Ciclo Mestre Mateo. Proxección da película-documental EMOCIÓN, VIDA E TEATRO. A NAVE DAS MARÍAS no Auditorio Municipal de Vilalba


O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental Emoción, vida e teatro. A Nave das Marías, deSaamira Ganay Cris Andina, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta quinta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 10 DE NOVEMBRO DE 2024, ás 20:00 horas.

NOTA-INFORMATIVA-A-NAVE-DAS-MARIAS

O IESCHA organiza o concerto CREADORAS DE MÚSICA, por CANTAR DELAS, no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza o concerto CREADORAS DE MÚSICA, a cargo do grupo coral CANTAR DELAS, dirixido por FERNANDO GÓMEZ JÁCOME que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o SÁBADO 9 DE NOVEMBRO DE 2024, ás 20:00horas.

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO 


NOTA-INFORMATIVA-CANTAR-DELAS