MILESIOS estrea o seu último traballo CARTOGRAFÍAS na Casa-Museo Manuel María

MILESIOS ESTREA ESTE SÁBADO EN CONCERTO, NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA, O SEU ÚLTIMO TRABALLO CARTOGRAFÍAS

A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, 8 de xuño, ás 20 h, a estrea do último traballo de Milesios (2009), “Cartografías”. Melodías tradicionais, arranxadas polo propio grupo, e algunhas composicións propias fan parte deste novo traballo musical co que os Milesios continuan a súa viaxe coas súas cartografías musicais que evocan lugares de Italia, Bretaña, Irlanda e, por suposto, Galiza (podedes saborealo entrando na súa web https://milesios.gal/)
Cartografías é o terceiro disco, despois de Alén mar e Indoevindo.

Reservas (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621

Proxección do documental “DEP: Destruír é o plan” no Auditorio Municipal de Vilalba

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS organiza o sábado 8 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección do documental DEP: DESTRUÍR É O PLAN, impulsado pola plataforma SOS Sanidade Pública, e que pretende descubrir “de maneira áxil e entretida os motivos polos que a mortalidade evitable, non explicable pola epidemioloxía, segue crecendo en Galicia”. 

NOTA-INFORMATIVA-DEP-DESTRUIR-E-O-PLAN

Roteiro “O Papagaio sen chave e sen tempo” (Un paseo a carón de Luísa Villalta), guiado por Maribel Longueira e Francisco X. Fernández Naval, o sábado 8 de xuño

Roteiro O Papagaio sen chave e sen tempo (Un paseo a carón de Luísa Villalta), guiado por Maribel Longueira e Francisco X. Fernández Naval, terá lugar o sábado 8 de xuño, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. De carácter gratuíto, as persoas interesadas deben inscribirse previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes, dándose a coñecer ás persoas anotadas o punto de saída na contestación á súa solicitude de inscrición.

Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

A actividade conta co apoio do Concello da Coruña.

Máis información aquí: https://www.aelg.gal/actividades/paseos-literarios/2024/6/8/o-papagaio-sen-chave-e-sen-tempo-un-paseo-a-caron-de-luisa-villalta