AS ROSALÍAS ABRIRON A FIESTRA!, libro dixital do Día de Rosalía 2018 en Santaballa

AS ROSALÍAS ABRIRON A FIESTRA!, libro dixital do Día de Rosalía 2018 en Santaballa

DÍA DE ROSALÍA 2018 NA CASA HABANEIRA DE SANTABALLA

#AbrideAFiestra

O pasado 24 de febreiro na Casa Habaneira de Santaballa, a weblog cultural Culturalia GZ e o grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica, en colaboración coa Liga Santaballesa, celebraron o Día de Rosalía 2018, baixo o lema #AbrideAFiestra, dentro dos actos promovidos pola AELG ao longo de toda a xeografía galega.

Nun acto conducido por Pas Veres, as nenas Érica Currás Blanco e Uxía Corral Eimil comezaron lendo o Manifesto do Día de Rosalía 2018, feito pola escritora María Reimóndez.

Despois apareceu naquel escenario poético de Santaballa a voz fonda das ROSALÍAS: Montse González Álvarez, Emilia Martínez Fuentes, María Pereira, Branca Villar, Asun Blanco, Pilar Maseda, Carmen Penín, Ana Mar Fraga Rábade, Ana Vila Portomeñe, Luz Airado, Mar Beres, Maica Pastoriza, Adolfina Mesa, Silvia Pardo e María Xosé Lamas.

Entre cada grupo de poetas participantes xurdiron os intermezzos musicais do acordeonista Manuel Figueira Mariño.

Nunha segunda parte deste evento rosaliano, do numeroso público asistente, emerxeron distintas voces co gallo de recitar os seus propios poemas ou os da poeta galega homenaxeada.

No seguinte enlace temos acceso ao libro dixital de dito evento poético.

Medre a Poesía!