XV Lúas de Outono. Homenaxe a Manuel María

O próximo 18 de setembro, mércores, ás 20.30, celebrarase no Teatro Rosalía de Castro unha nova edición de Lúas de Outono para homenaxear a obra e a vida de Manuel María

Para isto contarase coa presenza d’Os Carunchos, grupo de música tradicional que cantará trece poemas de Manuel María, pezas estas que integran o seu último traballo dedicado integramente ao noso escritor, Unha gorxa chea de paxaros. E tamén poderase desfrutar da voz da poeta Eva Veiga que recitará unha serie de poemas do propio Manuel María.

Para reservar a entrada (é gratuíta) pódese escribir a contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.

As entradas reservadas poden recollerse o venres, día 13 de setembro, de 17.30 a 19 h, e o luns, día 16 de setembro, de 11 a 12.30 e de 17.30 a 19 h no local da A.C. Alexandre Bóveda (na rúa Santo André, 36, 1º, no edificio do Circo de Artesáns). Ou ben diante da billeteira do teatro Rosalía de Castro, o mesmo día 18 de setembro, a partir das 19.15 h (a reserva deixa de ser efectiva a partir das 20.15 horas do día 18 de setembro).

A reserva non é de butaca numerada e por tanto débese ter isto previsto por se alguén quixer ter unha boa localización para ver o espectáculo. As portas do teatro abrirán ás 20 horas.

XII Ruta Por Galicia adiante – Andando as Terras de…FERROL (O ARSENAL e FERROL REBELDE)

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do ano 2024, organiza para o domingo, día 22 de setembro, a XII Ruta Por Galicia adiante – Andando as Terras de…FERROL (O ARSENAL E FERROL REBELDE)

A saída do autobús hacia o inicio da ruta, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 9:00 horas do domingo, 24 de setembro de 2024.

NOTA_INFORMATIVA_RUTA-FERROL24b