por martinho | Dic 25, 2024 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe O CORNO, de JAIONE CAMBORDA, PELÍCULA GAÑADORA DO PREMIO MESTRE MATEO 2024. Remátase deste xeito coas proxeccións do CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindounos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta décima e última proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 28 de decembro de 2024, ás 20:00 horas.
NOTA-INFORMATIVA-O-CORNO-copia
por martinho | Dic 25, 2024 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
O sábado 28 de decembro de 2024, ás 12:00 horas, na PRAZA DA IGREXA DE VILALBA, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza a homenaxe a Bernardo García Cendán no seu XII Cabodano, que terá lugar ao carón da lousa coa inscrición conmemorativa inaugurada hai dous anos (obra do canteiro José Gómez de Bernardo “Pepón”).
O acto terá un apartado para o recitado de textos do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán os grupos:
– LAMBE LAMBE
– CORREDORES DE SOMBRA
A palabra e a música, dous dos elementos que sempre estiveron presentes na vida de Bernardo, xuntaranse un ano máis na Praza da Igrexa de Vilalba, ao carón da súa lousa, nun encontro para a lembranza, para o cariño, para a loubanza e para botar de menos ao intelectual, ao escritor, ao crego e, sobre todo, ao amigo.
NOTA-INFORMATIVA-BERNARDO