OnyX Unleashed, inaugura este domingo, 6 de xullo, por todo o alto a 6ª edición do Atlantic Pride. O ‘Orgullo do Norte’ coruñés bota a andar esta fin de semana cunha xornada inaugural que terá lugar na Praza de Pontevedra, das 20.00 ás 00.30 horas, e na que tamén terá un protagonismo especial o talento galego, da man das bandas De Ninghures e Coolnenas.
Arantxa Castilla-La Manchas & OnyX Unleashed son dúas das figuras máis queridas e innovadoras do universo drag español, grandes estrelas de Drag Race España, coñecidas tanto pola súa creatividade como polo seu carisma, como ben poderá comprobar o público do Atlantic Pride na primeira xornada da cita, onde presentarán o seu novo espectáculo inspirado no fenómeno de Wicked.
Xa contra ás 21.30h, chegaralle a súa quenda a De Ninghures, unha das formacións referentes da potente e rica escena actual en Galicia. De Ninghures é un grupo que mestura mestría musical e actitude desenfadada, que sorprende en cada canción coas súas diferentes voces e a súa actualización das coplas e melodías populares, e que nos fai tanto bailar como emocionarnos coa súa particular fusión da música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí. No Atlantic Pride, De Ninghures presentará ao vivo os temas do seu novo álbum, Feira, que viu a luz o pasado mes de febreiro.
Mentres, as Coolnenas presentará a súa particular rave de debuxos animados que está a revolucionar o concepto de dj set alí por onde pasan. Nas súas sesións predominan os clásicos atemporais e moitos outros hits do momento, que elas acompañan con coreografías de enerxía pegañosa que contaxian rapidamente a todo o público, como, sen dúbida, amosarán este domingo na Coruña.
DIVERSIÓN E INCLUSIÓN DURANTE 8 VELADAS DE MÚSICA EN VIVO ABERTA E DIVERSA
Entre o 6 e o 13 de xullo, A Coruña volverá ser a sede do ‘Orgullo do Norte’ para celebrar a sexta edición do Atlantic Pride. O festival está impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña. O Atlantic Pride conta, tamén, co patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.
Neste 2025, a cita propón oito xornadas de música e celebración ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade na que promete ser, novamente, nunha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular. No seu cartel destaca a presencia de bandas e artistas como Judeline, Edurne, David Civera, Jimena Amarillo, Nia, Merche, Paula Koops, Mayo, Kuve, De Ninghures, Turista Sueca, Anabel Conde, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla.
Pola súa banda, aos pratos das pinchadas do Atlantic Pride 2025 estarán Sofía Cristo, Cascales, Coolnenas, La Kristhofer, Kris K DJ, DJ90, DJ Licho, DJ Flashback, DJ Espinoso e DJ CÉS. Ademais, á cita co ‘Orgulllo do Norte’ coruñés neste 2025 non faltarán, tampouco, as drags Samantha Ballentines, Arantxa Castilla-La Mancha & OnyX Unleashed, Ariel REC & Gaylicia, Liteah, Yasmine Lutar, Kelly Amethyst, RRRITA y Escarlatina Pier.
Os directores do Atlantic Pride, Luis Pazos, César Pérez e Iván Cervo, queren convidar a todos os públicos a sumarse á festa e gozar da diversidade deste ‘Orgullo do Norte’ coruñés do 6 ao 13 de xullo: “Desde a súa primeira edición en 2019, o Atlantic Pride naceu coa vontade firme de situar A Coruña como un referente da diversidade, a liberdade e a celebración. Neste 2025, reafirmamos ese compromiso apostando por grandes liñas estratéxicas que definen a nosa identidade como festival: visibilización, inclusión, cultura, talento e diversión”.
Desde a Asociación ORCO, organizadora do festival, destacan: “O Atlantic Pride traballa para ofrecer un espazo aberto, seguro e diverso, onde todas as persoas, con independencia da súa identidade ou orientación, se sintan representadas e benvidas. Así, o Atlantic Pride 2025 aposta por un cartel vibrante e diverso, no que conviven grandes divas do pop español co mellor talento da nova escena galega e artistas icónicos da cultura LGTBIQ+”.
E engaden: “A programación do Atlantic Pride está pensada para todas as xeracións e sensibilidades, onde teñen cabida os sons eurovisivos, o pop contemporáneo, as actuacións drag, as propostas electrónicas máis punteiras ou a música con raíz galega. Esta diversidade non é só unha elección artística, é unha declaración de principios: somos un festival que celebra a pluralidade e a liberdade tamén desde os escenarios”.
Esta nova edición do Atlantic Pride 2025 será unha oportunidade única para gozar dunha semana repleta de emoción, talento e diversidade musical, que promete conectar o pasado, o presente e o futuro da música pop española nunha experiencia inesquecible. O programa por días do festival, que pódese consultar na web www.atlanticpride.es.
Entrega de premios do IV Certame de Literatura LGTBIQ+
DJ Flashback
Anabel Conde
Kuve
David Civera
GRANDES DIVAS DO POP, TALENTO GALEGO, ICONAS LGTBIQ+ e DRAGS NO ORGULLO DO NORTE
Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride celebrará a súa 6ª edición na Coruña do 6 ao 13 de xullo de 2025. Trátase dun festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva.
A cita, que na súa pasada edición reuniu a máis de 25.000 persoas, está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña. O Atlantic Pride conta, tamén, co patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic. O encontro nace no ano 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coruñesa dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBIQ+, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social e unha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular.
Neste 2025, o Atlantic Pride regresa como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, como referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comenzo do verán ao longo da Península e no que, un ano máis, se darán cita coloridas propostas para todos os públicos. Así, no Atlantic Pride non faltarán concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de djs de referencia da escena galega e a celebración do IV Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERuña, que na súa pasada edición rexistrou o seu récord de participación e que neste 2025 ten xa aberta a súa convocatoria para recibir relatos ata este sábado, 31 de maio.
Nesta 6ª edición do Atlantic Pride está confirmada a presencia de cinco grandes divas do pop español, Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encherán a cidade herculina de cor e diversión, cunhas voces que farán as delicias de diversas xeracións. Xunto a elas, a nova escena musical galega subirase un ano máis ao escenario do ‘Orgullo do Norte’ coruñés, da man de De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla.
A elas súmanse, tamén, catro grandes iconas da cultura e a música LGTBIQ+, como son Jimena Amarillo, Mayo e os dj’s Sofía Cristo e Cascales. Turista Sueca poñerá a súa boa dose de festa, petardeo e humor, mentres que aos pratos estarán, tamén, La Kristhofer, Kris K DJ, DJ90, DJ Licho, DJ Flashback, DJ Espinoso e DJ CÉS.
Ademais, o mellor talento drag queen estatal e galego, de Drag Race ao Claro Boba!, sumaranse este verán á festa do Atlantic Pride, que neste 2025 contará co maior elenco drag da súa historia. Así, polas táboas do ‘Orgullo do Norte’ desfilarán grandes iconas queer como Samantha Ballentines, Arantxa Castilla-La Mancha & OnyX Unleashed, Yasmine Lutar, Liteah, RRRITA, Escarlatina Pier, Ariel REC & Gaylicia y Kelly Amethyst. Finalmente, a xornada de clausura do Atlantic Pride será un auténtico revival eurovisivo coas voces de David Civera, Anabel Conde e Kuve.
En paralelo á programación deste Atlantic Pride 2025, o sábado 12 de xullo, o local Claro Boba! e o programa da TVG Raíña-me! Organizan a ‘Afterpartie Raíña-me!’, con entrada libre e actuacións de Alexa Evans, Marisa Prisa e Kim Miller a partir das 02.30h.
O FESTIVAL CELEBRA HOXE A SÚA SEGUNDA E ÚLTIMA XORNADA CO CONCERTO DESTACADO DA BANDA SUECA GREENLEAF
Comezou o festival Fumega Fest cunha primeira xornada na que destacaron tres dos catro grandes nomes internacionais desta edición. Psychonaut, Dvne e Monkey 3 reinaron acompañados de Mano de Piedra para completar un venres que abriu esta primeira edición do festival. O Parque do Pasatempo foi testemuña do nacemento deste novo evento que vén para afianzarse como referencia dentro da Península Ibérica no seu estilo.
O grupo galego Mano de Piedra foi o encargado de abrir o festival, caldeando un público sempre predisposto, aínda que o sol non dese tregua. Acto seguido foi a quenda dun dos grandes reclamos do día, Psychonaut prendeu o Parque do Pasatempo coa súa innovadora proposta de stoner e post-metal, completando un espectáculo que levou unha das maiores ovacións do día. Tras eles, o incombustible e contundente directo dos escoceses Dvne conquistou pola súa ambición e posta en escena, despregando o seu post-metal progresivo. Pecharon a noite os suízos Monkey3, sacando un arsenal de riffs electrizantes que mergullou aos presentes nunha viaxe musical que coroou a primeira xornada do festival.
A xornada deste sábado 5 de xullo está encabezada por outro dos grandes nomes desta edición, Greenleaf, que aterraron dende Suecia, lugar onde crearon o seu son en base á psicodelia, o hard rock e o heavy blues. A aposta por grandes nomes consagrados da escena estatal chega da man dos cataláns Exxasens, que levan máis de 15 anos redefinindo os límites do post-rock e space rock instrumental. Neste caso dende terras madrileñas, chega para esta última xornada unha das propostas máis incalificables do cartel. Mohama Saz combina psicodelia, rock, jazz espiritual e sons tradicionais do Mediterráneo, Oriente Medio e Norte de África. Pechando o cartel desta segunda e última xornada, o festival trae dende Lugo o post-rock e o metal instrumental de Kalte Sonne, un dos grandes grupos galegos que se destacou en festivais de toda Europa.
Fumega Fest é un festival promovido pola promotora PlayPlan, encargados de festivais como BIGSOUND Pontevedra, SonRías Baixas ou Festival do Pasatempo, así como das carreiras de artistas como Tanxugueiras, Caamaño&Ameixeiras, Vimbio, Sabela ou Hugo Guezeta. O evento conta coa colaboración institucional do concello de Betanzos e o patrocinio de El Águila.
Santiago, Teo, Ferrol, Ribeira, Vilalba, Chantada, Alfoz, Dodro e A Pobra do Caramiñal acollen os últimos contos dunha edición que celebrou a narración oral como ferramenta de conexión e memoria
A clausura oficial estará a cargo de Celso Fernández Sanmartín e o seu espectáculo ‘Contara’ en Santiago de Compostela
Historias viaxeiras, voces singulares e encontros únicos marcarán a xornada de peche dun festival que demostra que a tradición oral está máis viva ca nunca
O Festival Atlántica pon o ramo á súa edición 2025 este sábado 5 de xullo cunha xornada que promete emoción, identidade e memoria compartida. Dúas funcións en Santiago de Compostela e unha en Teo marcarán o peche dun certame que, ao longo de días intensos, espallou a palabra viva por múltiples escenarios, conectando públicos de todas as idades coa forza da narración oral.
Ponte Narrativa entre o País Vasco e Galicia
A mañá en Santiago arrincará ás 12.30 h no Museo do Pobo Galego cunha proposta para público familiar a partir de 5 anos: Historias de ida e volta, da contadora Larraitz Urruzola, vasca de orixe e galega de corazón. Cunha maleta cargada de contos viaxeiros, Urruzola ofrece un espectáculo que transita entre dúas culturas irmás, tecendo pontes entre a tradición oral vasca e a galega con humor, tenrura e moita imaxinación. A través de relatos populares, mitos ancestrais e tradicións compartidas, Larraitz constrúe unha ponte narrativa onde o humor, a tenrura e a cosmovisión feminista teñen un papel protagonista. Un espectáculo cheo de raíces e alas, pensado para sorprender, emocionar e facer reflexionar tanto a pequenos como a maiores.
A verdade nas historias pequenas
Xa pola noite, será a clausura oficial do festival ás 21.00 horas, no CSC A Rocha, con Celso Fernández Sanmartín que estreará Contara, unha colleita de historias de vida para público adulto. Coa súa voz serena, ‘Celsiño’ achega á Atlántica un espectáculo que non busca o ruído nin a sorpresa, senón a verdade que agroma nas palabras herdadas. En Contara, o narrador lalinés toma historias do mundo rural e dálle corpo nunha proposta íntima e profunda. Non hai artificio nin présa: só o ritmo da memoria, o humor calado e a poesía da fala popular. Celso escoitou moito e agora ofrece ese tesouro en forma de contos que parecen pequenos, pero gardan dentro a vida enteira. Contara é un exercicio de escoita compartida, unha homenaxe á tradición oral e unha defensa da palabra como semente que cómpre coidar.
Memoria, pracer e rebeldía
En Teo, tamén ás 21.00 h, a aldea de Penelas (Cacheiras) converterase nun escenario ao aire libre co espectáculo Vicio houbo sempre de Atenea García, unha voz destacada da escena galega actual. A narradora dá voz ás mulleres que viviron —e gozaron— fóra do relato oficial. A partir de conversas con maiores de máis de 85 anos, constrúe un espectáculo íntimo e poderoso no que o pracer, a sexualidade e a liberdade se contan sen vergoña e con moito humor. A frase que abre o espectáculo, “Vicio houbo sempre, grazas a Dios!”, marca o ton dunha proposta que rompe silencios e recupera historias de vida contadas dende as marxes, sen censura nin moralismos. Un exercicio de memoria feminista que reivindica os corpos, os desexos e a forza das palabras que non cadraban co que se esperaba delas. Porque tamén hai revolución en falar de sexo despois dos oitenta.
Atlántica despídese cun sábado cheo de historias
Pero alén de Santiago e Teo, o sábado o Festival Atlántica espállase tamén por toda Galicia cunha xornada intensa e descentralizada, levando a narración oral a espazos naturais, patrimoniais e rurais cargados de identidade. En Chantada, ás 18.00 h, o inconfundible Anxo Moure ofrecerá en Garabelos (Mariz) as súas Historias para coidar a terra, unha proposta familiar que mestura ecoloxía e imaxinación para cultivar conciencia desde a infancia. Xa pola noite, ás 21.00 h, sete concellos acollerán espectáculos para público adulto: desde as Novas historias de filandar do zamorano Don Guti no máxico Castro de Posmarcos da Pobra do Caramiñal, ata a proposta de Carmen Conde (O que non estaba escrito) en Alfoz, pasando pola narración directa e mordaz de Quico Cadaval (Autoestradas e corredoiras) na eira de Dodro, ou os Patios de luz de Su Garrido Pombo en Ferrol, que mesturan palabra e música. En Ribeira, Miguel Gouveia e Aida Cobas unirán linguas e culturas con Vénme ao bico un conto, mentres en Vilalba, o italiano Simone Negrin ofrecerá Fare le corna, un espectáculo cargado de humor e identidade en castelán e galego. Un serán diverso, polifónico e vibrante que amosa o espírito atlántico na súa máxima expresión.
Vermú de contos: peche oficioso
A clausura oficiosa e festiva deste XIII Festival Atlántica será o domingo, 6 de xullo, co tradicional Vermú de contos que xunta aos artistas e o público a redor dun xantar colectivo onde uns e outros están convidados a compartir historias (A Estrada, lugar de Riobó, a partir das 13 h).
Con estas propostas, o Festival Atlántica despídese ata o vindeiro ano reafirmando o seu compromiso coa diversidade de voces, a memoria oral e a emoción compartida. Historias de aquí e de acolá, contadas ao vivo, que seguirán a resoar máis aló do último aplauso.
O XIII Festival Atlántica é posible grazas ao patrocinio da Xunta de Cultura e da Deputación da Coruña e ao apoio dos concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, Teo, Alfoz, Caldas de Reis, Dodro, Mugardos, Outes, Pazos de Borbén, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Sanxenxo, Vilalba, Vimianzo e a Fundación Pública Camilo José Cela. Toda a información está dispoñible na web www.festivalatlantica.gal.
FESTIVAL ATLÁNTICA
Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista. Mantén o seu obxectivo de indagar nas raíces comúns das historias do océano, na procura da identidade cultural do Atlántico. Traballa a prol da posta en valor dunha arte escénica amarrada ao territorio, antiga pero adaptada aos tempos, e ampara, xera e difunde unha narrativa integradora, igualitaria e sostible.
O pasado venres 27 de xuño tivo lugar a xuntanza do xurado deliberador no VII Certame de Microrrelatos DÍA DO LIBRO 2025, que convoca o Concello de Vilalba, coa colaboración de Culturalia GZ. Dito xurado estivo integrado por Emma Pedreira, Mercedes Queixas Zas e Silvia Tasende, acompañadas por Mónica González Fernández e Sonia García, que actuaron como presidenta e secretaria, respectivamente, con voz mais sen voto. Tamén estivo presente na deliberación Martiño Maseda, representando a Culturalia GZ. Despois do proceso de deliberación acordaron emitir a seguinte listaxe de premios.
(Véxanse as imaxes que aparecen a continuación)
O xurado, ademais de referirse á calidade dalgunhas das obras presentadas; chegou a propoñer a posibilidade de crear un obradoiro de microrrelatos.
A entrega de premios está prevista que se celebre a comezos de setembro.
Carme Varela, Quico Cadaval, Carolina Arabia, Carmen Conde, Miguel Gouveia e moitos máis protagonizan un día cheo de emocións e narración viva
Os CSC centran a actividade do festival con funcións no Aurelio Aguirre, Bando e Laraño e mais un na Escola Semente para o seu campamento
Alén de Santiago e Teo, Atlántica tamén estará en Ferrol, Mugardos, Dodro, Cedeira, Vilalba, Betanzos, Caldas de Reis, Cuntis, A Capela, Pazos de Borbén, Sanxenxo, Ribeira e A Pobra do Caramiñal
O Festival Atlántica continúa a súa viaxe polos camiños da oralidade cunha intensa xornada este venres, 4 de xullo, que espallará contos, memorias e emocións para públicos de todas as idades en Santiago de Compostela e Teo.
A xornada comezará cedo, ás 10.30 h, nas rúas compostelás coa exitosa andaina narrada para adultos A pegada de Castelao, guiada por Carme Varela e Quico Cadaval. Esta actividade é a segunda edición que se desenvolve logo de esgotarse todas as prazas da primeira nun tempo récord. A pegada de Castelao é máis que un roteiro, é unha viaxe á alma dunha cidade e ao recordo dun dos seus inquilinos máis ilustres. Un encontro entre historia e teatro de rúa, onde a memoria latexa nas esquinas e Castelao regresa, por un intre, ao lugar que tanto lle deu.
A programación matinal continúa en diversos centros socioculturais de Santiago cunha oferta ampla e diversa pensada para os máis pequechos. Ás 11.00 h, na Escola Semente, o portugués Miguel Gouveia levará ás crianzas do campamento as súas historias co espectáculo Esquecín como se chama e outras historias que non lembro. Ás 12.00 h, tres escenarios simultáneos encheranse de contos para públicos infantís e familiares. No CSC Aurelio Aguirre, Inés Álvarez Villa traerá as lendas dunha Escocia de conto. No CSC de Bando, Loreto Socorro ofrecerá o divertido Crocodilo, directamente desde Canarias. E no CSC de Laraño, Paula Carbonell presentará os seus Divinos animais nunha viaxe desde Valencia.
Cando a música une especies
Xa pola tarde, a palabra segue a encher Compostela de emocións. Ás 19.00 h, no Museo do Pobo Galego, a arxentina Carolina Arabia compartirá co público adulto De cantos e animais, un fascinante percorrido oral e sensorial por culturas que cantan aos animais para convivir con eles. Desde as chairas de Colombia e Venezuela ata os campos de Bután ou as montañas de Marrocos, a voz humana dialoga coa natureza nun idioma ancestral feito de melodías e intuición.
Durante oito anos de viaxes e escoita atenta, Arabia recompilou historias, cantos e saberes que testemuñan unha relación íntima e esquecida entre humanos e animais: cántase para minguar a soidade, para muxir, para arar, para guiar ou simplemente para estar. As frautas imitan os sons das criaturas, os instrumentos están feitos co que a terra ofrece, e a música convértese nun vínculo de entendemento máis aló das palabras. De cantos e animais opera como un exercicio de memoria viva das culturas rurais e un convite a preguntarnos se, algunha vez, compartimos con outras especies un mesmo idioma. E se ese idioma común non era, quizais, o verdadeiro paraíso.
Homenaxe ás vidas anónimas
A xornada pecharase con forza nos Xardíns do CSC Maruxa Coralia, ás 21.00 h, co espectáculo galego O que non estaba escrito de Carmen Conde, unha oportunidade para mergullarse nas historias que nunca pasaron ao papel, mais que viven na memoria oral e na imaxinación. Cun estilo que mestura realidade e delirio, Conde presentará unha escolma de relatos onde o cotián e o extraordinario conviven sen fronteiras. Unha proposta para público adulto que celebra as vidas anónimas e os contos improbables, devolvéndoos á palabra viva coa súa marca persoal. Carmen Conde estará acompaña por unha das voces emerxentes da narración oral do pais: Aida Cobas. Ademais, o espectáculo contará con interpretación en lingua de signos para garantir a accesibilidade.
Historias inesquecibles en Teo
En Teo, tamén será un día cheo de historias que comezará ás 12.00 h no CEIP de Ramallosa (Lucí) onde Aida Cobas levará a súa Fada do saco verde ao campamento de verán e ao público infantil e familiar. Ás 21.00 h, a Antiga Escola de Nenas de Oza acollerá o contacontos Vénme ao bico un conto do portugués Miguel Gouveia, unha proposta para público adulto que celebra o acto de contar e escoitar como unha forma de entender o mundo, reconstruílo e soñalo de novo.
FESTIVAL ATLÁNTICA
Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista. Mantén o seu obxectivo de indagar nas raíces comúns das historias do océano, na procura da identidade cultural do Atlántico. Traballa a prol da posta en valor dunha arte escénica amarrada ao territorio, antiga pero adaptada aos tempos, e ampara, xera e difunde unha narrativa integradora, igualitaria e sostible.
FOTO PORTADA | De esq a dereita: Carme Varela, Quico Cadaval, Miguel Gouveia, Inés Álvarez, Loreto Socorro, Paula Carbonell, Carolina Arabia, Carmen Conde e Aida Cobas