CTRLuGo: Congreso sobre as Tecnoloxías e Recursos para a xestión e a socialización do Patrimonio

CTRLuGo: Congreso sobre as Tecnoloxías e Recursos para a xestión e a socialización do Patrimonio

CTRLuGo: Congreso sobre as Tecnoloxías e Recursos para a xestión e a socialización do Patrimonio. 

Vello Cárcere de Lugo, 11 (venres), 12 (sábado) e 13 (domingo) de maio,

A cultura humanística está composta por un conxunto de saberes necesarios para o desenvolvemento da comunidade, compoñen un mar de conceptos que precisan de metodoloxías que permitan o seu acceso e a súa recuperación.

CTRL+G é a unidade mínima que representa estas metodoloxías. É o código tecnolóxico máis simple co que podemos enfrontar a necesaria protección e custodia dos saberes. De aí CTRLuGo.

É esa protección, a través das novas tecnoloxías, o que une a Javier de la Cueva (avogado), a Víctor Sampedro (xornalista), a Sabah Wallid (arqueóloga) e/ou a Brigada para a protección do Patrimonio da CNP.

O Congreso organizarase en tres xornadas, ao longo da próxima fin de semana, e conta coa homologación e certificación da consellería de Educación e da Facultade de Humanidades de Lugo (1 crédito ects).

A inscrición e a asistencia son totalmente gratuítas. Para inscribirse, basta con cumplimentar o formulario que atoparedes neste link:

https://lugoemundial.com/ctrlugo/

+ INFO: 655 96 03 42

info@lugoemundial.com

Concerto OS SONS ESQUECIDOS de Abraham Cupeiro en Vilalba

Concerto OS SONS ESQUECIDOS de Abraham Cupeiro en Vilalba

O auditorio Carmen Estévez acollerá o 13 de maio ás 20:30 horas un concerto do musicólogo Abraham Cupeiro, baixo o título “Os Sons Esquecidos”.

Os Sons Esquecidos é en certa maneira unha viaxe no tempo. É unha búsqueda das fontes orixinais para fundilas co contemporáneo e crear un discurso novo e sorprendente. Neste proxecto, mestúranse instrumentos de épocas pretéritas cunha orquesta moderna, sacándoos do contexto para o que foron concebidos.

Os Sons Esquecidos é a búsqueda da esencia, do primario.

Unha viaxe pola historia e os sentimentos enraizada no presente.

Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez, Vilalba

Data: Domingo, 13 de maio de 2018

Hora: 20.30 horas

Entrada gratuita

É preciso coller a entrada en Ataquilla.com ou na casa da Cultura, para o control do aforo.

Organiza: Deputación de Lugo

Colabora: Concello de Vilalba

*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba

A obra teatral ESTÁS AÍ? no Auditorio Municipal de Vilalba

A obra teatral ESTÁS AÍ? no Auditorio Municipal de Vilalba

A obra teatral “Estás aí?”, unha delirante comedia que narra as vivencias e os desencontros habituais que se producen nas parellas empregando o humor como fío conductor. Dirixida por Alex Sampayo, e protagonizada por Isabel Risco e Xúlio Abonjo, terá lugar no auditorio Carmen Estévez o sábado 12 de maio ás 20:30h.

Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez, Vilalba

Data: Sábado, 12 de maio de 2018

Hora: 20.30 horas

Prezo: entrada única de 5€

Para maiores de 13 anos.

Venta de entradas en Ataquilla.com e na Casa da Cultura no seu horario habitual.

*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba

CASTIÑEIRO MILENARIO: Maios e Foliada de Primavera

CASTIÑEIRO MILENARIO: Maios e Foliada de Primavera

Este vindeiro sábado teremos a oportunidade de darlle a benvida á primavera. Castiñeiro Milenario organiza unha xornada de cultura e música tradicional, na que as protagonistas serán as nenas e nenos que se acheguen ata a parroquia do Castro (Begonte), onde, guiadas por Branca Villares, van aprender a facer un maio e botar unhas cantigas ao seu arredor. Xa pola noite a música será a protagonistra nunha nova edición da Foliada de Primavera.

Velaí vai o programa do día.

Comezaremos pola tarde cunha merenda para a cativada, chocolate e biscoito para coller forzas e ir apañar flores e fentos e xestas para facer un maio ben bonito e grande. Dirixidos polas sabias indicacións de Branca Villares faremos un maio, probaremos a facer algún “maio vivo” e cantaremos unhas pezas ao redor do maio, nenos, nenas e maiores todas xuntas para dar a benvida á primavera.

Despois haberá uns petiscos para empezar unha nova edición da Foliada de Primavera. A partir das nove, comezará a festa o grupo residente, Foliadeir@s do Castro, nesta ocasión moi ben acompañado pola Asociación A Legua Dereita desde O Corgo, As Cernellas de Santa María de Bóveda e para rematar, Troupelear desde Baralla. Ao remate, foliada aberta ata que os corpos aguanten.

Agradecemos, como sempre, a boa disposición dos grupos para participar neste acto festivo, a Branca Villares pola axuda e á Asociación Veciñal do Castro por cedernos o local para facer esta gran festa da primavera.

Toda a información na nosa páxina

https://castinheiromilenario.wordpress.com/2018/05/04/actos-foliada-de-primavera-e-maios/

Adxuntamos o cartaz do evento.

 

AC Castiñeiro Milenario
Pacios, 85 27373 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/