por martinho | Sep 15, 2024 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Outras Artes, Xeral
O FIOT, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, abre a convocatoria de voluntarios para a súa 33ª edición, que se celebrará do 26 de setembro ao 31 de outubro de 2024:
Queres formar parte do voluntariado do FIOT? Verás espectáculos de teatro e huir, descubrirás como funciona un festival por dentro, coñecerás xente e… pasaralo moi ven! Adaptámonos á túa dispoñibilidade.
O prazo desta convocatoria de voluntarios do #FIOT33 está aberto ata o vindeiro 20 de setembro.
Para coñecer todos os detalles e poder apuntarse:
Pazo da Cultura de Carballo
981 704 300 I fiot@fiot.gal
www.fiot.gal
#procuramosousados
Por outra banda, desde mañá, luns, 16 de setembro, ás 10.00h, o público poderá adquirir -a través da plataforma en liña Ataquilla– os bonos e entradas para a Rúa dos Contos, que neste 2024 celebra as súas vodas de prata ao cumprir 25 edicións.Vés celebralas con moito humor?
🔸26 de setembro: ‘Rescate emotivo’ de @waltervelazquezcalostro (gratuíto para a Residencia de Maiores)
🔸26 de setembro: ‘Animación de rúa’ con Walter Velázquez (gratuíto)
🔸26 de setembro: ‘Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)’, de @fedeperez79
🔸27 de setembro: ‘Cagadas’, de Cándido Pazó
🔸27 de setembro: ‘A ver que pasa’, de Evaristo Calvo
🔸28 de setembro: ‘Riquiña’, de @jazminabuin
🔸28 de setembro: ‘Enredada’, de @letidataberna
🔸29 de setembro: ‘Sois maravillosos. D.O. Cádiz’, de @miki_dkai
🔸4 de outubro: ‘Contos entre cordas’, de @mariadapontragha e Bleuenn Le Friec
🔸4 de outubro: ‘Instrucións para tomar café’, de @carlosrebolo_charly
🔸5 de outubro: ‘O mellor e o peor dos 2000’, de Carta de Axuste
🔸11 de outubro: ‘Os diarios de Adán e Eva. Boleros no paraíso’, de @paraisoteatro.cia
🎟 Haberá un número limitado de bonos para todas as funcións da Rúa dos Contos (40 euros).
Máis información sobre a venda de entradas en:
https://fiot.gal/entradas/
por martinho | Sep 15, 2024 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
LODE ESTREA O SEU NOVO TEMA “TRES TRAGOS”, ONDE LLE CANTA AO DESAMOR
O novo sinxelo do artista de Narón é o segundo adianto do seu próximo EP
O artista galego LODE segue presentando os adiantos do que será o seu primeiro EP. Nesta ocasión publica “Tres Tragos”, onde lle canta á dolorosa ruptura dunha relación amorosa, e afoga as penas bebendo para esquecerse desa dor. Amosando unha vez máis a súa versatilidade dentro do xénero urbano, o de Narón aposta nesta ocasión por interpretar unha cumbia, que precede a “Carita de Ángel”, o afrobeat que serviu como primeiro sinxelo fai escasos meses.
“Tres Tragos” naceu coa intención de ser unha balada, pero ao non atopar un retrouso claro implementaron un ritmo de cumbia e a canción cambiou por completo. O traballo na produción de Caicer, co que xa traballou en “ENAMORAO”, foi clave para transformar o tema e que quedara ese retrouso tan aditivo xunto con eses ritmos tan marcados de cumbia. Durante o proceso compositivo tamén participaron Nuria Azzouzi, Mateo Bruquetas e o propio LODE, equipo habitual de composición do artista, ao que tamén se uniu o propio produtor Caicer.
Este novo tema, que reflexa claramente a intención de convencerse a si mesmo de que está mellor sen esa parella, pero que aínda bebendo para esquecer non logra superar a tristeza que lle provoca a súa separación, únese a “Carita de Ángel” como primeiros adiantos do seu primeiro traballo discográfico. Tras un 2023 incrible no que acadou máis de medio millón de escoitas cos seus temas, LODE asenta as bases do seu proxecto neste 2024, apostando pola súa versatilidade dentro do xénero urbano.
MÁIS DE LODE
LODE é un dos artistas galegos con maior repercusión nas redes sociais. Cun estilo urbano pero multidisciplinar, o cantante de Narón está abraiando ao seu público pola gran combinación nas súas composicións de sons actuais e bailables cunha gran voz. Tras as súas exitosas aparicións en programas televisivos como La Voz ou El Hormiguero, LODE eleva a escena urbana a base de talento, con composicións musicais e coreográficas propias de primeiro nivel.
As súas redes sociais son unha pequena mostra da repercusión do cantante e bailarín galego, acumulando máis de millón e medio de seguidores de todas as partes do mundo nelas, destacando os máis de 35 millóns de visualizacións que acumula na súa canle de YouTube. O seu talento non pasou desapercibido dentro da industria musical, sendo apoiado por grandes figuras do panorama internacional e nacional como Juanes ou Álex Ubago.
Actualmente, o cantante, bailarín e compositor está preparando novos traballos discográficos, así como un novo directo no que deixar patente o seu carácter multidisciplinar, sendo quen de combinar a súa capacidade vocal co seu talento coreográfico. LODE levará o seu éxito nas redes aos escenarios.