Nace a Asociación Cultural CALDALOBA

No comezo deste 2020 nace unha nova entidade cultural: a Asociación Cultural CALDALOBA. As persoas que forman parte deste novo proxecto buscan promover a cultura nos seus distintos ámbitos (literario, histórico, artístico, etnográfico, etc.), sustentando a devandita promoción en tres piares fundamentais, que simbolizan e significan o nome de CALDALOBA:

Resistencia e loita contra a degradación e a idiocia cultural.

Dignificación da Matria.

Defensa da Cultura de noso.

E comeza xa coa programación e a colaboración con outras entidades públicas ou privadas para o desenvolvemento de actividades, a máis achegada, o Día de Rosalía 2020 en Vilalba.